
A sede náutica de Caixa Galicia no concello pontevedrés de Sanxenxo acolle a exposición Os Camiños de Santiago. Segundo Hevia na Colección Caixa Galicia, que está enmarcada na programación conxunta do Xacobeo 2010 con Caixa Galicia. Na mostra, que poderá verse neste emprazamento ata o próximo 6 de xuño, móstranse as acuarelas máis significativas do artista Segundo Hevia sobre as rutas xacobeas. Este proxecto expositivo encádrase no Camiño Contemporáneo da programación do Xacobeo 2010, que recolle as mostras de carácter máis contemporáneo plasmadas en diferentes espazos de Galicia.
Nas obras o artista reproduce diferentes escenas pertencentes ao Camiño de Santiago Francés e ao Camiño Portugués. Trátase de acuarelas dunha que se caracterizan por unha gran riqueza tanto compositiva como cromática. Ao mesmo tempo, as obras de Segundo Hevia son sinxelas e frescas, froito da factura rápida que fundamenta o bosquexo tomado a pé de rúa. Asemade, ao valor estético das obras hai que engadirlle o valor histórico, xa que as acuarelas funcionan como unha catalogación completa do patrimonio histórico artÃstico que xorde a través dos séculos arredor da vÃa de peregrinación.
Segundo Hevia nace no ano 1919 en Pontevedra, onde realiza os seus estudos de bacharelato e onde animado polos seus pais dedÃcase á práctica do debuxo. No ano 1938, obrigado pola Guerra Civil, incorpórase ao exército do que non se licencia ata catro anos máis tarde. Os últimos meses deste perÃodo pasaraos en Santiago de Compostela, cidade na que se instala definitivamente, coa excepción de tres anos que pasa en Granada. Inicia os seus estudos de Ciencias QuÃmicas. ImplÃcase de cheo na vida compostelá e a partir do ano 1950 comeza a dedicarse de forma continuada á súa actividade artÃstica, sendo o ano 1960 testemuña da súa primeira exposición de óleos, na sala de exposicións da Delegación do Ministerio de Información e Turismo en Santiago de Compostela.
[FOTO2En 1964, a partir das reunións que se celebraban no desaparecido Café Español de Santiago, xunto a Manuel Garabal, Concha Vázquez, Manolo Pesqueira e Felipe Criado forman o grupo Mestre Mateo coa pretensión de fomentar as exposicións colectivas e crear unha sala permanente que facilitase as mostras aos creadores neófitos. Desaparece un ano despois, pero no recordo queda unha iniciativa que posteriormente será secundada e levada ao éxito por outros colectivos artÃsticos.
En 1971 a Segundo Hevia concédeselle a Medalla de Prata da Bienal Rexional de Pontevedra. Ao longo dos anos expón incansablemente, ilustra libros e exerce como presidente da Cámara de Comercio, Industria e Navegación (do 1982 a 1998). En 1997 recibe a Medalla Castelao como recoñecemento ao labor artÃstico desempeñada ao redor de Galicia e do Camiño de Santiago.
Tivo lugar a xornada 'Deputados por un dÃa', na que os escolares galegos levaron ao hemiciclo as súas propostas para mellorar a sociedade. Os catro representantes dos colexios, un por provincia, compartiron na Cámara as súas reflexións sobre a convivencia, o tema arredor do que xira este curso o programa educativo Abraza tus valores, e a relación dos menores coas tecnoloxÃas. Participaron máis de 8.300 escolares de entre 4 e 12 anos de 83 centros públicos, concertados e privados de Galicia (Arquitecto Casas Novoa de Santiago, o CEIP Plurilingüe A Gándara, de Monforte de Lemos, o CEIP Plurilingüe Irmáns Villar, de Ourense e o CEIP Plurilingüe de Cerdeiriñas, de Piloño).
A actividade levada a cabo pola Axencia de Protección da Legalidade UrbanÃstica (APLU) para protexer o medio ambiente e o patrimonio natural e paisaxÃstico galego permitiu o pasado ano a reposición da legalidade en 121 actuacións en toda Galicia. Estas reposicións foron resultado do labor do equipo inspector do organismo adscrito á ConsellerÃa de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, e repartÃronse principalmente na provincia de Pontevedra, con 60 actuacións, seguida da Coruña con 30, Lugo con 21 e Ourense con 10.