
A Xunta de Galicia inicia a planificación das actuacións do Plan de Banda Larga 2010-2013 na zona sur da provincia de Lugo e nunha parte da Ribeira Sacra ourensá as que máis acusan a fenda dixital. Asà o anunciou a delegada territorial da Xunta en Lugo, Raquel Arias, que indicou que o despregamento de novas infraestruturas nos 28 concellos que comprenden nestas áreas, incluÃndo un de Pontevedra, permitirán achegar a banda larga “ao 83,19% da poboación e xa no vindeiro ano a porcentaxe de cobertura prevese que alcance ao 68,33%”. Actualmente, nestas zonas só o 37,32% dos habitantes teñen acceso á banda larga de calidade.
Dos 10.740.000€ de investimento previsto a finais de 2013 para dotar de cobertura aos 28 municipios desta fase, 3.460.000€ destinaranse á implantación de redes fixas, 5.610.000€ a redes inalámbricas e os 1.670.000€ restantes se aplicarán á posta en marcha de redes de nova xeración (NGAs), que permiten velocidades de conexión de ata 100 Mbps, expuxo a representante do Executivo galego na provincia. Destas últimas beneficiaranse arredor de 26.145 habitantes de Monforte, Chantada e Sarria.
Esta primeira fase de despregamento de novas infraestruturas realizarase “en 12 concellos da Ribeira Sacra luguesa (Carballedo, Chantada, Monforte de Lemos, Pantón, A Pobra de Brollón, O Saviñao, Sober, Taboada, Paradela, PortomarÃn, Quiroga, Ribas de Sil), asà como en outros 10 da metade sur da provincia de Lugo (Antas de Ulla, Bóveda, Friol, GuntÃn, Palas de Rei, Monterroso, O Corgo, Láncara, O Páramo e Sarria)”, destacou Arias, que estivo acompañada na presentación polo enxeñeiro Javier Páez, compoñente do equipo que se encargará de controlar o desenvolvemento do Plan de Banda Larga.
Do mesmo xeito, nesta primeira fase actuarase en tres municipios da Ribeira Sacra ourensá (Nogueira de RamuÃn, A Peroxa e A Teixeira) e nos concellos de San Cristovo de Cea e VilamarÃn (Ourense) e Rodeiro (Pontevedra).
Reverter a situación actual
Arias sinalou que, actualmente, o 45,6% de habitantes da provincia de Lugo non teñen acceso á rede de calidade, seguida de Ourense cun 41,2%, A Coruña co 24,5% e Pontevedra do 21,7%. Por núcleos de poboación Lugo segue “desafortunadamente” á cabeza das provincias con máis dificultades de acceso á banda larga, rexistrando “un 76% de núcleos sen conexión á rede, seguida de Ourense cun 69,5%, A Coruña cun 48,5% e Pontevedra cun 29,8%”.
O obxectivo do Plan é “reverter a actual situación de desigualdade social que vive a comunidade en materia de acceso aos servizos de telecomunicacións” e contribuÃr ao aproveitamento das TIC como “motor para a dinamización e competitividade empresarial asà como a modernización dos servizos públicos”.
“Será un despregamento de infraestruturas baseado na eficiencia e na cooperación de todos os axentes implicados”, afirmou Arias, que fixo referencia tamén a que a iniciativa autonómica permitirá que a dotación orzamentaria de 102 millóns de euros da Xunta de Galicia poida superar os 230 millóns mobilizando capital privado e doutras administracións.
O proceso de desenvolvemento de infraestruturas permitirá o acceso aos servizos avanzados da Sociedade da Información de cidadáns e empresas de todo o territorio galego, nalgúns casos, xa a finais do presente exercicio, segundo as previsións de execución do plan.
En primeiro lugar realizaranse “actuacións que contribuirán á vertebración territorial, como o despregamento de redes fixas que achegará a banda larga a máis de 170 núcleos de máis de 100 habitantes e parques empresariais e polÃgonos industriais con deficiencia de cobertura”, adiantou Arias, referÃndose a unha serie de tarefas que suporán a atención a arredor de 100.000 persoas.
Asà mesmo, desenvolverase a extensión de redes sen fÃos a preto de 9.000 núcleos que non se cubran coas actuacións anteriores e que equivalen a máis de 400.000 habitantes e a potenciación do operador público Retegal que permitirá reducir custes e acelerar o despregamento da banda larga.
Outra liña de actuación é a universalización do servizo que dotará de cobertura a outras 143.000 persoas que vivan en zonas que pola súa dispersión ou xeolocalización non foran incluÃdas nas actuacións anteriores. Finalmente, o desenvolvemento de infraestruturas completarase coas de redes de nova xeración que alcanzan velocidades de ata 100 Mbps.
“O denominador común de todas estas actuacións é a prestación dun servizo de banda larga de calidade”, resumiu a delegada territorial. No plan recóllense velocidades de acceso superiores a 2Mbps, podendo chegar a 100Mbps no caso de redes de nova xeración.
En xeral, o despregamento das infraestruturas de telecomunicación permitirá cambiar a situación actual da comunidade na que un total 786.000 galegos (o 30% da poboación total), preto de 35.000 empresas (16%) e 589 entidades de poboación con algunha entidade administrativa non teñen posibilidade de acceso á banda larga.
Tivo lugar a xornada 'Deputados por un dÃa', na que os escolares galegos levaron ao hemiciclo as súas propostas para mellorar a sociedade. Os catro representantes dos colexios, un por provincia, compartiron na Cámara as súas reflexións sobre a convivencia, o tema arredor do que xira este curso o programa educativo Abraza tus valores, e a relación dos menores coas tecnoloxÃas. Participaron máis de 8.300 escolares de entre 4 e 12 anos de 83 centros públicos, concertados e privados de Galicia (Arquitecto Casas Novoa de Santiago, o CEIP Plurilingüe A Gándara, de Monforte de Lemos, o CEIP Plurilingüe Irmáns Villar, de Ourense e o CEIP Plurilingüe de Cerdeiriñas, de Piloño).
A actividade levada a cabo pola Axencia de Protección da Legalidade UrbanÃstica (APLU) para protexer o medio ambiente e o patrimonio natural e paisaxÃstico galego permitiu o pasado ano a reposición da legalidade en 121 actuacións en toda Galicia. Estas reposicións foron resultado do labor do equipo inspector do organismo adscrito á ConsellerÃa de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, e repartÃronse principalmente na provincia de Pontevedra, con 60 actuacións, seguida da Coruña con 30, Lugo con 21 e Ourense con 10.