
O fotógrafo Xosé Manuel Otero trae ao Edificio Multiusos da Xunta a súa colección “Elas”, incluÃda este ano no Outono Fotográfico, e que poderá ser visitada ata o 27 de novembro.
O Outono Fotográfico é un evento subvencionado pola Dirección Xeral de Xuventude, organizado pola Casa da Xuventude de Ourense pero que presenta exposicións en máis de 20 cidades e vilas das catro provincias galegas.
Otero forma parte do grupo fotocinematográfico Fonmiñá, que tradicionalmente colabora co Outono Fotográfico para traer a Lugo algunha das exposicións da mostra e que este ano logrou achegar a colección do fotógrafo taboadés.
A Delegación Territorial da Xunta colabora nesta exposición cedendo a sala do edificio administrativo, asà como na montaxe e difusión deste acontecemento cultural. A mostra poderá ser visitada en horario de mañá (9.00 a 14.00).
Na presentación da exposición participou o propio autor, acompañado polo responsable de Coordinación Administrativa da ConsellerÃa de Traballo e Benestar, Vicente Correa, asà como polo presidente e o vocal de fotografÃa do grupo Fonmiñá, Xulio Xiz e Eduardo RodrÃguez Ochoa, respectivamente.
Xosé Manuel Otero é un fotógrafo de formación autodidacta, traballa indistintamente en cor ou branco e negro, con inclinación cara aos temas paisaxÃsticos e os retratos. Ten realizado exposicións individuais na Sala Fonmiñá de Lugo dende 1997, e tamén participou nas edicións do Outono Fotográfico dos anos 1999 –cunha colección sobre a Ribeira Sacra que foi adquirida polo Museo Etnográfico de Ribadavia-, 2000 e 2003.
Elas é unha colección de 25 fotografÃas que teñen como denominador común a imaxe da muller, captada en diversas actitudes e dende distintas perspectivas.
Tivo lugar a xornada 'Deputados por un dÃa', na que os escolares galegos levaron ao hemiciclo as súas propostas para mellorar a sociedade. Os catro representantes dos colexios, un por provincia, compartiron na Cámara as súas reflexións sobre a convivencia, o tema arredor do que xira este curso o programa educativo Abraza tus valores, e a relación dos menores coas tecnoloxÃas. Participaron máis de 8.300 escolares de entre 4 e 12 anos de 83 centros públicos, concertados e privados de Galicia (Arquitecto Casas Novoa de Santiago, o CEIP Plurilingüe A Gándara, de Monforte de Lemos, o CEIP Plurilingüe Irmáns Villar, de Ourense e o CEIP Plurilingüe de Cerdeiriñas, de Piloño).
A actividade levada a cabo pola Axencia de Protección da Legalidade UrbanÃstica (APLU) para protexer o medio ambiente e o patrimonio natural e paisaxÃstico galego permitiu o pasado ano a reposición da legalidade en 121 actuacións en toda Galicia. Estas reposicións foron resultado do labor do equipo inspector do organismo adscrito á ConsellerÃa de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, e repartÃronse principalmente na provincia de Pontevedra, con 60 actuacións, seguida da Coruña con 30, Lugo con 21 e Ourense con 10.