
O prestixioso cociñeiro italo-galego Flavio Morganti, do Restaurante Galileo de Ourense, destacou a calidade gastronómica do peixe e marisco galego no transcurso dunha sesión de cociña en directo á que asistiu o director xeral de Ordenación e Xestión dos Recursos Mariños, Pablo Fernández Asensio. A actividade enmarcouse no programa da Consellería do Mar no Fórum Gastronómico 2010, no seu afán de promocionar o consumo dos produtos do mar de Galicia.
O especialista culinario, acompañado do xornalista Tomás Alonso (do programa Larpeiros da TVG) realizou diversas presentacións con produtos da pesca costeira galega, amparados baixo a marca Pescaderías. Ante preto dunhas 200 persoas, o especialista cociñou varios pratos nos que amosou as diferentes posibilidades gastronómicas que ofrecen especies coma o lirio, a xarda, o xurelo, o ourizo ou as navallas, entre outros. O italo-galego animou a consumir os produtos pescados artesanalmente en Galicia e a valorar a nosa materia prima. Entre as súas propostas destaca a combinación de peixe con ñoquis, sobre todo para os mais pequenos. Mentres cociñaba, Morganti destacou a frescura e o sabor dos produtos galegos e enxalzou as súas bondades nutritivas.
Degustacións no stand da Xunta
Ademais, o stand de Galicia no Forum Gastronómico de Santiago, representada polas Consellerías do Medio Rural e do Mar, ofrece hoxe ata sete degustacións dos produtos máis enxebres da Comunidade Autónoma. Os embutidos Castrobello regados con distintos viños da denominación de orixe Ribeira Sacra foron a primeira degustación que a Xunta ofreceu ao longo deste día. Seguidamente, a D.O. Rías Baixas foi a encargada de acompañar os Grelos de Galicia e o polbo das Rías.
A continuación, o Consello Regulador de Agricultura Ecolóxica de Galicia (Craega) organizou unha hora de cociña en vivo de produtos ecolóxicos e unha mostra dos viños da D.O. Valdeorras. As setas silvestris e o viño tostado da denominación de orixe Ribeiro tamén tiveron o seu oco neste certame.
A programación desta tarde inclúe a presentación da Indicación Xeográfica Protexida Tarta de Santiago xunto coa degustación do Viño Tostado do Ribeiro e a combinación de Ternera Galega e Patacas de Galicia con viños da D.O. Ribeira Sacra.
O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur. De feito, destacan os altos rexistros acadados entre os días 9 e 15.
A Xunta de Galicia puxo en marcha a campaña de inmunización fronte á gripe e a COVID, que este ano incorpora como principais novidades a extensión da vacina antigripal de alta carga ás persoas de 65 a 69 anos e a ampliación do proxecto piloto de vacinación nos colexios a 75 centros educativos. O inicio oficial tivo lugar nun acto nas residencias de maiores e centros de discapacidade, o colectivo polo que arranca tradicionalmente a campaña debido á vulnerabilidade deste grupo fronte ás infeccións respiratorias.