Notas de prensa

Lugo acolle entre o 9 e o 14 de novembro o Festival de Jazz

Do 9 ao 14 de novembro Lugo acolle o mellor jazz da esfera nacional, estatal e internacional con figuras de renome mundial como Kurt Elling ou Kenny Barron. O vicepresidente da Deputación ofreceu “o apoio da Ãrea de Cultura ao festival de jazz máis lonxevo de Galicia”.

Presentouse na sede da Fundación Caixa Galicia o XIX Festival de Jazz de Lugo, que terá lugar entre o 9 e o 14 de novembro, e cuxo programa é, segundo os organizadores “o de máis nivel e máis completo de todas as edicións anteriores”. No acto de presentación do XIX Festival de Jazz participaron, ademais de membros do colectivo organizador Asociación de Amigos do Jazz “Escobijazz”, o vicepresidente da Deputación de Lugo, o nacionalista Antón Bao, o xerente da Fundación Caixa Galicia en Lugo, Sinesio Pérez, o xefe territorial da Consellaría de Cultura e Turismo da Xunta de Galiza, José Carlos Rodríguez Andina, e a concelleira de Muller e Benestar Social de Lugo, Carmen Basadre.

O vicepresidente da Deputación, Antón Bao, eloxiou o traballo dos organizadores “á hora de confeccionar un cartel tan completo e de tan alto nivel, que consegue traer para todos e todas as lucenses cada ano a músicos de prestixio internacional”. Bao ratificou o compromiso da Ãrea de Cultura da Deputación para apoiar “o festival de Jazz máis lonxevo de Galiza, con 19 edicións ás costas”, e garantiu o seu respaldo de cara ao ano que vén, na súa vixésima edición, celebrar o aniversario con artistas da calidade que merece a ocasión. Antón Bao, ademais, manifestou que “desde a Ãrea de Cultura estamos dobremente satisfeitos por darlle o noso apoio a proxectos como este xa que cumpre con dous obxectivos que nos marcamos desde a nosa entrada no goberno da Deputación: dunha banda ofrecer ao público lucense una oferta cultural gratuíta que chegue ao maior número de persoas e promover iniciativas que fomenten o desenvolvemento cultural desde a base, obxectivo este último que o Festival de Jazz de Lugo cumpre ao dar a oportunidade de subir a un escenario e progresar na súa carreira musical a incipientes figuras do jazz galego.

Os organizadores, pola súa banda, lembraron que todas as actuacións programadas nos dous escenarios principais, o Círculo das Artes e a sede da Fundación Caixa Galicia son de entrada gratuíta, polo que agardan que o poder de convocatoria desta citas musicais sexa moi alta. Tamén fixeron fincapé en que, malia que o orzamento para o Festival de Jazz de este ano se reduciu considerabelmente, nuns 30.000 euros ata estabelecerse nos 60.000 euros finais, a calidade do mesmo non se resentiu nin o máis mínimo. Isto conseguiuse, segundo explicaron membros de “Escobijazz”, grazas a comezar a traballar coas axendas dos músicos e produtoras hai case un ano e permanecer até o último momento, baixando os artistas o prezo do caché, á espera de pechar algunha das actuacións.

Vítor Otero (xefe de Gabinete da Vicepresidencia 1ª da Deputación Provincial de Lugo), 2009-11-02

Actualidad

Foto del resto de noticias (20260608-parlamento.jpg) Tivo lugar a xornada 'Deputados por un día', na que os escolares galegos levaron ao hemiciclo as súas propostas para mellorar a sociedade. Os catro representantes dos colexios, un por provincia, compartiron na Cámara as súas reflexións sobre a convivencia, o tema arredor do que xira este curso o programa educativo Abraza tus valores, e a relación dos menores coas tecnoloxías. Participaron máis de 8.300 escolares de entre 4 e 12 anos de 83 centros públicos, concertados e privados de Galicia (Arquitecto Casas Novoa de Santiago, o CEIP Plurilingüe A Gándara, de Monforte de Lemos, o CEIP Plurilingüe Irmáns Villar, de Ourense e o CEIP Plurilingüe de Cerdeiriñas, de Piloño).
Foto de la tercera plana (vivenda-2023-02.jpg) A actividade levada a cabo pola Axencia de Protección da Legalidade Urbanística (APLU) para protexer o medio ambiente e o patrimonio natural e paisaxístico galego permitiu o pasado ano a reposición da legalidade en 121 actuacións en toda Galicia. Estas reposicións foron resultado do labor do equipo inspector do organismo adscrito á Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, e repartíronse principalmente na provincia de Pontevedra, con 60 actuacións, seguida da Coruña con 30, Lugo con 21 e Ourense con 10.

Notas

O XX aniversario do Festival Arteficial segue collendo forma de xeito inmellorable. Tras os encontros e concertos celebrados a finais de mayo na provincia de Ourense, a organización fai un balance extraordinario da acollida do público. Cidades e espazos singulares como Auriense, El Pueblo, Secret Bridge e, de forma moi especial, a Granxa D'Outeiro, foron as testemuñas do éxito absoluto destas presentacións.
Dar resposta aos retos derivados do envellecemento da poboación nas áreas rurais da fronteira entre España e Portugal é o obxectivo central do proxecto Activa Rural Transfronteirizo, no que participan 17 institucións e entidades destes dous países, entre as que se atopa a Universidade de Vigo.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES