
A ministra de Ciencia e Innovación, Cristina Garmendia, asistiu en Santiago á inauguración oficial do Edificio Emprendia, emprazado no campus Sur da Universidade de Santiago (esquina da Avenida Mestre Mateo coa Estrada de San Lourenzo). O Edificio Emprendia é un centro de intercambio intensivo en investigación e innovación que acolle baixo o mesmo teito á universidade e á empresa.
O acto inaugural contou ademais coa presenza do presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo; do reitor Senén Barro; do conselleiro de Educación, Jesús Vázquez; do alcalde da cidade, Xosé A. Sánchez Bugallo; do secretario xeral de Universidades, Marius Rubiralta; e do presidente da Deputación de A Coruña, Salvador Fernández Moreda. Logo de descubrir unha placa conmemorativa na entrada principal do edificio, as autoridades participaron nun acto institucional e unha visita polo centro. Asistiu tamén o presidente de Banco Santander, Emilio BotÃn, que acudÃa a Santiago para asinar un convenio coa institución docente. Banco Santander, que xa apoia numerosas actividades da USC, farao tamén co funcionamento deste edificio.
Campus Vida
Localizado nunha área privilexiada a carón do Complexo Hospitalario Universitario e nun entorno cientÃfico que integra un abanico de centros de investigación que albergan a máis de 800 especialistas, o edificio Emprendia é clave na USC para cumprir coa súa misión de trasladar á sociedade os seus resultados de investigación fomentando a innovación e o emprendemento.
Emprendia forma parte de Campus Vida, iniciativa da USC recoñecida como Campus de Excelencia Internacional que mellorará a competitividade do ecosistema galego de innovación para proxectalo no seu entorno. Campus Vida aposta polas ciencias e tecnoloxÃas da vida, a transmisión e transferencia do coñecemento e o desenvolvemento tecnolóxico e a calidade de vida de quen alà traballe, estude ou simplemente o visite.
Vocación emprendedora
O Programa Uniemprende, que desde 1998 impulsa a vocación emprendedora entre os universitarios, centraliza en Emprendia as súas estruturas e ofrece, entre outros, os servizos das sociedades de capital risco Unirisco e Uninvest, a incubadora Uninova, unha Escola de Negocios ou a iniciativa Woman Emprende, definindo unha cadea de valor que vai desde a detección de ideas ao asesoramento en desenvolvemento de negocio, financiamento ou incubación.
Nas instalacións do edificio dáse tamén cobertura á cooperación con outras universidades con obxectivos similares no apoio ao emprendemento. AsÃ, alóxase a primeira oficina de Red Emprendia, unha Rede Universitaria Iberoamericana de Incubación de Empresas que impulsa actuacións destinadas a favorecer o fluxo de ideas entre Europa e Iberoamérica.
Ademais, as autoridades terán a oportunidade de visitar algunhas das empresas creadas ao abeiro da USC como os laboratorios da Plataforma Screening USEF de avaliación farmacolóxica de compostos, e Advancell, empresa de biotecnoloxÃa especializada en cultivos celulares e na que a USC entra no seu accionariado por cesión de patentes de nanomedicina.
Espazo para a cooperación
O edificio serve de acubillo a distintas experiencias, ofrecendo espazo a empresas en fase de despegue baseadas no coñecemento e o desenvolvemento tecnolóxico y a spin-off de grupos da USC. Ademais, as empresas xa consolidadas no mercado poden situar nel unidades de I+D+i para desenvolver liñas emerxentes do seu traballo nun espazo altamente equipado, sempre que exista un proxecto colaborativo con grupos de investigación ou axentes da universidade. Por último, existen dependencias destinadas á maduración e o desenvolvemento da viabilidade técnica e comercial de resultados dos grupos para dirixilos á industria e ao mercado.
Convenio con Banco Santander
Esta mesma tarde, o reitor Senén Barro e o presidente de Banco Santander, Emilio BotÃn, asinaron un convenio que impulsará novos proxectos como o Campus Vida e dará continuidade a outros como Uniemprende ou os programas de intercambio de persoal docente e investigador e de estudantes con paÃses iberoamericanos mediante o programa de Bolsas Universidade de Santiago-Banco Santander dirixidas á docencia de master universitarios e doutoramentos.
Parte da achega do banco destinarase a facilitar unha maior integración e uso das tecnoloxÃas da información e as comunicacións (TIC) no ámbito docente e da administración electrónica. As cátedras dedicadas á rexión iberoamericana da USC, o Plan de Desenvolvemento Sostible e as actividades de voluntariado tamén recibirán un impulso. Promoverase asà mesmo a divulgación cientÃfica en xeral, a dixitalización do fondo antigo e a promoción internacional da USC.
Por outra banda, Banco Santander seguirá emitindo a súa tarxeta universitaria intelixente (TUI), un servizo que ofrece á comunidade universitaria desde o ano 2000. Actualmente ten funcións moi destacadas como o pago en transporte público na cidade de Santiago e sinatura electrónica e descontos en 170 comercios locais. A USC serviu como embaixadora da TUI noutras universidades como o TEC de Monterrey e a de Guadalajara, de México.
A relación entre Banco Santander e a USC mantense desde 1999. O banco apoia á institución académica no desenvolvemento de distintas iniciativas a través da súa División Global Santander Universidades, cuxas actividades vertebran a acción social da entidade bancaria e lle permiten manter unha alianza estable con máis de 700 universidades e centros de investigación en América, España, China, Marrocos, Portugal, Reino Unido e Rusia.
Tivo lugar a xornada 'Deputados por un dÃa', na que os escolares galegos levaron ao hemiciclo as súas propostas para mellorar a sociedade. Os catro representantes dos colexios, un por provincia, compartiron na Cámara as súas reflexións sobre a convivencia, o tema arredor do que xira este curso o programa educativo Abraza tus valores, e a relación dos menores coas tecnoloxÃas. Participaron máis de 8.300 escolares de entre 4 e 12 anos de 83 centros públicos, concertados e privados de Galicia (Arquitecto Casas Novoa de Santiago, o CEIP Plurilingüe A Gándara, de Monforte de Lemos, o CEIP Plurilingüe Irmáns Villar, de Ourense e o CEIP Plurilingüe de Cerdeiriñas, de Piloño).
A actividade levada a cabo pola Axencia de Protección da Legalidade UrbanÃstica (APLU) para protexer o medio ambiente e o patrimonio natural e paisaxÃstico galego permitiu o pasado ano a reposición da legalidade en 121 actuacións en toda Galicia. Estas reposicións foron resultado do labor do equipo inspector do organismo adscrito á ConsellerÃa de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, e repartÃronse principalmente na provincia de Pontevedra, con 60 actuacións, seguida da Coruña con 30, Lugo con 21 e Ourense con 10.