Notas de prensa

Economía e Industria impulsa a recuperación do sector naval galego

O Conselleiro de Economía e Industria trasladou o apoio da Xunta ao sector, que coa mediación do Igape ten facilitado neste ano a concesión de préstamos bancarios á industria naval galega por importe de 12,6 millóns de euros.

O conselleiro de Economía e Industria, Javier Guerra, inaugurou a audiencia pública convocada polo Comité Económico e Social da Unión Europea para a elaboración do informe sobre a industria de construcción naval europea : “Afrontando a Crise Actual”, que organizou a Asociación Clúster do Naval Galego (Aclunaga).

A Comisión Consultiva das Transformacións Industriais (CCMI), organismo dependente do Comité Económico e Social Europeo (CESE), celebrou hoxe un encontro en Vigo cos principais representantes do sector naval galego para incluír as súas propostas no informe que este órgano consultivo da Unión Europea está a elaborar para asesorar ás institucións comunitarias no proceso de recuperación económica do sector naval.

Neste “hearing” ou audiencia pública, Guerra destacou ante os representantes do CCMI que a industria naval galega e as institucións públicas e privadas da comunidade “teñen moito que dicir e que aportar” ás políticas que se plantexan dende a Unión Europea orientadas á reactivación do sector naval.

O conselleiro salientou a importancia estratéxica que o naval ten para a Comunidade galega, para España e para o Continente Europeo, e lembrou que os estaleiros privados galegos representan o 70% da construcción naval española.

Ademais, o responsable da Consellería de Economía e Industria explicou que un dos principais atrancos aos que se está a enfrontar a industria naval galega reside na dificultade de acceso ao financiamento co que atender aos proxectos incluídos na súas carteiras de pedidos. Neste sentido, trasladou o apoio da Xunta ao sector, que coa mediación do Igape ten facilitado a concesión de prestamos bancarios á industria naval galega por importe de 12,6 millóns de euros, frente aos 9,8 millóns do pasado exercicio.

Neste sentido, tamén cómpre destacar que a Xunta ten investido recentemente 8 millóns de euros no Fondo Patrimonial da Asociación de Pequenos e Medianos Estaleiros Sociedade de Reconversión S.A, Pymar, coa finalidade de facilitar o acceso desta industria ás operacións de crédito que lles posibilitarán abordar novos contratos de construcción de naves e asegurar o emprego no sector naval.

Asemade, o Goberno galego, no marco do programa de apoio financeiro do Igape, autorizou 4.955 solicitudes de axuda no que vai de ano, que teñen posibilitado a concesión de préstamos bancarios que superan os 380 millóns de euros, para amparar ás empresas e industrias galegas. Un total de 2.860 destas solicitudes, coas que se facilitou a concesión de préstamos por importe de 319 millóns de euros, foron aprobadas no marco da liña acordada con entidades financeiras e as SGR para facilitar o financiamento de circulante, refinanciamento de pasivos ou ampliación de capital.

Estas cifras son superiores ás rexistradas o pasado ano, cando o número de solicitudes de apoio financeiro autorizadas descendeu a 1.558, coa concesión de préstamos bancarios por importe de 142 millóns, dos que só 5 millóns corresponderon á liña para financiamento do circulante. “Un balance que amosa que o compromiso da nova Xunta co apoio á reactivación económica das empresas e industrias galegas é unha realidade”, afirmou Guerra.

Para concluír, o conselleiro de Economía e Industria animou a todos os presentes a “continuar a traballar na liña de colaboración” marcada durante este encontro promovido polo Comité Económico e Social da Unión Europea, e trasladou o apoio da Xunta aos organismos e institucións europeas que están a “promover a participación activa de todos os que formamos Europa no desenvolvemento e a recuperación económica do continente”.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia, 2009-12-01

Actualidad

Foto del resto de noticias (filmoteca-galicia-202611.jpeg) A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
Foto de la tercera plana (veran.jpg) O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.

Notas

O 7 de novembro a ciencia sairá ao encontro da cidadanía coa primeira edición de 'Abastos de Ciencia', unha iniciativa da UDC que terá lugar no Mercado de San Agustín e combinará divulgación e experimentación a través de obradoiros participativos, mesas redondas e propostas gastronómicas e culturais. A iniciativa, enmarcada no proxecto InPacto, permitirá coñecer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos.
O grupo de investigación da USC De la Edad Media al Siglo de Quevedo, desenvolve en Santiago o Congreso Internacional 'De interpretatione: la traducción en los siglos XVI y XVII'. O obxectivo do encontro, os días 5 e 6 na Facultade de Filoloxía, consiste en presentar os resultados de investigacións arredor da tradución durante os séculos XVI e XVII, pero tamén reflexionar sobre posibles liñas de traballo para o futuro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES