Notas de prensa

Arrancan os traballos do Plan Estratéxico da Conserva

A comisión de coordinación convocada pola Consellería do Mar da Xunta é o órgano que dirixirá e orientará o plan Estratéxico da Conserva, que por primeira vez conta con representación do sector e sindical e que estivo paralizado durante varios anos.

A comisión de coordinación do Plan Estratéxico da Conserva, órgano encargado da súa dirección e orientación, reuniuse para comezar a traballar na súa posta en marcha. A intención do director xeral de Competitividade e Innovación Teconolóxica, Juan Maneiro, é desenvolver “canto antes” as liñas de acción deste plan, que estivo “paralizado dous anos dende a súa elaboración” polo Centro Tecnolóxico do Mar (Cetmar) e ata que a Consellería do Mar se decidiu a reactivalo.

A comisión de coordinación pretende que as accións do plan se executen entre 2010 e 2013, co obxectivo de que o sector conserveiro galego siga a manter o liderado mundial. O responsable de Competitividade e Innovación considera que o Plan Estratéxico é a ferramenta que redefine e integra todas as posibles liñas de actuación e axuda para o sector derivadas da Administración, na procura dunha maior eficacia e rendabilidade económica e social.

Neste sentido, a comisión plantexou o estudo dunha serie de medidas destinadas a incrementar o valor engadido da produción, consolidar as estruturas empresariais existentes e a posición de liderado nos mercados locais e internacionais. Ademais, o plan busca potenciar a competitividade a través dunha maior implantación do sector en actividades de I+D+i, respetar o medio ambiente e garantir a estabilidade e calidade do emprego nuns momentos de dificultades económicas.

A Consellería do Mar considera que o sector conserveiro é clave na cadea mar-industria en Galicia. É por iso, que nesta etapa de reactivación, na comisión de coordinación están representadas por primeira vez as empresas conserveiras e os sindicatos.

Cabe lembrar que o sector conserveiro representa o 80% da produción de España, move 267.000 toneladas de produtos do mar, xera arredor dos mil millóns de euros de facturación e dá emprego a máis de 12.000 persoas, segundo os últimos datos oficiais.

Gabinete de Comunicación da Consellería do Mar da Xunta de Galicia, 2010-03-06

Actualidad

Foto del resto de noticias (veran.jpg) O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur. De feito, destacan os altos rexistros acadados entre os días 9 e 15.
Foto de la tercera plana (vacinacion-2026-01.jpg) A Xunta de Galicia puxo en marcha a campaña de inmunización fronte á gripe e a COVID, que este ano incorpora como principais novidades a extensión da vacina antigripal de alta carga ás persoas de 65 a 69 anos e a ampliación do proxecto piloto de vacinación nos colexios a 75 centros educativos. O inicio oficial tivo lugar nun acto nas residencias de maiores e centros de discapacidade, o colectivo polo que arranca tradicionalmente a campaña debido á vulnerabilidade deste grupo fronte ás infeccións respiratorias.

Notas

O 7 de novembro a ciencia sairá ao encontro da cidadanía coa primeira edición de 'Abastos de Ciencia', unha iniciativa da UDC que terá lugar no Mercado de San Agustín e combinará divulgación e experimentación a través de obradoiros participativos, mesas redondas e propostas gastronómicas e culturais. A iniciativa, enmarcada no proxecto InPacto, permitirá coñecer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos.
O grupo de investigación da USC De la Edad Media al Siglo de Quevedo, desenvolve en Santiago o Congreso Internacional 'De interpretatione: la traducción en los siglos XVI y XVII'. O obxectivo do encontro, os días 5 e 6 na Facultade de Filoloxía, consiste en presentar os resultados de investigacións arredor da tradución durante os séculos XVI e XVII, pero tamén reflexionar sobre posibles liñas de traballo para o futuro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES