A Deputación provincial de Ourense axudará económicamente ao axedrecista ourensán Iván Salgado, nun acordo mutuo de colaboración no que o xogador divulgará o nome e a imaxe da provincia de Ourense nos diferentes torneos nacionais e internacionais que dispute. O acordo foi acadado despois dunha reunión do propio axedrecista co Presidente da Deputación, José Luis Baltar, e co Vicepresidente e deputado de Xuventude e Deportes, Moisés Blanco.
Con tan so 18 anos, Iván Salgado ven de debutar coa selección española de axedrez participando no Campeonato de Europa de seleccións acadando a 6º posición, a mellor de toda a historia deste deporte para a selección nacional.
Iván Salgado tivo unha actuación brillante, acreditando un total de 2673 puntos FIDE e conseguindo 4 puntos en 6 partidas. A importancia desta puntuación indicanos que o situaría directamente no 49 lugar do ranking mundial.
Iván Salgado enfrontouse a un top 20 mundial, Alekseev. O ruso conseguíu finalmente unhas taboas milagrosas, despois de estar gran parte da partida rondando a derrota.
A selección española estivo integrada por Sirov, Vallejo, Illescas, López e Salgado.
A próximo reto do axedrecista ourensán é participar entre os días 11 e 23 de novembro no Campeonato Mundial Sub-18, en Kemer-Antalya (Turquía).
O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur. De feito, destacan os altos rexistros acadados entre os días 9 e 15.
A Xunta de Galicia puxo en marcha a campaña de inmunización fronte á gripe e a COVID, que este ano incorpora como principais novidades a extensión da vacina antigripal de alta carga ás persoas de 65 a 69 anos e a ampliación do proxecto piloto de vacinación nos colexios a 75 centros educativos. O inicio oficial tivo lugar nun acto nas residencias de maiores e centros de discapacidade, o colectivo polo que arranca tradicionalmente a campaña debido á vulnerabilidade deste grupo fronte ás infeccións respiratorias.