
Máis de 2.000 espectadores asistiron ata o momento á nova produción do Centro Dramático Galego (CDG), As actas escuras, que ofrece as súas tres últimas funcións no Salón Teatro de Santiago (venres 5 e sábado 6, ás 20.30 h, e domingo 7, ás 18.00 h). En total, serán 17 as representacións que a compañÃa pública terá ofrecido en Compostela con esta obra de Roberto Vidal Bolaño, recuperada para os escenarios da man do director Xúlio Lago e dun elenco integrado por 14 recoñecidos actores e actrices.
Tras este perÃodo de exhibición no Salón Teatro, o novo espectáculo do CDG visitará outros sete escenarios de toda Galicia. O Pazo da Cultura de Narón será os dÃas 19 e 20 de febreiro o primeiro destino desta xira galega, que se estenderá durante dous meses ata completar unha trintena de funcións: Teatro Lauro Olmo do Barco (26 de febreiro), Teatro Municipal Ãrea Panorámica de Tui (5 de marzo), Centro Cultural Caixanova de Vigo (17 de marzo), Teatro RosalÃa da Coruña (19 e 20 de marzo), Teatro Principal de Ourense (27 e 28 de marzo) e Teatro Jofre de Ferrol (3 de abril).
Investigación sobre os restos do Apóstolo
Unha investigación encargada polo cardeal Payá e Rico sobre o redescubrimento dos restos do Apóstolo na Compostela de finais do século XIX centra a trama principal desta historia sobre a ocultación da verdade e o sentido da ética. Xosé Manuel Olveira “Pico” e Ricardo de Barreiro encabezan o elenco, do que tamén forman parte César Cambeiro, Ursia Gago, Jouse GarcÃa, Mónica GarcÃa, Teté GarcÃa, César Goldi, Xoán Carlos Mejuto, Fernando Morán, Rodrigo Roel, Pepe Soto, AgustÃn Vega e Marcos Viéitez.
As entradas para as tres últimas funcións de As actas escuras en Santiago poden adquirirse ben por anticipado na billeteira electrónica da web www.caixagalicia.es e no teléfono 902 43 44 43, ben no despacho de billetes do Salón Teatro o venres e sábado de 18.30 a 20.30 horas e o domingo de 16.00 a 18.00 horas. O seu prezo é de 10 euros para venres e sábado (cun desconto do 40% para estudantes, xubilados, usuarios do carné xoven e desempregados) e de 5 euros para o domingo, dÃa do espectador.
Tivo lugar a xornada 'Deputados por un dÃa', na que os escolares galegos levaron ao hemiciclo as súas propostas para mellorar a sociedade. Os catro representantes dos colexios, un por provincia, compartiron na Cámara as súas reflexións sobre a convivencia, o tema arredor do que xira este curso o programa educativo Abraza tus valores, e a relación dos menores coas tecnoloxÃas. Participaron máis de 8.300 escolares de entre 4 e 12 anos de 83 centros públicos, concertados e privados de Galicia (Arquitecto Casas Novoa de Santiago, o CEIP Plurilingüe A Gándara, de Monforte de Lemos, o CEIP Plurilingüe Irmáns Villar, de Ourense e o CEIP Plurilingüe de Cerdeiriñas, de Piloño).
A actividade levada a cabo pola Axencia de Protección da Legalidade UrbanÃstica (APLU) para protexer o medio ambiente e o patrimonio natural e paisaxÃstico galego permitiu o pasado ano a reposición da legalidade en 121 actuacións en toda Galicia. Estas reposicións foron resultado do labor do equipo inspector do organismo adscrito á ConsellerÃa de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, e repartÃronse principalmente na provincia de Pontevedra, con 60 actuacións, seguida da Coruña con 30, Lugo con 21 e Ourense con 10.