
Xacobeo 2010 trae a Galicia o Sónar, Festival Internacional de Música Avanzada e Arte Multimedia, que por primeira vez na súa historia celebrarase en dúas cidades: Barcelona, a súa sede habitual, e A Coruña, onde chega co nome de Sónar Galicia. O director-xerente da S.A. de Xestión do Plan Xacobeo, Ignacio Santos, presentou a programación do Sónar Galicia que se celebrará os dÃas 17, 18 e 19 xuño en ExpoCoruña cun completo cartel de actuacións de recoñecidos artistas internacionais e destacados músicos galegos. O acto de presentación contou coa presenza asemade do co-director do Festival Sónar, Ricard Robles e a directora-xerente de ExpoCoruña, Ana Montes.
Ignacio Santos destacou na presentación a alta calidade dos grupos que formarán parte de Sónar Galicia. Segundo o director-xerente do Xacobeo “é un exemplo da grande aposta do Xacobeo 2010 por ofrecer ó longo de todo o ano un conxunto de espectáculos musicais de altÃsimo nivel e calidade”. Para Ignacio Santos, o cartel do festival que se celebrará en A Coruña representa “unha importante mostra da música galega contemporánea e inclúe grandes shows de artistas internacionais cunha recoñecida traxectoria musical”.
Tras 17 anos de historia e un percorrido internacional que levou o festival a Tokio, Londres, Sao Paulo, Nova York, Roma e outras cidades do mundo, Sónar chega a Galicia para presentar o cartel mais ambicioso dende o nacemento do festival en Barcelona. A programación do Sónar Galicia será o fiel reflexo do espÃrito Sónar, combinando as propostas musicais de corte experimental con acutacións de artistas internacionais de recoñecida traxectoria, sempre propoñendo unha mirada atenta ao que acontece na escena musical galega. Ao igual que o seu referente barcelonés, Sónar Galicia presenta o talento que urxe do underground, propón unha escoita atenta as vangardas e, como non, invita nas súas últimas horas á festa e ao baile.
O festival preséntase nun formato novidoso para acoller unha oferta variada e cosmopolita cunhas prestacións técnicas de primeiro orde, combinando nun mesmo espazo as actividades musicais e expositivas simultáneas do Sónar de DÃa e os grandes espectáculos de Sónar de Noite, caracterÃsticos do Sónar Barcelona.
O xoves 17 de xuño o evento abrirá co escenario SonarVillage, no que actuaran máis de 20 grupos de música electrónica nacionais e internacionais durante tres dÃas. O venres 18 sumarase ao SonarVillage o escenario SonarComplex, o escenario do festival que albergará as propostas de corte mais experimental; e un terceiro, SonarClub, o de maior aforo e que está enfocado as propostas mais bailables, que se incorporará a noite do sábado 19. O prezo das entradas para o Sónar Galicia é de 15 euros para o xoves 17, de 20 euros para o venres 18 e de 25 euros para o sábado 19. Asemade, haberá un abono para os tres dÃas por 50 euros, que permite o acceso a todas as actividades do festival.
Dentro do recinto de ExpoCoruña, o festival contará cun espazo para exposicións onde se amosarán as obras que forman parte de SónarMática. As exhibicións, que correrán a cargo de varios destacados artistas galegos, estarán abertas ó público durante as tres xornadas. Asemade, reservarase un auditorio para as proxeccións de SonarCinema que se farán o venres e o sábado.
Artistas internacionais
Ao igual que Sónar Barcelona, Sónar Galicia contará con artistas de primeiro nivel do panorama internacional, presentando propostas innovadoras que moitas veces virán acompañadas de novos traballos discográficos que se verán por primeira vez en A Coruña neste mes de xuño.
A banda de James Murphy estrea as novas cancións de Lcd Soundsystem, personaxe clave deste inicio de século por unha gran influencia e visión, lanza un terceiro álbum que consolida un estilo totalmente propio. Asemade, a formación Air, un referente ineludible do pop mundial, ofrecerán un concerto no que repasarán os seus grandes éxitos e bondades do nove disco Love 2.
Laurent Garnier, gran dj e produtor francés actuará cunha banda de cinco músicos, os que combinaran sintetizadores e teclados con saxos e trompetas, para repasar os seus grandes clásicos e os temas do seu último traballo Tales of The Kleptomaniac. Hot Chip lucirán as cancións de One Life Stand; Matthew Herbert presenta o seu novo traballo One Club onde se estreita a relación entre o dj, o público, a música e o espazo; e 2manydjs (os irmas Stephen e David Deawele) sincronizarán o son coa imaxe.
The Slew, a nova banda de scratch rock de Kid Koala, utiliza baixos, baterÃas, pratos e mesas de mezclas nun apaixónate directo; Flying Lotus presentará o seu esperadÃsimo segundo disco Cosmogramma; Broadcast tamén presentarán Investigate Witch Cults of the Radio Age; Carte Blanch, co seu novo proxecto cen por cen House dos Djs Mehdi e Riton; e o dúo alemán Booka Shade interpretará o seu quinto álbum More.Estes son só algúns dos artistas internacionais que estarán no Sónar Galicia.
Os sons avanzados de Galicia
Sónar Galicia mostrará o traballo de artistas galegos que están investigando nos campos da electrónica e do pop avanzado con altas doses de talento e imaxinación, coa vocación de que o seu traballo alcance a visibilidade mais alá do territorio nacional. Os artistas galegos confirmados ata o de agora para a cita coruñesa son: David M., Grobas, Ino, Fluzo, 6PM, Cora Novoa, MwesLee Vs BFlecha, Viktor Flores e Fat Fish.
6PM é un dúo formado por Iván Oubiña e Raúl Mon que ensambla e superpoñe capas de sons cunha sensibilidade pop. Doutra banda, Fluzo presenta o seu novidÃsimo proxecto xunto a Hevi, o ubicuo de Mv de Santiago de Compostela, interpretando hip hop en galego de vocación claramente experimental. Cora Novoa, realizará unha actuación baseada nas correntes da electrónica e o techno alemán.
Arkestra e Mweslee & BFlecha presentarán o seus espectáculos no ámbito do hip hop instrumental con beats contemporáneos e vangarda rÃtmica. No ámbito da cultura club, Sónar Galicia presenta a Viktor Flores,veterano dj e programador da sala viguesa Vademecwm; e a tres dos referentes do clubbing galego como son Ino, Grobas e Fat Fish.
Sónar Mática Galicia
Entre os dÃas 17 e 19 de xuño, dentro do Sónar Galicia tamén poderá visitarse SonarMática, unha iniciativa expositiva de arte multimedia que mostrará as obras de varios destacados artistas galegos, asociados baixo o paraugas de colectivos de creación multimedia.
Pola súa singularidade operativa e a súa centralidade na escena cultural galega destaca a plataforma Escoitar.org, un grupo de artistas é activistas sonoros (antropólogos, musicólogos, enxeñeiros e artistas multimedia) que teñen como principal obxectivo o fomento e a promoción do fenómeno sonoro e a escoita activa.
Por un lado, o Sonoscopio, unha interesante instalación audiovisual do artista Horacio González que permitirá observar acusticamente a cidade de A Coruña dende uns prismáticos xigantes de zoom continuo, aos que se incorpora un sistema sonoro que acompaña acusticamente o que o ollo ve. Do mesmo xeito que o ollo fai zoom sobre as estruturas e os obxectos da cidade, o oÃdo tamén fai zoom en sintonÃa coa imaxe.
Doutra banda, Augmented Sound (son aumentado) de Berio Molina, é un sistema que xoga cos lÃmites fÃsicos dun obxecto, coas súas caracterÃsticas sonoras e coa interactividade do público. Expande o son dos obxectos e cosifica o son para poder velo co ollo. Desta forma, o proxecto funciona en tres tempos: coñecemento do espazo fÃsico; xeración e manipulación do son; e interacción co usuario.
Finisterrae
A imaxe do Sónar 2010 toma forma de longametraxe a través de Finisterrae: unha viaxe fantástica de Barcelona a Galicia. Esta pelÃcula mostra a viaxe introspectiva das pantasmas do Sónar 2009 que deciden facer o Camiño de Santiago dende Barcelona ata o fin do mundo para, unha vez alÃ, comezar unha nova etapa terreal e efémera.
No seu percorrido vivirá situacións inesperadas que deberán sortear, terán que resolver a súas propias tensións e lidiar coa dubida da súa propia condición pantasmal. Nesta viaxe, ademais, os fenómenos da natureza non sempre van soprar o seu favor…Ao longo das próximas semanas poderemos descubrir as diferentes etapas da tan particular road movie a través da web do Sónar, www.sonar.es
Outra iniciativa e o SonarCinema, escenario no que se proxectaran varios filmes entre eles Synth Britannia, un documental da BBC sobre o nacemento do Synth Pop no Reino Unido; e Amplified Gesture, un estudio sobre a arte da improvisación con varios dos seus representantes producido por David Sylvian.
Programación SÓNAR GALICIA
Xoves 17 xuño:
Lcd Soundsystem (DFA/US)
Uffie (Ed Banger/US)
John Talabot (Hivern/ES)
David M (BreakThatBeat/ES)
Grobas (981 Sessions/ES)
SonarMÃ tica Galicia
Escoitar.org presenta
Sonoscopio / Horacio González (ES)
Augmented Sound / Berio Molina (ES)
Venres 18 xuño:
Laurent Garnier (PIAS/FR)
Matthew HerbertÂ’s One Club (Accidental/UK)
Broadcast (Warp/UK)
Fuck Buttons (ATP Recordings/UK)
The Slew feat. Kid Koala (Puget Sound Recordings/US)
DJ Ino (House Café Music/ES)
Fat Fish (Artec/ES)
SonarMÃ tica Galicia
Escoitar.org presenta
Sonoscopio / Horacio González (ES)
Augmented Sound / Berio Molina (ES)
SonarCinema
“Amplified Gesture” (UK)
“Synth Britannia” (UK)
Sábado 19 xuño:
Air (Virgin/FR)
Hot Chip (Parlophone/UK)
Flying Lotus (Warp/US)
2manydjs (BE)
Booka Shade (Get Physical/DE)
Carte Blanche (Dj Mehdi & Riton) (Ed Banger/FR-UK)
Delorean (Mushroom Pillow/ES)
6pm (Mediosordo/ES)
Fluzo (ES)
Octa Push (Iberian Records/PT)
BFlecha Vs. MwesLee (Arkestra/ES)
Viktor Flores (Sinsal/ES)
Cora Novoa (Natura Sonoris/ES)
SonarMÃ tica Galicia
Escoitar.org presenta
Sonoscopio / Horacio González (ES)
Augmented Sound / Berio Molina (ES)
SonarCinema
“Amplified Gesture” (UK)
“Synth Britannia” (UK)
Tivo lugar a xornada 'Deputados por un dÃa', na que os escolares galegos levaron ao hemiciclo as súas propostas para mellorar a sociedade. Os catro representantes dos colexios, un por provincia, compartiron na Cámara as súas reflexións sobre a convivencia, o tema arredor do que xira este curso o programa educativo Abraza tus valores, e a relación dos menores coas tecnoloxÃas. Participaron máis de 8.300 escolares de entre 4 e 12 anos de 83 centros públicos, concertados e privados de Galicia (Arquitecto Casas Novoa de Santiago, o CEIP Plurilingüe A Gándara, de Monforte de Lemos, o CEIP Plurilingüe Irmáns Villar, de Ourense e o CEIP Plurilingüe de Cerdeiriñas, de Piloño).
A actividade levada a cabo pola Axencia de Protección da Legalidade UrbanÃstica (APLU) para protexer o medio ambiente e o patrimonio natural e paisaxÃstico galego permitiu o pasado ano a reposición da legalidade en 121 actuacións en toda Galicia. Estas reposicións foron resultado do labor do equipo inspector do organismo adscrito á ConsellerÃa de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, e repartÃronse principalmente na provincia de Pontevedra, con 60 actuacións, seguida da Coruña con 30, Lugo con 21 e Ourense con 10.