Notas de prensa

A Liga Galega de Traíñas contará cun investimento público de 130.000 euros

O apoio da Secretaría Xeral para o Deporte á Liga Galega de Traíñas permitirá unha nova edición da competición con categoría masculina e feminina, considerada un referente nacional do remo de banco fixo.

A Secretaría Xeral para o Deporte volverá apoiar este ano a Liga Galega de Traíñas, tal como anunciou o máximo responsable deste departamento no transcurso da recepción que realizou á anterior xunta directiva da Asociación Noroeste de Traíñas e aos seus novos dirixentes.

José Ramón Lete quixo agradecer o labor que durante o ano 2009 realizou a xunta directiva que presidiu Juan Ramón Outeda, que no acto estivo acompañado polos novos responsables da Asociación Noroeste de Traíñas que esta tempada recibirá 130.000 en concepto de patrocinio para a disputa de Liga Galega Masculina e Feminina.

Un patrocinio que confirma o apoio que desde a Xunta de Galicia estase facendo ao remo en xeral e en particular ás traíñas. Unha das primeiras decisións de José Ramón Lete cando accedeu ao seu posto en maio do ano pasado foi asinar o patrocinio desta competición, que se ampliou coa posta en marcha da liga feminina.

A Xunta de Galicia mantén a mesma cantidade que o pasado ano “realizando un importante esforzo porque somos conscientes da transcendencia dunha competición que é vital para o remo galego”, explicou o secretario xeral para o Deporte que eloxiou a edición de 2009, que foi un rotundo éxito.

A Liga Galega de Traíñas é unha referencia dentro do remo de banco fixo a nivel nacional e converteuse nunha competición cunha elevada calidade e cuxas regatas son seguidas por numeroso público. O pasado ano a programación viuse reforzada coa posta en marcha da categoría feminina.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia, 2010-02-09

Actualidad

Foto del resto de noticias (veran.jpg) O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur. De feito, destacan os altos rexistros acadados entre os días 9 e 15.
Foto de la tercera plana (vacinacion-2026-01.jpg) A Xunta de Galicia puxo en marcha a campaña de inmunización fronte á gripe e a COVID, que este ano incorpora como principais novidades a extensión da vacina antigripal de alta carga ás persoas de 65 a 69 anos e a ampliación do proxecto piloto de vacinación nos colexios a 75 centros educativos. O inicio oficial tivo lugar nun acto nas residencias de maiores e centros de discapacidade, o colectivo polo que arranca tradicionalmente a campaña debido á vulnerabilidade deste grupo fronte ás infeccións respiratorias.

Notas

O 7 de novembro a ciencia sairá ao encontro da cidadanía coa primeira edición de 'Abastos de Ciencia', unha iniciativa da UDC que terá lugar no Mercado de San Agustín e combinará divulgación e experimentación a través de obradoiros participativos, mesas redondas e propostas gastronómicas e culturais. A iniciativa, enmarcada no proxecto InPacto, permitirá coñecer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos.
O grupo de investigación da USC De la Edad Media al Siglo de Quevedo, desenvolve en Santiago o Congreso Internacional 'De interpretatione: la traducción en los siglos XVI y XVII'. O obxectivo do encontro, os días 5 e 6 na Facultade de Filoloxía, consiste en presentar os resultados de investigacións arredor da tradución durante os séculos XVI e XVII, pero tamén reflexionar sobre posibles liñas de traballo para o futuro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES