Notas de prensa

Gómez Besteiro entrega o proxecto do Centro de Recría en Castro de Rei ao que se lle adicarán 10 millóns de euros

O Executivo galego debe darlle permiso a Deputación provincial para que as obras poidan comezar no primeiro semestre do 2010. O Presidente do organismo provincial espera que a Xunta de Galicia actúe con celeridade.

O Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, acompañado polo Deputado de Gandeiría, José María Arias, fixo entrega do proxecto do Centro de Recría da Granxa Gayoso-Castro ao alcalde desta localidade, Juan José Díaz Valiño, para que o Concello lle dea a correspondente licenza de obra.

Unha vez que o documento sexa estudado polos arquitectos e se realice un informe xurídico, a Corporación Municipal daralle o visto e prace ao proxecto en Xunta de Goberno. A continuación, o Concello de Castro de Rei trasladarallo de forma urxente ao departamento de urbanismo da Administración autonómica para obter o permiso necesario e se inicien as obras.

O titular do organismo provincial explicou que “a Deputación cumpre coa súa palabra, e fai entrega do proxecto do Centro de Recría da Granxa Gayoso-Castro ao Concello para que teña todas as bendicións legais. Hoxe pechamos un ciclo e axilizamos a posta en marcha do que vai ser o primeiro centro de recría público de España”.

Pola súa banda, Juan José Díaz Valiño subliñou que “o Concello aprobará de forma urxente o proxecto debido a repercusión que a iniciativa da Deputación ten no sector gandeiro. Esta é unha idea do organismo provincial que recolle o sentir dos gandeiros e que contribuirá a crear postos de traballo, e a devolver a confianza dun sector moi perxudicado pola crise”.

A Xunta de Galicia deberá tamén darlle o visto e prace ao documento, despois de que o fago a Corporación municipal de Castro, para que as obras se inicien no prazo previsto, no primeiro semestre do 2010.

Un proxecto conxunto

O titular do organismo provincial salientou que a Deputación “confía no apoio de outras administracións no que é, sen dúbida, o proxecto gandeiro máis revolucionario levado a cabo nas últimas décadas. No momento de crise estamos a vivir ninguén sobra. Ao organismo provincial non lle preocupa compartir, porque esta iniciativa está chea de ilusión e confianza, vai máis alá da provincia e por iso debe ser un proxecto conxunto”.

Neste senso, o máximo mandatario provincial incidiu en que “a Xunta de Galicia coñece o proxecto porque eu mismo llo presentei ao Presidente da Comunidade durante o noso encontro. Agora, só agardo que o Goberno galego teña en conta a súa magnitude e se involucre”.

O Ministerio de Medio Rural está a estudar as posibles vías de apoio ao igual que o fan cooperativas, sindicatos agrarios, empresas e gandeiros. Galicia conta con 14.000 explotacións gandeiras, 6.000 delas na provincia de Lugo, e das que viven directa ou indirectamente 500.000 galegos.

Aposta pola sector agrogandeiro

O máximo mandatario provincial destacou a aposta da Deputación polo sector agrogandeiro e indiciu en que “o leite é para Lugo como a Citroen para Vigo, polo que este proxecto sairá adiante si ou si”.

O Centro de Recría de Gayoso-Castro ocupará unha superficie superior a 7 heztáreas, uns 5 campos de fútbol, dos que 68.000 metros cadrados serán de nova urbanización, que se unirán aos 4.000 existentes. O presuposto adicado para estas actuacións ascende finalmente aos 10 millóns de euros.

Na actualidade, a Comunidade conta con 14 pequenos centros con capacidade para atender a unhas 1.000 cabezas cando só na provincia de Lugo se crían arredor de 80.000 novillas. Ante esta situación, os gandeiros envían aos animais fóra de Galicia, concretamente a Zaragoza, onde se recrían unhas 4.000 novillas, o que supón un volume de negocio duns 8 millóns de euros.

500.000 euros menos en gastos

Manter os animais dous anos en Zaragoza cústalles aos gandeiros 1.500 euros por cabeza. Só na provincia de Lugo estanse a enviar unhas 1.800 reses polo que, a posta en marcha do Centro de Recría da Granxa Gayoso-Castro reducirá en más de 500.000 euros ao ano a partida económica que as granxas lucenses adican a renovación do gando.

Mellora Xenética e Formación

A Granxa Gayoso-Castro conta con 331 animais de especie bovina destinados á produción láctea. Unha das liñas estratéxicas será a mellora xenética e a formación, a través da colaboración coas facultades de Veterinaria e Politécnica do campus lugués. Da mesma forma, formarase a equipos de sustitución que melloren a calidade de vida dos gandeiros, xa que un dos problemas que teñen hoxe en día é dispoñer de días libres. Outra das prioridades é conseguir a distinción de calidade, o que obriga a realizar unha selección sanitaria de todos os animais para que cumpran os requisitos dun ente público.

Gabinete de Comunicación da Deputación Provincial de Lugo, 2009-10-21

Actualidad

Foto del resto de noticias (filmoteca-galicia-202611.jpeg) A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
Foto de la tercera plana (veran.jpg) O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.

Notas

O 7 de novembro a ciencia sairá ao encontro da cidadanía coa primeira edición de 'Abastos de Ciencia', unha iniciativa da UDC que terá lugar no Mercado de San Agustín e combinará divulgación e experimentación a través de obradoiros participativos, mesas redondas e propostas gastronómicas e culturais. A iniciativa, enmarcada no proxecto InPacto, permitirá coñecer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos.
O grupo de investigación da USC De la Edad Media al Siglo de Quevedo, desenvolve en Santiago o Congreso Internacional 'De interpretatione: la traducción en los siglos XVI y XVII'. O obxectivo do encontro, os días 5 e 6 na Facultade de Filoloxía, consiste en presentar os resultados de investigacións arredor da tradución durante os séculos XVI e XVII, pero tamén reflexionar sobre posibles liñas de traballo para o futuro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES