
A SecretarÃa Xeral de PolÃtica LingüÃstica da ConsellerÃa de Educación e Ordenación Universitaria participa na Expolingua BerlÃn 2009, un dos maiores escaparates das linguas no mundo. Na súa vixésimo segunda edición, esta feira internacional das linguas conta cun total de 204 expositores, a través dos que están representados 31 paÃses.
A Xunta de Galicia conta cun expositor no que se lles ofrece información aos visitantes sobre os cursos de galego para os estranxeiros, sobre recursos e materiais en lingua galega que poden atopar no mercado e na rede ou acerca da historia e da situación actual do idioma. Asà mesmo, as persoas que se acheguen ao espazo de Galicia tamén poderán coñecer de preto o funcionamento e os programas de aprendizaxe que ofertan os centros de estudos galegos que funcionan nas universidades alemás de BerlÃn, Heidelberg, Tubinga e Kiel.
Numerosos escolares de diversos lugares están a visitar a Expolingua, un encontro que conta cunha asistencia media anual de 15.000 persoas. Expolingua está aberta ao público en xeral, en horario de 10:00 a 18:00 horas, malia que entre os seus visitantes se atopan, maioritariamente, estudantes, profesores, catedráticos, tradutores e intérpretes. Polo que atinxe aos expositores, participan desde administracións públicas ata universidades, escolas de idiomas, embaixadas, institutos de cultura, editoriais e fabricantes de software especializado na aprendizaxe e tradución asistida por ordenador, entre outros.
Actividades paralelas
A feira internacional de linguas de BerlÃn tamén lles ofrece aos visitantes a posibilidade de participar en obradoiros, presentacións, cursos de idiomas (na imaxe, participantes do curso de galego que tivo lugar hoxe pola mañá) e proxeccións de pelÃculas, entre outras actividades.
Promoción da diversidade lingüÃstica
As expolinguas constitúen espazos de encontro de diversas institucións lingüÃsticas de todo o mundo e mais entidades de formación en idiomas, cuxo obxectivo prioritario é o de favorecer o intercambio e a promoción da diversidade lingüÃstica, asà como dar a coñecer ferramentas e posibilidades de aprendizaxe aos visitantes.
Tivo lugar a xornada 'Deputados por un dÃa', na que os escolares galegos levaron ao hemiciclo as súas propostas para mellorar a sociedade. Os catro representantes dos colexios, un por provincia, compartiron na Cámara as súas reflexións sobre a convivencia, o tema arredor do que xira este curso o programa educativo Abraza tus valores, e a relación dos menores coas tecnoloxÃas. Participaron máis de 8.300 escolares de entre 4 e 12 anos de 83 centros públicos, concertados e privados de Galicia (Arquitecto Casas Novoa de Santiago, o CEIP Plurilingüe A Gándara, de Monforte de Lemos, o CEIP Plurilingüe Irmáns Villar, de Ourense e o CEIP Plurilingüe de Cerdeiriñas, de Piloño).
A actividade levada a cabo pola Axencia de Protección da Legalidade UrbanÃstica (APLU) para protexer o medio ambiente e o patrimonio natural e paisaxÃstico galego permitiu o pasado ano a reposición da legalidade en 121 actuacións en toda Galicia. Estas reposicións foron resultado do labor do equipo inspector do organismo adscrito á ConsellerÃa de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, e repartÃronse principalmente na provincia de Pontevedra, con 60 actuacións, seguida da Coruña con 30, Lugo con 21 e Ourense con 10.