Notas de prensa

Santiago de Compostela acollera a II Conferencia Sectorial de Cultura en 2010

Coincidindo coa celebración do Xacobeo e do Ano do Libro e da Lectura, ao que se destinarán máis de 3 millóns de euros, a capital de Galicia acolle en 2010 a segunda Conferencia Sectorial de Cultura que contribuirá a situar a Galicia no centro do debate intelectual e da interacción cultural.

O Pleno da Conferencia Sectorial de Cultura celebrado en Sevilla acordou que Santiago de Compostela albergará a reunión deste foro interterritorial en novembro de 2010. Con este acordo, confírmase a petición realizada polo conselleiro de Cultura e Turismo, Roberto Varela, na reunión de representantes autonómicos coa ministra de Cultura do pasado mes de xullo en Melilla.

Na súa intervención durante a Conferencia Sectorial de Sevilla, o conselleiro agradeceu o apoio á demanda realizada polo Goberno galego e solicitou a colaboración institucional do Ministerio e das Comunidades representadas para impulsar a celebración en Galicia do Ano Xacobeo e do Ano do Libro e da Lectura. Neste sentido, Roberto Varela declarou que 2010 será o “ano de Galicia, xa que a comunidade vai ser a principal referencia cultural e turística a nivel internacional”.

Asemade, o conselleiro adiantou que o Ano do Libro e da Lectura de Galicia contará cun respaldo orzamentario de 2.850.000 euros, cunha programación que inclúe proxectos de animación cultural, congresos e conmemoracións, actividades de promoción e difusión do libro, fomento da lectura e a escrita, así como iniciativas para a mellora da xestión pública do libro e as bibliotecas. Neste contexto, a celebración da segunda Conferencia Sectorial de 2010 en Santiago, tras a que se reunirá a principios de ano en Palma, contribuirá a situar a Galicia no centro do debate intelectual e da interacción cultural.

Proxectos tecnolóxicos

Na XII Reunión do Pleno da Conferencia Sectorial participaron a Ministra de Cultura, Ãngeles González-Sinde, e os representantes das 17 comunidades autónomas españolas para tratar temas relativos á presidencia española da Unión Europea no vindeiro ano, así como a posta en marcha de proxectos tecnolóxicos de promoción da cultura española.

Acordouse traballar na creación e habilitación de ferramentas web e novas tecnoloxías responde á necesidade de habilitar plataformas de colaboración institucional que permitan aos cidadáns acceder máis facilmente ás actividades culturais que realizan as entidades públicas e privadas, cumprindo tamén co compromiso da sociedade e das institucións de dar a coñecer o labor dos nosos creadores.

A este respecto, a Consellería de Cultura e Turismo apoiará a adhesión ao portal web España, destino cultural que integraría, neste novidoso almacén de datos, a información procedente do Ministerio de Cultura, das Comunidades Autónomas, dos Concellos e demais entidades públicas ou privadas tras a definición dos protocolos de colaboración adecuados. O proxecto, que entraría en funcionamento no segundo semestre de 2010, basearíase na creación dunha axenda cultural corporativa que permitirá a sincronización automática coas axendas das institucións relacionadas co mundo da cultura. Do mesmo xeito, contempla a implantación dun xerador de documentos á carta que posibilitará a redacción de documentos personalizados con datos do portal web a partir dos criterios propios de cada usuario: datas, temáticas do evento,... Con esta aplicación preténdese fomentar o turismo cultural, facilitando a organización de actividades e a planificación das viaxes por parte dos usuarios. Neste plan de actuacións, está prevista a edición dunha revista cultural en soporte dixital coa información das actividades culturais recollidos no portal web.

Nesta liña de colaboración, a Consellería de Cultura e Turismo analizará asemade a participación na Rede Dixital de Coleccións de Museos de España, que ten por obxectivo ampliar o acceso dos cidadáns e mellorar a difusión das coleccións destes centros mediante o desenvolvemento de actividades relacionadas coas novas tecnoloxías da información. O seu lanzamento está previsto para o comezo de 2010 e serán as Comunidades Autónomas as que decidan qué centros, públicos ou privados, se adherirán a esta Rede.

Gabinete de Comunicación da Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia, 2009-11-23

Actualidad

Foto del resto de noticias (20260608-parlamento.jpg) Tivo lugar a xornada 'Deputados por un día', na que os escolares galegos levaron ao hemiciclo as súas propostas para mellorar a sociedade. Os catro representantes dos colexios, un por provincia, compartiron na Cámara as súas reflexións sobre a convivencia, o tema arredor do que xira este curso o programa educativo Abraza tus valores, e a relación dos menores coas tecnoloxías. Participaron máis de 8.300 escolares de entre 4 e 12 anos de 83 centros públicos, concertados e privados de Galicia (Arquitecto Casas Novoa de Santiago, o CEIP Plurilingüe A Gándara, de Monforte de Lemos, o CEIP Plurilingüe Irmáns Villar, de Ourense e o CEIP Plurilingüe de Cerdeiriñas, de Piloño).
Foto de la tercera plana (vivenda-2023-02.jpg) A actividade levada a cabo pola Axencia de Protección da Legalidade Urbanística (APLU) para protexer o medio ambiente e o patrimonio natural e paisaxístico galego permitiu o pasado ano a reposición da legalidade en 121 actuacións en toda Galicia. Estas reposicións foron resultado do labor do equipo inspector do organismo adscrito á Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, e repartíronse principalmente na provincia de Pontevedra, con 60 actuacións, seguida da Coruña con 30, Lugo con 21 e Ourense con 10.

Notas

O XX aniversario do Festival Arteficial segue collendo forma de xeito inmellorable. Tras os encontros e concertos celebrados a finais de mayo na provincia de Ourense, a organización fai un balance extraordinario da acollida do público. Cidades e espazos singulares como Auriense, El Pueblo, Secret Bridge e, de forma moi especial, a Granxa D'Outeiro, foron as testemuñas do éxito absoluto destas presentacións.
Dar resposta aos retos derivados do envellecemento da poboación nas áreas rurais da fronteira entre España e Portugal é o obxectivo central do proxecto Activa Rural Transfronteirizo, no que participan 17 institucións e entidades destes dous países, entre as que se atopa a Universidade de Vigo.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES