Notas de prensa

Marnay presenta a súa persoal visión do Camiño do Norte a Compostela

Nunha mostra na Delegación de Galicia en Madrid, o artista Marnay presenta 35 óleos sobre táboa de diferentes formatos nos que o pintor da auga presenta una persoal visión do Camiño do Norte a Compostela. "Polo camiño da costa", aberta ata o 23 de marzo.

A Delegación da Xunta de Galicia en Madrid-Casa de Galicia, acolle ata o día 23, unha exposición do pintor Marnay na que a auga segue estando presente en case todas as obras, pero que nesta ocasión, e en honor ás datas, fai ademais un percorrido polo Camiño da Costa, ou Camiño do Norte, ata Santiago. Marnay, que mostra as súas obras na Casa por segunda vez, ofrece o seu persoal visión da paisaxe do mar Cantábrico, baixo o título, "Polo camiño da costa" composto por un total de 35 óleos sobre táboa, de diferentes e variados formatos cunha paleta rica en matices e cores cálidas.

No acto de inauguración, o coordinador de Actividades Culturais da Xunta en Madrid, Ramón Jiménez, destacou "o grande éxito e estupenda acollida que a obra de Marnay logrou sempre no ámbito madrileño, como o proban as xa numerosas exposicións -preto dunha decena- que o pintor realizou na capital de España”. Tamén realizou exposicións en México D.C, Nova York, Londres, Dublín, Santiago, Pontevedra, Navarra, Santander, Sevilla, Valencia, Valladolid, Burgos, Málaga, Pamplona, San Sebastián...

Jiménez destacou a traxectoria de Marnay e a súa capacidade para reunir a máis de medio centenar de seguidores nunha tarde non moi apracible, o cal é unha gran proba de fidelidade á súa arte, "como o fan os peregrinos", hoxe peregrinos de cadros, "cuxo obxectivo é o da actitude contemplativa -mesmo orante diría eu se peregrino e obra son de calidade e se fonden en comunicación espiritual- ante o produto máximo do espírito do artista, que neste caso é cada un dos óleos colgados" "nestas paredes, néctar que Marnay produciu coa constancia dunha abella durante boa parte deste tempo,".

Marnay, dirixiu unhas palabras de agradecemento tanto á Casa de Galicia coma a todas as persoas asistentes, a moitas das cales seguen a súa traxectoria creadora dende hai anos e tamén aproveitou a súa intervención para achegar algunhas pinceladas sobre o seu particular camiño artístico e a súa visión deste.

Para definir a obra de Marnay, nada mellor que recuperar as palabras que José Hierro lle dedicou: "Marnay,-nombre de illa, o que acentúa a dimensión máxica da súa pintura- fai desta, da súa pintura, non un punto de chegada, senón unha referencia que nos permite volver atrás, ata volver ao punto -o seu- de partida. Así que, ante un cadro seu, experimentamos a sensación non de estar ante unha arquitectura plástica, senón ante unha ventá aberta ao recordo, é dicir ante a realidade modificada pola emoción e a melancolía. Vemos o que viu. Sentimos o que sentiu ".

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia, 2010-03-03

Actualidad

Foto del resto de noticias (20260608-parlamento.jpg) Tivo lugar a xornada 'Deputados por un día', na que os escolares galegos levaron ao hemiciclo as súas propostas para mellorar a sociedade. Os catro representantes dos colexios, un por provincia, compartiron na Cámara as súas reflexións sobre a convivencia, o tema arredor do que xira este curso o programa educativo Abraza tus valores, e a relación dos menores coas tecnoloxías. Participaron máis de 8.300 escolares de entre 4 e 12 anos de 83 centros públicos, concertados e privados de Galicia (Arquitecto Casas Novoa de Santiago, o CEIP Plurilingüe A Gándara, de Monforte de Lemos, o CEIP Plurilingüe Irmáns Villar, de Ourense e o CEIP Plurilingüe de Cerdeiriñas, de Piloño).
Foto de la tercera plana (vivenda-2023-02.jpg) A actividade levada a cabo pola Axencia de Protección da Legalidade Urbanística (APLU) para protexer o medio ambiente e o patrimonio natural e paisaxístico galego permitiu o pasado ano a reposición da legalidade en 121 actuacións en toda Galicia. Estas reposicións foron resultado do labor do equipo inspector do organismo adscrito á Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, e repartíronse principalmente na provincia de Pontevedra, con 60 actuacións, seguida da Coruña con 30, Lugo con 21 e Ourense con 10.

Notas

O XX aniversario do Festival Arteficial segue collendo forma de xeito inmellorable. Tras os encontros e concertos celebrados a finais de mayo na provincia de Ourense, a organización fai un balance extraordinario da acollida do público. Cidades e espazos singulares como Auriense, El Pueblo, Secret Bridge e, de forma moi especial, a Granxa D'Outeiro, foron as testemuñas do éxito absoluto destas presentacións.
Dar resposta aos retos derivados do envellecemento da poboación nas áreas rurais da fronteira entre España e Portugal é o obxectivo central do proxecto Activa Rural Transfronteirizo, no que participan 17 institucións e entidades destes dous países, entre as que se atopa a Universidade de Vigo.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES