Notas de prensa

A Consellería de Facenda forma aos empresarios na factura electrónica

A través de accións formativas en colaboración coa Cámara de Comercio, a Xunta informa aos empresarios de Santiago de Compostela das vantaxes do emprego da factura electrónica que simplificará os trámites e garantirá os pagos en 45 días.

A Cámara de Comercio de Santiago acolleu un seminario, de carácter gratuíto, para formar aos empresarios sobre as vantaxes da factura electrónica, posta en marcha pola Consellería de Facenda para garantir o pago en 45 días.

O departamento autonómico programou 14 seminarios en distintas localidades galegas co fin de ofrecer ás empresas galegas unha visión clara, práctica e tanxible sobre a facturación electrónica. O Xefe da División para o Desenvolvemento de Sistemas da Información do Centro Informático para a Xestión Tributaria (CIXTEC), Germán Ferreiro, presentou hoxe o seminario na Cámara de Comercio de Santiago.

Durante o mesmo explicáronse todos os aspectos relacionados coas vantaxes da adopción da factura electrónica e os pasos a seguir para facelo da forma máis sinxela posible, ademais de resolver todas as dúbidas que esta formula no ámbito operativo e tecnolóxico. Expúxose tamén a vantaxe que supón utlilizar este procedemento e as distintas solucións existentes para automatizar tanto a emisión como a recepción das facturas electrónicas.

Os asistentes puideron coñecer de primeira man os novos servizos e o funcionamento da plataforma que sustenta o rexistro electrónico de facturas (www.conselleriadefacenda.es/factura) dende que a factura entra na Administración a través do portal de entrada ata que se produce o seu cobro por parte do interesado.

Isto supón unha estratexia de modernización que simplificará trámites e aforrará custes garantíndose, por parte da administración, o pago das facturas en 45 días.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia, 2010-03-24

Actualidad

Foto del resto de noticias (filmoteca-galicia-202611.jpeg) A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
Foto de la tercera plana (veran.jpg) O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.

Notas

O 7 de novembro a ciencia sairá ao encontro da cidadanía coa primeira edición de 'Abastos de Ciencia', unha iniciativa da UDC que terá lugar no Mercado de San Agustín e combinará divulgación e experimentación a través de obradoiros participativos, mesas redondas e propostas gastronómicas e culturais. A iniciativa, enmarcada no proxecto InPacto, permitirá coñecer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos.
O grupo de investigación da USC De la Edad Media al Siglo de Quevedo, desenvolve en Santiago o Congreso Internacional 'De interpretatione: la traducción en los siglos XVI y XVII'. O obxectivo do encontro, os días 5 e 6 na Facultade de Filoloxía, consiste en presentar os resultados de investigacións arredor da tradución durante os séculos XVI e XVII, pero tamén reflexionar sobre posibles liñas de traballo para o futuro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES