Notas de prensa

Ternera Gallega celebra o seu 20º aniversario como selo de calidade gastronómica

O presidente da Xunta asistiu á conmemoración do 20º aniversario de Ternera Galega da que di é un selo identificado en todo o mundo coa calidade, “un espello onde querería mirarse boa parte do sector primario non só da nosa terra, senón de todo o continente”.

O presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, felicitou a Ternera Gallega polo seu XX aniversario e apuntou á unidade de sociedade civil e política como unha das razóns do seu éxito. “Para chegar ao momento actual, -dixo- foi necesario un intenso traballo colectivo; celebro que tiveramos unha visión global para dar a Ternera Gallega todo o esplendor co que conta e agardo que ese espírito nos inspire no futuro xa que, sumando esforzos é como se sirve ao interese xeral”.

Para Feijóo, a mesma celebración deste vinte aniversario dá fe da dobre insignia que acompaña, desde sempre, a Ternera Gallega: “a filosofía de renovación e mellora continua, amosada desde o primeiro día e, en segundo lugar, o compromiso coa terra”.

Por estas e outras razóns, o mandatario galego asegurou que Ternera Gallega é arestora un selo identificado en todo o mundo coa calidade, “un espello onde querería mirarse boa parte do sector primario non só da nosa terra, senón de todo o continente; o privilexiado reflexo, o sinal identificador da capacidade da mellora que, con moito traballo e axeitadas directrices, poden servirnos a todos de modelo”.

Neste camiño percorrido, Feijóo lembrou o momento no que a Unión Europea lle outorgou a Ternera Gallega o primeiro certificado de garantía de ámbito comunitario para a carne de vacún. “Todo un motivo de orgullo –afirmou- para cada un dos produtores amparados pola Indicación Xeográfica Protexida Ternera Gallega; e un motivo de orgullo para toda Galicia”.

Feijóo asegurou que neste momento de crise, a dura competencia e a multiplicidade da oferta, cada vez máis globalizada, deixará fóra da carreira a moitos produtores agrogandeiros, “pero as máis de seis mil explotacións, entre ganderías e cebadeiros, amparadas baixo a Indicación, sen dúbida poderán afrontar o reto do futuro e da internacionalización con mellores perspectivas cás doutros que non quixeron, non puideron, ou non souberon encetar o camiño da excelencia”.

Por último, o xefe do executivo galego afirmou que estes vinte anos son tamén unha herdanza que deixar aos que veñan pulando detrás, “e un facho co que iluminar o camiño doutros que, no propio sector primario galego, loitan agora por demostrar a excelente calidade dos produtos da nosa terra”.



Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia, 2009-10-30

Actualidad

Foto del resto de noticias (filmoteca-galicia-202611.jpeg) A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
Foto de la tercera plana (veran.jpg) O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.

Notas

O 7 de novembro a ciencia sairá ao encontro da cidadanía coa primeira edición de 'Abastos de Ciencia', unha iniciativa da UDC que terá lugar no Mercado de San Agustín e combinará divulgación e experimentación a través de obradoiros participativos, mesas redondas e propostas gastronómicas e culturais. A iniciativa, enmarcada no proxecto InPacto, permitirá coñecer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos.
O grupo de investigación da USC De la Edad Media al Siglo de Quevedo, desenvolve en Santiago o Congreso Internacional 'De interpretatione: la traducción en los siglos XVI y XVII'. O obxectivo do encontro, os días 5 e 6 na Facultade de Filoloxía, consiste en presentar os resultados de investigacións arredor da tradución durante os séculos XVI e XVII, pero tamén reflexionar sobre posibles liñas de traballo para o futuro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES