Notas de prensa

Continúa o programa ST Música Presente coa actuación do cantautor Emilio Rúa

O ciclo da AGADIC diríxese á promoción de traballos discográficos galegos diante dun público especializado, aínda que tamén se abre ao resto de espectadores. O músico ourensán Emilio Rúa interpretará os temas de Interior, o seu terceiro disco.

O cantautor ourensán Emilio Rúa ofrece un concerto o venres día 26 ás 20.30 horas no Salón Teatro de Santiago como parte do programa “ST Música Presente”, no marco do que presentará Interior, o seu terceiro traballo discográfico que sae ao mercado esta mesma semana. Como no resto dos directos inseridos neste ciclo que promove a Consellería de Cultura e Turismo a través da AGADIC (Axencia Galega das Industrias Culturais), esta actuación congregará público especializado –programadores, promotores de festivais e certames de música, distribuidores, prensa especializada e outros axentes culturais– e abrirase tamén ao resto de espectadores interesados, en función do aforo dispoñible.

A cantante galega Uxía e o músico músico brasileiro Sérgio Tannus producen este novo disco de Emilio Rúa, gravado e mesturado no estudio de Gondomar Casa de Tolos, no que o autor explora novos rexistros e no que as harmonías gañan terreo. O resultado é, nas súas propias palabras, un traballo que conxuga os seus dous mundos –a música e a terra– e no que as harmonías gañan terreo. Son, en total, 12 temas que conforman, ademais, a base do repertorio que interpretará o venres no concerto que promoven a AGADIC e Nalgures Producións.

Destacadas colaboracións

Neste sentido, contou coas achegas de coñecidos músicos de Galicia e Portugal e colaboracións destacadas coma a de Luís Tosar, Guadi Galego, Toni Lomba, Quin Farinha, Marcos Teira, Budiño e a mesma Uxía. Asemade, e como nos seus traballos anteriores, mergúllase na música tradicional coa súa versión do tema Lela, reinterpretando tamén cancións de autores como Magín Blanco, Uxía e Sérgio e poñendo música a unha das poesías de Manuel Rivas.

Emilio Rúa comezou a cantar sendo aínda un cativo na agrupación familiar Concorde Atenea, que fundara o seu pai nas Vendas da Barreira (Riós), localidade de onde é orixinaria toda a súa familia. Guitarra en man, comezou a compoñer e a presentarse a concursos. Tras un dos seus recitais ofréceselle a oportunidade de gravar un primeiro disco compacto, publicado no 2000, e seis anos despois grava o seu segundo traballo discográfico (Vida miña), para o que contou coa produción artística de Uxía Senlle e que marcou un claro punto de inflexión na súa carreira artística.

As súas cancións móvense entre os sons pop e a música tradicional, sempre dende a súa visión persoal. En canto ás temáticas, a intimidade e a tenrura que envolve a súa música non lle impide abordar reivindicacións sociais e individuais como a soidade, o desamor ou a fin da violencia.

Venda de entradas

As entradas para o concerto de Emilio Rúa no Salón Teatro xa están á venda a través da billeteira electrónica da web www.caixagalicia.es e do teléfono 902 43 44 43 a un prezo especial único de 5 euros. No despacho de billetes do teatro, poderán adquirirse o mesmo venres a partir das 18.30 horas.

Este programa de concertos, deseñado e promovido pola AGADIC en colaboración con AGEM (Asociación Galega de Empresas Musicais) e Agaphono (Asociación Galega de Produtoras Fonográficas), ten como prioridade ofrecer ás discográficas galegas unha nova canle de promoción e difusión dos seus artistas dende unha perspectiva esencialmente comercial. As próximas citas terán lugar no mes de abril: Ãlvaro Vieito Cuarteto (20 abril), Ophiusa (27 de abril) e BellónMaceiras Quinteto (30 de abril).

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia, 2010-03-24

Actualidad

Foto del resto de noticias (20260608-parlamento.jpg) Tivo lugar a xornada 'Deputados por un día', na que os escolares galegos levaron ao hemiciclo as súas propostas para mellorar a sociedade. Os catro representantes dos colexios, un por provincia, compartiron na Cámara as súas reflexións sobre a convivencia, o tema arredor do que xira este curso o programa educativo Abraza tus valores, e a relación dos menores coas tecnoloxías. Participaron máis de 8.300 escolares de entre 4 e 12 anos de 83 centros públicos, concertados e privados de Galicia (Arquitecto Casas Novoa de Santiago, o CEIP Plurilingüe A Gándara, de Monforte de Lemos, o CEIP Plurilingüe Irmáns Villar, de Ourense e o CEIP Plurilingüe de Cerdeiriñas, de Piloño).
Foto de la tercera plana (vivenda-2023-02.jpg) A actividade levada a cabo pola Axencia de Protección da Legalidade Urbanística (APLU) para protexer o medio ambiente e o patrimonio natural e paisaxístico galego permitiu o pasado ano a reposición da legalidade en 121 actuacións en toda Galicia. Estas reposicións foron resultado do labor do equipo inspector do organismo adscrito á Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, e repartíronse principalmente na provincia de Pontevedra, con 60 actuacións, seguida da Coruña con 30, Lugo con 21 e Ourense con 10.

Notas

O XX aniversario do Festival Arteficial segue collendo forma de xeito inmellorable. Tras os encontros e concertos celebrados a finais de mayo na provincia de Ourense, a organización fai un balance extraordinario da acollida do público. Cidades e espazos singulares como Auriense, El Pueblo, Secret Bridge e, de forma moi especial, a Granxa D'Outeiro, foron as testemuñas do éxito absoluto destas presentacións.
Dar resposta aos retos derivados do envellecemento da poboación nas áreas rurais da fronteira entre España e Portugal é o obxectivo central do proxecto Activa Rural Transfronteirizo, no que participan 17 institucións e entidades destes dous países, entre as que se atopa a Universidade de Vigo.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES