
A S.A. de Xestión do Plan Xacobeo, adscrita á ConsellerÃa de Cultura e Turismo, publica na súa páxina web (http://blog.xacobeo.espatrocinio-de-congresos/) as bases e condicións do procedemento para o patrocinio de congresos, simposios, encontros, cursos e xornadas na Comunidade Autónoma de Galicia con motivo da celebración do Xacobeo 2010 e que estará revestido cunha partida orzamentaria de 1 millón de euros. A partir da publicación do procedemento que rexe as particularidades das solicitudes e do trámite, estas poderán ser presentadas desde mañá 3 de novembro de 2009 ata o esgotamento do crédito dispoñible que pechará a concesión de patrocinios.
Os congresos, simposios, encontros, cursos e xornadas que se desenvolvan durante o ano 2010 e opten a acadar subvención poderán proceder tanto de entidades públicas como privadas. Terán especial consideración aquelas propostas que supoñan novas aproximacións á temática xacobea e ao fenómeno das peregrinacións en calquera das súas posibles aproximacións: espiritual, cultural, relixiosa, patrimonial, mediambiental, gastronómica. Do mesmo xeito, valoraranse as solicitudes que potencien o carácter desestacionalizado e descentralizado da programación cultural do Xacobeo 2010 e aqueles congresos de alcance nacional e internacional de calquera ámbito profesional e investigador e temáticas actuais que, cunha ampla e contrastada participación, convoquen en Galicia a expertos e profesionais de recoñecido prestixio e proxección.
As solicitudes presentadas ante a Comisión de valoración creada a tal efecto deberán estar acompañadas do seu programa provisional; da campaña de promoción on line e off line asociada ao evento; información sobre publicacións previstas en relación co evento e previsión doutros soportes publicitarios; documentación sobre outros colaboradores e importe; ámbito territorial do evento; número e descripción de asistentes asà como a súa traxectoria profesional e/ou investigadora dos conferenciantes e relatores e, no seu caso, a súa proxección social.
Unha comisión de valoración creada a tal efecto decidirá a cantidade a achegar por parte da S.A. de Xestión do Plan Xacobeo en concepto de patrocinio, dependendo de factores como a difusión, interese ou número de participantes. A S.A. de Xestión do Plan Xacobeo poderá rexeitar aquelas solicitudes que non se adecúen aos obxectivos do Xacobeo 2010.
Dereitos e obrigas
Unha vez concedida a axuda, o patrocinado deberá cumprir con varias obrigas contempladas no procedemento. O beneficiario da achega fará constar os anagramas da S.A. de Xestión do Plan Xacobeo en todos os seus soportes, cun tamaño e visibilidade proporcional ao importe do patrocinio. Asemade, o patrocinado asumirá todos os gastos para a produción, instalación e mantemento de todos os soportes coa mensaxe publicitaria que en cada momento notifique a S.A. de Xestión do Plan Xacobeo.
Cun mÃnimo de trinta dÃas previos ao comezo do evento, a empresa promotora deberá presentar un informe actualizado que, no caso de conter diferenzas substanciais co primeiro, poderá repercutir nun axuste no importe da achega.
Tivo lugar a xornada 'Deputados por un dÃa', na que os escolares galegos levaron ao hemiciclo as súas propostas para mellorar a sociedade. Os catro representantes dos colexios, un por provincia, compartiron na Cámara as súas reflexións sobre a convivencia, o tema arredor do que xira este curso o programa educativo Abraza tus valores, e a relación dos menores coas tecnoloxÃas. Participaron máis de 8.300 escolares de entre 4 e 12 anos de 83 centros públicos, concertados e privados de Galicia (Arquitecto Casas Novoa de Santiago, o CEIP Plurilingüe A Gándara, de Monforte de Lemos, o CEIP Plurilingüe Irmáns Villar, de Ourense e o CEIP Plurilingüe de Cerdeiriñas, de Piloño).
A actividade levada a cabo pola Axencia de Protección da Legalidade UrbanÃstica (APLU) para protexer o medio ambiente e o patrimonio natural e paisaxÃstico galego permitiu o pasado ano a reposición da legalidade en 121 actuacións en toda Galicia. Estas reposicións foron resultado do labor do equipo inspector do organismo adscrito á ConsellerÃa de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, e repartÃronse principalmente na provincia de Pontevedra, con 60 actuacións, seguida da Coruña con 30, Lugo con 21 e Ourense con 10.