Oito centros galegos que imparten ensinanzas de formación profesional participan na 9ª feira internacional de empresas simuladas, que se celebra en Barcelona do 17 ao 19 de marzo, grazas ás actuacións de fomento do espÃrito emprendedor en Galicia que realiza a ConsellerÃa de Educación e Ordenación Universitaria, en colaboración co Centro Europeo de Empresas e Innovación de Galicia (BIC Galicia), dependente da ConsellerÃa de EconomÃa e Industria.
Esta feira que se celebra cada dous anos forma parte do programa FP SIMULA, dirixido ao alumnado de formación profesional. Nela, os representantes galegos - oito centros e 26 alumnos e alumnas acompañados polos seus respectivos profesores- exporán as empresas virtuais creadas e xestionadas en Galicia, a través de FP SIMULA. A expedición galega de Galicia amosarán diversas actividades económicas tales como téxtil, informática e comunicación, hostalarÃa, distribución, imaxe, ou turismo, entre outras.
No tocante ás empresas simuladas, o IES Fernando Wirtz (A Coruña) presenta Téxtil Wirtz S.L.S., de confección e venda de prendas de roupa exterior, vinculada ao ciclo superior en Administración e finanzas. Tamén en relación con este ciclo formativo, o CIFP Rodolfo Ucha Piñeiro de Ferrol acude á feira con Mobles Ucha S.L.S, de comercialización de mobles; o IES Portovello de Ourense presenta Balnearios Portovello S.L.S, empresa de servizos de hostalarÃa, hidroterapia e venda de produtos cosméticos; o IES A GuÃa de Vigo explicará a creación de Gallaecia de distribucións S.L.S, especializada na distribución de produtos galegos con denominación de orixe; e o CIFP de Fene exporá VyS Fene S.L.S., de venta e servizos informáticos a empresas. Pola súa parte, os alumnos e alumnas do ciclos superior en Axencias de viaxes do CIFP A Farixa (Ourense), acoden á cita barcelonesa para presentar Farixa-T S.L.S, simulación dunha empresa de compravenda de equipos informáticos, instalacións de redes e páxinas web; mentres que os estudantes de ciclo superior de Xestión de aloxamentos turÃsticos do CIFP Compostela falarán do proxecto Hotel Compostela S.L.S. Tamén na liña dos ciclos formativos de Información e comercialización turÃsticas e de Axencias de viaxes, o CIFP ValentÃn Paz Andrade de Vigo exporá VPA TR@VEL S.L.S, que desenvolve actividades das axencias de viaxes maioristas e minoristas, e de outras actividades de apoio turÃstico.
Oportunidades internacionais
O programa FP SIMULA é unha das liñas do proxecto FP PLUS que a ConsellerÃa de Educación está a desenvolver en aras da innovación educativa e o desenvolvemento de proxectos empresariais entre o alumando de formación profesional. Na actualidade son doce os centros que participan no programa FP Simula coas súas respectivas empresas de simulación.
Os centros de toda España que aplican o programa de simulación forman unha extensa rede comercial entre eles, comprando e vendendo os seus produtos e servizos. Esta rede está integrada asà mesmo en Europen, programa que reúne a todas as redes de simulación a nivel mundial e que actualmente participan Alemaña, Arxentina, Australia, Austria, Bélxica, Brasil, Bulgaria, Canadá, Dinamarca, Eslovaquia, Eslovenia, Estados Unidos, Finlandia, Francia, Gran Bretaña, Holanda, Italia, Lituania, Noruega, Polonia, República Checa, RomanÃa, SuÃza, Suecia, China e España.
Esta feira é a oportunidade para que os participantes que dende os centros educativos crean e desenvolven as súas empresas, podan entrar en contacto directo cos seus clientes tanto nacionais como internacionais.
Galicia vén de pechar o mes de xullo máis cálido desde 1961, ano a partir do que se dispón na Comunidade de rexistros climatolóxicos. Esta é a principal conclusión do informe mensual elaborado por MeteoGalicia e que presentou esta mañá en Santiago a directora xeral de EnerxÃas Renovables e Cambio Climático, Paula UrÃa. Tal e como explicou, o valor medio da temperatura máxima se situou en 29 graos, cunha anomalÃa positiva de 3,5 graos en comparación cos rexistros das estacións meteorolóxicas máis representativas da Comunidade. Ademais, no caso da temperatura media o dato situouse en 22,5 graos, 2,8 graos por riba do valor normal climatolóxico para este mes.
O Diario Oficial de Galicia publicou a orde pola que se actualiza a relación de deportistas de alto nivel, alto rendemento, rendemento deportivo de base e vitalicias, asà como persoas adestradoras ou técnicas, xuÃzas e árbitras recoñecidas de alto nivel. Esta actualización súmase ás realizadas en xuño e establece un novo récord de persoas recoñecidas, que ascenden a 1.941, das que 835 son mulleres (43%) e 1.106 homes (57%). Arredor do 76 % das persoas -1.466- son deportistas galegos de alto nivel (623 mulleres e 843 homes). Ademais, figuran 201 deportistas de alto rendemento (101 mulleres e 100 homes), 183 deportistas de rendemento deportivo de base (86 mulleres e 97 homes), 47 persoas técnicas de alto nivel (catro mulleres e 43 homes), 29 persoas árbitras e xuÃzas (16 mulleres e 13 homes) e 15 deportistas galegos de alto nivel vitalicios.