
O Consello Galego de Universidades (CGU) amosou a súa satisfacción pola entrada da Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia (AGSUG) no Consello da ENQA (Asociación Europea para a GarantÃa da Calidade da Educación Superior), do que formará parte os vindeiros cinco anos. O CGU, que se reuniu esta mañá en Santiago, foi informado da aprobación de 31 programas de doutoramento que se están a impartir xa nos campus galegos. Ademais, no transcurso do encontro, o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, deu a coñecer as conclusións do seu departamento tras a visita do secretario general de Universidades, Marius Rubiralta.
Coa súa inclusión na rede europea, a Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia convértese en membro de pleno dereito dun grupo de 48 axencias de 25 paÃses. A súa entrada na rede europea confirma que a AGSUG cumpre cos criterios e directrices para a GarantÃa da Calidade no Espazo Europeo de Educación Superior, o que demostra o seu compromiso coa calidade, a transparencia, a independencia, os criterios éticos e a correcta realización dos servizos e actividades.
A ACSUG culmina con esta inclusión un traballo iniciado no 2007, ano no que foi aceptado como candidato. Desde entón a Axencia levou a cabo un informe de autoavaliación onde se demostra o cumprimento dos requisitos para ser aceptado como membro de pleno dereito, e que foi controlado por unha avaliación externa, na que quedou avalada a súa calidade tento nas actividades como nos servizos realizados, que se melloran continuamente.
Autorización de tÃtulos
Por outra banda, no encontro do Consello Galego de Universidades fÃxose balance da actividade de autorización de tÃtulos por parte da ACSUG que, no 2009, deu o visto bo a 51 tÃtulos de grao e 50 de máster, e no presente ano, a 12 e 23 respectivamente.
Ademais, en torno ás novas titulacións de doutoramento enviadas polas universidades do SUG para ser implantadas no presente curso, no CGU deuse conta do informe favorable para 31 programas de doutoramento. No Sistema Galego de Universidades xa existen 174 tÃtulos de Máster, dos que 144 teñen unha denominación diferente nas tres universidades, a excepción do máster universitario en Profesorado que será igual en toda Galicia.
Visita de Marius Rubiralta
Durante a reunión, o conselleiro deu conta do resultado do encontro celebrado hai uns dÃas co secretario general de Universidade do Ministerio de Educación, Marius Rubiralta, por mor do Documento de Reflexión sobre a mellora das polÃticas de financiamento das universidades para promover a excelencia académica e incrementar o impacto socioeconómico do Sistema Universitario Español (SUE).
Esa reunión centrouse, segundo explicou Vázquez Abad, en torno a proposta dunha nova polÃtica de bolsas, axudas ao estudo, prezos públicos, equidade financeira das Comunidade Autónomas, polÃticas de recursos humanos, adaptación de infraestruturas, investigación, desenvolvemento tecnolóxico e potenciación da innovación, asà como a eficiencia e eficacia da xestión das universidades galegas.
Vázquez Abad explicou no CGU que o texto presentado polo Ministerio “valórase positivamente como un esforzo para diagnosticar a situación actual do SUE e compartimos algúns dos puntos”, pero sinalou que “somos crÃticos con moitas das posicións do Ministerio que entendemos que deben ser revisadas e adaptadas ás singularidades propias de cada unha das comunidades e dos seus propios sistemas”. En relación con isto, recordou que o documento se enmarca dentro da Estratexia Universidade 2015, e que chega a Galicia no mesmo momento no que “estamos a traballar no novo Plano de Financiamento do SUG, e que deberá reflectirse nos Oorzamentos Xerais da comunidade para o 2011”. Vázquez Abad concluÃu asegurando que “tendo en conta todo isto, desde a ConsellerÃa estaremos atentos as conclusións que presente o Ministerio en torno ao Documento de Reflexión”.
No tocante ao Plano do Financiamento do SUG, que é unha das prioridades para este exercicio, o conselleiro recordou que xa se esta a traballar na redacción dun borrador de dito documento. Por mor disto os tres reitores, presidentes dos consellos sociais e representantes do Parlamento, están convocados a unha comisión de Financiamento e Investimentos que se celebrará na primeira quincena de marzo.
Representantes no Pleno do Consello da Cultura Galega
No CGU celebrado tamén foron designados como representantes das universidades de Galicia no Pleno do Consello da Cultura Galega os reitores da universidades de Santiago de Compostela e da Coruña.
Na reunión, celebrada na sala de xuntas da ConsellerÃa de Educación, en San Caetano, estiveron presentes o secretario xeral de Universidades, José Alberto DÃez de Castro, a subdirectora Xeral de Universidades, Beatriz Soutelo, que exerceu como secretaria, asà como os reitores de Vigo, Alberto Gago; da Coruña, José MarÃa Barja, e de Santiago, Senén Barro. Xunto a eles representantes dos consellos sociais, e do Parlamento.
A reunión do Consello Galego de Universidades celebrouse tras a sinatura do acordo entre a ConsellerÃa de Educación, a de Sanidade e os tres reitores das universidades galegas en torno a docencia médica. Deste modo quedan asentadas a bases sobre as que se vai traballar para debuxar o calendario académico do vindeiro curso, e os profesores responsables da formación dos estudantes de Medicina ou de estudos relativos a Ciencias da Saúde. Este acordo é unha demostración do bo entendemento entre todos os axentes implicados por mor do beneficio dos estudantes; un acordo co que se optimizarán e aproveitarán os recursos académicos, os dos hospitais universitarios asà como os dos centros médicos da rede do Servizo Galego de Saúde.
Tivo lugar a xornada 'Deputados por un dÃa', na que os escolares galegos levaron ao hemiciclo as súas propostas para mellorar a sociedade. Os catro representantes dos colexios, un por provincia, compartiron na Cámara as súas reflexións sobre a convivencia, o tema arredor do que xira este curso o programa educativo Abraza tus valores, e a relación dos menores coas tecnoloxÃas. Participaron máis de 8.300 escolares de entre 4 e 12 anos de 83 centros públicos, concertados e privados de Galicia (Arquitecto Casas Novoa de Santiago, o CEIP Plurilingüe A Gándara, de Monforte de Lemos, o CEIP Plurilingüe Irmáns Villar, de Ourense e o CEIP Plurilingüe de Cerdeiriñas, de Piloño).
A actividade levada a cabo pola Axencia de Protección da Legalidade UrbanÃstica (APLU) para protexer o medio ambiente e o patrimonio natural e paisaxÃstico galego permitiu o pasado ano a reposición da legalidade en 121 actuacións en toda Galicia. Estas reposicións foron resultado do labor do equipo inspector do organismo adscrito á ConsellerÃa de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, e repartÃronse principalmente na provincia de Pontevedra, con 60 actuacións, seguida da Coruña con 30, Lugo con 21 e Ourense con 10.