Notas de prensa

O secretario xeral para o Deporte de la Xunta felicita aos irmáns Vallejo polo triunfo no Campeonato de España de Rallys

José Ramón Lete asegurou que este título é a demostración do gran nivel que ten o automobilismo galego. A Secretaría Xeral para o Deporte recibiu o Nupel Team.

O secretario xeral para o Deporte felicitou a Sergio Vallejo e a todo o seu equipo, o Nupel Team, polo seu triunfo no Campionato de España de rallys que cualificou como “un importante éxito do deporte galego. Unha demostración do potencial deportivo da nosa comunidade”.

José Ramón Lete Lasa recibiu aos compoñentes do Nupel Team na sede da Secretaría Xeral para ou Deporte onde a escodaría luguesa, que o próximo ano competirá no Mundial de rallys, acudiu co coche flamante de campión nacional e parte da súa estrutura, así como con Luís Moya que é o novo mánager da escuadra.

Sergio Vallejo e o seu irmán Diego lograron o título este ano logo de acaricialo a pasada tempada, “polo que este triunfo sabe moito mellor. É un motivo de orgullo para a nosa comunidade e un realce para os deportes de motor que en Galicia teñen moita importancia”.

O secretario xeral para o Deporte mostrou o orgullo de “poder contar cun potencial polideportivo tan importante como queda reflectido con éxitos como este título dos irmáns Vallejo”.

Durante o encontro, José Ramón Lete puido coñecer as características do Porsche co que o piloto lucense logrou o triunfo no Nacional. Así mesmo expresou o seu máximos desexos para que o Nupel Team continúe coa súa excelente traxectoria que desembocou na súa participación para o próximo Campionato do Mundo cun proxecto liderado por Luís Rodríguez Moya.

Gabinete de Comunicación da Secretaría Xeral para o Deporte de la Xunta de Galicia, 2009-11-11

Actualidad

Foto del resto de noticias (veran.jpg) O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur. De feito, destacan os altos rexistros acadados entre os días 9 e 15.
Foto de la tercera plana (vacinacion-2026-01.jpg) A Xunta de Galicia puxo en marcha a campaña de inmunización fronte á gripe e a COVID, que este ano incorpora como principais novidades a extensión da vacina antigripal de alta carga ás persoas de 65 a 69 anos e a ampliación do proxecto piloto de vacinación nos colexios a 75 centros educativos. O inicio oficial tivo lugar nun acto nas residencias de maiores e centros de discapacidade, o colectivo polo que arranca tradicionalmente a campaña debido á vulnerabilidade deste grupo fronte ás infeccións respiratorias.

Notas

O 7 de novembro a ciencia sairá ao encontro da cidadanía coa primeira edición de 'Abastos de Ciencia', unha iniciativa da UDC que terá lugar no Mercado de San Agustín e combinará divulgación e experimentación a través de obradoiros participativos, mesas redondas e propostas gastronómicas e culturais. A iniciativa, enmarcada no proxecto InPacto, permitirá coñecer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos.
O grupo de investigación da USC De la Edad Media al Siglo de Quevedo, desenvolve en Santiago o Congreso Internacional 'De interpretatione: la traducción en los siglos XVI y XVII'. O obxectivo do encontro, os días 5 e 6 na Facultade de Filoloxía, consiste en presentar os resultados de investigacións arredor da tradución durante os séculos XVI e XVII, pero tamén reflexionar sobre posibles liñas de traballo para o futuro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES