Notas de prensa

O Instituto Cervantes organizará en 2010 diversos cursos de galego

O secretario xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia visitou en Madrid a sede do Instituto Cervantes e a Casa de Galicia en Madrid co fin de promocionar os cursos Celga que acreditan o coñecemento en lingua e cultura galegas.

O secretario xeral de Política Lingüística, Anxo Lorenzo, visitou a sede do Instituto Cervantes en Madrid, onde se entrevistou con Francisco Moreno, director académico desta institución. Durante a reunión, ambos os responsables amosaron o seu interese en continuar co marco de colaboración entre Política Lingüística e a institución que preside Carmen Caffarel, dentro do que se van realizar diversas actividades sobre lingua e cultura galegas durante o próximo ano.

Anxo Lorenzo trasladoulle a Francisco Moreno o seu interese en que se impartan no Instituto Cervantes diversos cursos Celga, que acreditan o coñecemento en lingua galega, así como en ampliar a oferta de actividades de difusión da lingua e a cultura de Galicia.

Durante a súa estancia en Madrid, o secretario xeral de Política tamén se entrevistou co delegado da Xunta na capital espoñola José Ramón Ónega, quen lle amosou o seu interese pola posibilidade de que se imparta formación en lingua galega na Casa de Galicia en Madrid.

Finalmente, Anxo Lorenzo visitou a Oficina de las Lenguas Oficiales, do Ministerio de Política Territorial. Trátase dunha unidade de asistencia e apoio do Consejo de las Lenguas Oficiales que ten como obxectivos prioritarios o estudo, a promoción, o asesoramento e a constatación do uso das linguas oficiais nos servizos centrais e periféricos da Administración General do Estado.

Gabinete de Comunicación da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia, 2009-11-11

Actualidad

Foto del resto de noticias (20260608-parlamento.jpg) Tivo lugar a xornada 'Deputados por un día', na que os escolares galegos levaron ao hemiciclo as súas propostas para mellorar a sociedade. Os catro representantes dos colexios, un por provincia, compartiron na Cámara as súas reflexións sobre a convivencia, o tema arredor do que xira este curso o programa educativo Abraza tus valores, e a relación dos menores coas tecnoloxías. Participaron máis de 8.300 escolares de entre 4 e 12 anos de 83 centros públicos, concertados e privados de Galicia (Arquitecto Casas Novoa de Santiago, o CEIP Plurilingüe A Gándara, de Monforte de Lemos, o CEIP Plurilingüe Irmáns Villar, de Ourense e o CEIP Plurilingüe de Cerdeiriñas, de Piloño).
Foto de la tercera plana (vivenda-2023-02.jpg) A actividade levada a cabo pola Axencia de Protección da Legalidade Urbanística (APLU) para protexer o medio ambiente e o patrimonio natural e paisaxístico galego permitiu o pasado ano a reposición da legalidade en 121 actuacións en toda Galicia. Estas reposicións foron resultado do labor do equipo inspector do organismo adscrito á Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, e repartíronse principalmente na provincia de Pontevedra, con 60 actuacións, seguida da Coruña con 30, Lugo con 21 e Ourense con 10.

Notas

O XX aniversario do Festival Arteficial segue collendo forma de xeito inmellorable. Tras os encontros e concertos celebrados a finais de mayo na provincia de Ourense, a organización fai un balance extraordinario da acollida do público. Cidades e espazos singulares como Auriense, El Pueblo, Secret Bridge e, de forma moi especial, a Granxa D'Outeiro, foron as testemuñas do éxito absoluto destas presentacións.
Dar resposta aos retos derivados do envellecemento da poboación nas áreas rurais da fronteira entre España e Portugal é o obxectivo central do proxecto Activa Rural Transfronteirizo, no que participan 17 institucións e entidades destes dous países, entre as que se atopa a Universidade de Vigo.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES