
O esforzo negociador da Consellería de Economía e Industria da Xunta de Galicia e o Instituto Galego de Promoción Económica permitiu, despois dunha reunión de máis de tres horas, alcanzar un acordo coas entidades financieiras para o apoio ao plan de viabilidade da firma textil Montoto.
Así o indicou hoxe o conselleiro de Economia e Industria, Javier Guerra Fernández, quen engadiu que as entidades financieiras acudirán de inmediato ao xulgado para formalizar a súa sinatura e acadar así o levatamento do concurso de acreedores, que permitirá salvar un número moi importante de postos de traballo nun sector que o Goberno da Xunta de Galicia considera estratéxico, segundo apuntou o conselleiro.
Javier Guerra quere destacar que a firma textil Montoto é unha empresa acreditada para o futuro, tal e como demostran os últimos apoios do seu departamento, e mais concretamente do Igape e de Xesgalicia. O Consello da Xunta de Galicia autorizou recentemente a concesión de avais por importe máximo de 5,8 millóns de euros, no marco dunha operación que contribuirá a impulsar a continuidade da firma no futuro, ao facilitar o refinanciamento a 11 anos, con catro de carencia, da totalidade da débeda que a empresa tiña garantida polo Instituto dependente da Consellería de Economía e Industria.
Con esta medida de apoio financeiro, unida á recente concesión dun préstamo participativo por Xesgalicia de 1,35 millóns de euros, aprobado o pasado 4 de novembro e tamén destinado a apoiar o plan de viabilidade que Montoto ten en marcha, deuse un paso fundamental para que agora poida procederse ao levantamento do vixente concurso de acredores e clarexar así o futuro desta importante firma téxtil.
Co refinanciamento da débeda avalada polo Igape e o apoio aprobado por Xesgalicia déronse pasos significados, que hoxe fructificaron, no desenvolvemento do plan de viabilidade de Géneros de Punto Montoto que, xunto co refinanciamento de débedas, contempla accións como a adecuación do cadro de persoal, que poderá medrar de novo a medio prazo, a medida que aumente a actividade da empresa. O plan de viabilidade tamén contempla a reducción dos gastos operativos da empresa, xunto con accións comerciais encamiñadas a incorporar novas liñas de produto e mellorar as existentes.
A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.