Notas de prensa

Asinado o Plan de Competitividade Turística de Vigo por un importe de casi catro millóns de euros

A Consellería de Cultura e Turismo, Turespaña, o Concello de Vigo e a Federación Provincial de Hostalería de Pontevedra, asinaron o convenio do plan de competitividade co obxectivo de acadar innovación, calidade, sostibilidade e competitividade turística.

O Museo de Arte Contemporánea de Vigo (MARCO) acolleu a sinatura do convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura e Turismo, o Instituto de Turismo de España (Turespaña), o Concello de Vigo e a Federación Provincial de Hostelería de Pontevedra, para o desenvolvemento do Plan de Competitividade Turística de Vigo, Turismo Urbano e de Ría por un importe total de 3.900.000 euros.

No acto de sinatura estiveron presentes a delegada Territorial da Xunta de Galicia en Vigo, Lucía Molares; a Secretaria Xeral para o Turismo, Carmen Pardo; José Manuel Magaz Ledo, presidente da Federación Provincial de Empresarios de Hostelería de Pontevedra (FEPROHOS) ; o teniente alcalde de Vigo, Santiago Domínguez e o director xeral de Turespaña, Antonio Bernabé.

En total, a Xunta de Galicia, Turespaña e o Concello de Vigo destinarán a mesma contía de 1.300.000 euros. De xeito detallado a Xunta de Galicia achegará 300.000 euros no ano 2009, 500.000 euros no ano 2010 e 500.000 euros no ano 2011. Do mesmo xeito Turespaña aportará ao convenio 758.145 euros no ano 2009, 400.000 euros no ano 2010 e 141.855 no ano 2011. En última instancia o Concello de Vigo aporta 100.000 euros para o 2009, 600.000 para o 2010 e 600.000 para o 2011. O Instituto de Turismo de España, ademais de aportar o montante da súa achega, deberá xustificar documentalmente os seus fondos e presentar cada ano, unha memoria xeral, informes de actuación, informes de prensa, informes do interventor e certificados sobre a realización das actuacións. No tocante á Consellería de Cultura e Turismo, esta deberá tamén xustificar documentalmente as súas achegas, presentar unha memoria xeral, un dossier de prensa e un certificado da realización das actuacións.

Para lograr unha boa execución do Plan de Competitividade crease unha Comisión de Seguimento sen personalidade xurídica formada por representantes de Turespaña, da Secretaría Xeral para o Turismo, do Concello de Vigo e da Federación Provincial de Empresarios de Hostalería de Pontevedra. A Comisión de Seguimento será a encargada de funcións como a eliminación ou aprobación de novas actuacións, programación, resolución de problemas de interpretación do convenio ou autorizar e supervisar o labor da xerencia, dedicada a impulsar, difundir, coordinar e efectuar propostas sobre as actuacións do Plan e solicitar a documentación para a xustificación das actuacións. O convenio asinado terá unha duración de tres anos contemplando a posibilidade de que a duración poida estenderse ata o termo final das actuacións. O prazo para a execución e xustificación das actuacións de cada unha das anualidades do Plan será dun ano.

Este convenio entre as 4 institucións, Consellería, Turespaña, Concello e Federación de Hostelería de Pontevedra, ten como obxectivos son aumentar a demanda e a internacionalización do turismo do destino Vigo, así como a consolidación do emprego nos servizos complementarios, a diminución da temporalidade e a mellora da calidade do emprego.

A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Cultura e Turismo apoia este convenio coa finalidade de mellorar a situación turística da Comunidade Autónoma, a través de diferentes actuacións como a promoción de planes, programas e normas para a modernización e adecuación da industria turística ás tendencias da demanda. Con este convenio a cidade de Vigo recibirá o impulso necesario para situar á cidade olívica como destino turístico de referencia en Galicia.

Actuacións do Plan de Competitividade

As actuacións do plan divídense en áreas: de planificación; de administración, de marketing; de comercialización; de capital humano ou de integración de produto. Do mesmo xeito, as accións que integran estas actuacións subdivídense en tres anualidades. Para esta primeira anualidade pódense destacar entre as diferentes áreas a creación dun observatorio turístico e de traballo en rede ou a captación de inversións para o produto turismo urbano, dentro da área de planificación. Dentro da área de administración contémplase a creación dun ente xestor do Turismo de Vigo, entre outras accións; dentro da área de calidade prográmanse accións como a creación do clube de calidade de servizos náuticos; dentro da área de marketing inclúese a elaboración dun plan de marketing estratéxico ou accións de promoción do produto turismo urbano de Vigo. Así mesmo, nesta primeira anualidade está previsto facer foros de competitividade; misións de benchmarking ou accións de formación de persoal turístico. A área de integración do produto contempla, ademais, accións de potenciación do sector náutico e das actividades da Ría.

Plan de Competitividade Vigo: Turismo Urbano e de Ría

O Plan de Competitividade Turística de Vigo, Turismo Urbano e de Ría atópase encadrado dentro do Plan do Turismo Español Horizonte 2020 e contempla actuacións en sete áreas de actuación: planificación, administración, calidade, marketing, comercialización, capital humano e integración de produto.

O Plan del Turismo Español Horizonte 2020 ten como obxectivo principal que no ano 2020 o sistema turístico español sexa o máis competitivo e sostible, aportando o máximo benestar social. Este proxecto turístico busca revalorizar aqueles recurso que fomenten o equilibrio socio-territorial do turismo, creando novas categorías do produto capaces de operar todo o ano sobre a base da diferenciación e especialización dos destinos turísticos.

Vigo era a última das grandes cidades galegas que non contaba cun plan de desenvolvemento turístico. Os PCT son unha iniciativa da Secretaría General de Turismo do Ministerio de Industria, Turismo e Comercio que busca a implicación e colaboración de das administracións a todos os niveis no desenvolvemento turístico dos territorios. A Consellería de Cultura e Turismo a través da Secretaría Xeral para o Turismo manifesta co seu apoio ao desenvolvemento deste plan a súa intención de apostar por Vigo como un destino turístico de primeira orde cun gran potencial no subsector do turismo urbano.


Gabinete de Comunicación da Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia, 2009-10-29

Actualidad

Foto del resto de noticias (filmoteca-galicia-202611.jpeg) A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
Foto de la tercera plana (veran.jpg) O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.

Notas

O 7 de novembro a ciencia sairá ao encontro da cidadanía coa primeira edición de 'Abastos de Ciencia', unha iniciativa da UDC que terá lugar no Mercado de San Agustín e combinará divulgación e experimentación a través de obradoiros participativos, mesas redondas e propostas gastronómicas e culturais. A iniciativa, enmarcada no proxecto InPacto, permitirá coñecer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos.
O grupo de investigación da USC De la Edad Media al Siglo de Quevedo, desenvolve en Santiago o Congreso Internacional 'De interpretatione: la traducción en los siglos XVI y XVII'. O obxectivo do encontro, os días 5 e 6 na Facultade de Filoloxía, consiste en presentar os resultados de investigacións arredor da tradución durante os séculos XVI e XVII, pero tamén reflexionar sobre posibles liñas de traballo para o futuro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES