
O acto de presentación contou coa presenza do bispo de Ourense, Luis Quinteiro, e dos autores do libro, José Ramón Hernández Figueiredo e Ramiro González Cougil, quen acompañados por Marina, irmá de MarÃa Luz, explicaron os acontecementos máis importantes da vida desta muller, nacida en Allariz en 1923 e falecida en honor de santidade en 1993.
Luis Quinteiro referiuse a ela afirmando que esta muller “marabillosa soubo cultivar de maneira excepcional os seus dotes de espiritualidade, porque dedicar unha vida ao fomento da santidade é unha labor calada, silenciosa pero moi gratificante para todos”. O bispo de Ourense dixo que persoas como Mariluz son as que axudan á Igrexa a afrontar os retos de futuro entre os que se atopan o de facer creÃble a Cristo a través da vida santa. “Os nosos fieis estanse a volver cara ás persoas que teñen deixado ante nós destelos de santidade, e este é un legado que non podemos esquecer”, explica Luis Quinteiro.
Pola súa banda, os autores do libro fixeron un percorrido pola vida e obra de MarÃa Luz Pena cualificándoa “dunha vida de xenerosidade e sinxeleza entregada ao apostolado e á oración”, afirma José Ramón Hernández. Logo de pasar uns anos no Convento das Clarisas de Allariz, MarÃa Luz Pena tivo que deixar o retiro debido á tuberculose, para volcarse nun incesante traballo de apostolado que a levou a desenvolver un gran número de actividades: arranxo de altares, retiros espirituais para xóvenes, excursións, coros parroquiais, visitas a enfermos, caridade, escolas de verán para nenos, participación na Liturxia e creación da Fundación Santa MarÃa Oferente para a axuda aos sacerdotes. “Toda unha vida dedicada á espiritualidade dende o máis fondo da fe católica”, como a difiniu Ramiro González.
Tivo lugar a xornada 'Deputados por un dÃa', na que os escolares galegos levaron ao hemiciclo as súas propostas para mellorar a sociedade. Os catro representantes dos colexios, un por provincia, compartiron na Cámara as súas reflexións sobre a convivencia, o tema arredor do que xira este curso o programa educativo Abraza tus valores, e a relación dos menores coas tecnoloxÃas. Participaron máis de 8.300 escolares de entre 4 e 12 anos de 83 centros públicos, concertados e privados de Galicia (Arquitecto Casas Novoa de Santiago, o CEIP Plurilingüe A Gándara, de Monforte de Lemos, o CEIP Plurilingüe Irmáns Villar, de Ourense e o CEIP Plurilingüe de Cerdeiriñas, de Piloño).
A actividade levada a cabo pola Axencia de Protección da Legalidade UrbanÃstica (APLU) para protexer o medio ambiente e o patrimonio natural e paisaxÃstico galego permitiu o pasado ano a reposición da legalidade en 121 actuacións en toda Galicia. Estas reposicións foron resultado do labor do equipo inspector do organismo adscrito á ConsellerÃa de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, e repartÃronse principalmente na provincia de Pontevedra, con 60 actuacións, seguida da Coruña con 30, Lugo con 21 e Ourense con 10.