A ConsellerÃa de EconomÃa e Industria, a través da Fundación Centro Galego da ArtesanÃa e do Deseño, organiza para os dÃas 9 e 10 de abril a segunda parte do curso “Deseño para artesáns: Ferramenta creativa, Ferramenta produtiva”. A actividade lectiva impartirase no CGAC, como continuación das xornadas desenvolvidas no MARCO de Vigo os pasados 12 e 13 de marzo, onde artesáns en activo participaron nun obradoiro de deseño de produto.
Os seminarios teñen unha duración total de 31 horas e á súa fronte estará Pere Durán, profesor de deseño gráfico, packaging y deseño interdisciplinar da Escuela Massana de Barcelona. Os asistentes recibirán formación sobre a socioloxÃa do uso e do mercado, a identidade e a imaxe gráfica de marca e a embalaxe e/ou packaging como estratexia de posicionamento no punto de venda.
O obxectivo da ConsellerÃa de EconomÃa e Industria con estas xornadas, organizadas pola Fundación Centro Galego da ArtesanÃa e do Deseño, é o de ofrecerlle a profesionais da artesanÃa aquelas ferramentas básicas de deseño.
Completando a actividade lectiva haberá unha conferencia aberta ao público. O venres dÃa 9 de abril ás 19:00 horas no Auditorio do CGAC, o deseñador e editor Óscar Guayabero (www.guayabero.net) impartirá o relatorio titulado “Novos usos, novos públicos, novos obxectos”.
Tivo lugar a xornada 'Deputados por un dÃa', na que os escolares galegos levaron ao hemiciclo as súas propostas para mellorar a sociedade. Os catro representantes dos colexios, un por provincia, compartiron na Cámara as súas reflexións sobre a convivencia, o tema arredor do que xira este curso o programa educativo Abraza tus valores, e a relación dos menores coas tecnoloxÃas. Participaron máis de 8.300 escolares de entre 4 e 12 anos de 83 centros públicos, concertados e privados de Galicia (Arquitecto Casas Novoa de Santiago, o CEIP Plurilingüe A Gándara, de Monforte de Lemos, o CEIP Plurilingüe Irmáns Villar, de Ourense e o CEIP Plurilingüe de Cerdeiriñas, de Piloño).
A actividade levada a cabo pola Axencia de Protección da Legalidade UrbanÃstica (APLU) para protexer o medio ambiente e o patrimonio natural e paisaxÃstico galego permitiu o pasado ano a reposición da legalidade en 121 actuacións en toda Galicia. Estas reposicións foron resultado do labor do equipo inspector do organismo adscrito á ConsellerÃa de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, e repartÃronse principalmente na provincia de Pontevedra, con 60 actuacións, seguida da Coruña con 30, Lugo con 21 e Ourense con 10.