Notas de prensa

Política Lingüística facilita a dobraxe ao galego dun novo DVD de Shin Chan

Trátase do DVD Shin Chan, 3 minutos para salvar o mundo, que se porá á venda nas principais cadeas comerciais de Galicia. Próximamente tamén sairá ao mercado a última entrega de Doraemon en galego.

O último título en galego de Shin Chan, a serie de animación infantil que protagoniza o rebuldeiro Shinnosuke, estará á venda nas principais cadeas comerciais de Galicia. Grazas á colaboración da Secretaría Xeral de Política Lingüística, os nenos e nenas galegos poderán gozar dunha nova aventura da familia Nohara en galego, lingua na que se popularizou esta exitosa serie infantil na comunidade. Ademais da dobrada ao galego, a cinta tamén ofrece unha versión en castelán, en catalán e en éuscaro.

Salvagardar o mundo do ataque dos monstros

Neste novo título, “Shin Chan, 3 minutos para salvar o mundo”, o pequeno fervellasverzas terá que enfrontarse a numerosos monstros que intentarán ameazar o equilibrio do planeta. O ataque destes monstros espertará a sede de xustiza de Shinnosuke e a súa familia, que intentarán devolver o mundo á normalidade. Para conseguir superar a proba con éxito, Shin Chan, acompañado polos seus amigos, emulará os seus heroes preferidos: o Porquiño Pirata, Ultraheroe e mais Súper-Robot.

Unha aposta pola dobraxe e a oferta de lecer infantil en galego
O vindeiro mes de novembro está previsto que vexa a luz o DVD co novo título en galego da serie infantil Doraemon. Recentemente, o departamento da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria que dirixe Anxo Lorenzo tamén facilitou a dobraxe ao galego dos títulos “Doraemon. Odisea no espazo” e mais “Shin Chan. A guerra dos balnearios”, que saíron á venda o pasado mes de xuño.

A Secretaría Xeral de Política Lingüística promove estas dobraxes ao galego co obxectivo de contribuír a ampliar a oferta no idioma propio dos produtos de lecer de maior éxito no mercado. A oferta de filmes en lingua galega pode consultarse na web en www.xunta.es/linguagalega/cine_en_galego.

Gabinete de Comunicación da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia, 2009-10-20

Actualidad

Foto del resto de noticias (20260608-parlamento.jpg) Tivo lugar a xornada 'Deputados por un día', na que os escolares galegos levaron ao hemiciclo as súas propostas para mellorar a sociedade. Os catro representantes dos colexios, un por provincia, compartiron na Cámara as súas reflexións sobre a convivencia, o tema arredor do que xira este curso o programa educativo Abraza tus valores, e a relación dos menores coas tecnoloxías. Participaron máis de 8.300 escolares de entre 4 e 12 anos de 83 centros públicos, concertados e privados de Galicia (Arquitecto Casas Novoa de Santiago, o CEIP Plurilingüe A Gándara, de Monforte de Lemos, o CEIP Plurilingüe Irmáns Villar, de Ourense e o CEIP Plurilingüe de Cerdeiriñas, de Piloño).
Foto de la tercera plana (vivenda-2023-02.jpg) A actividade levada a cabo pola Axencia de Protección da Legalidade Urbanística (APLU) para protexer o medio ambiente e o patrimonio natural e paisaxístico galego permitiu o pasado ano a reposición da legalidade en 121 actuacións en toda Galicia. Estas reposicións foron resultado do labor do equipo inspector do organismo adscrito á Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, e repartíronse principalmente na provincia de Pontevedra, con 60 actuacións, seguida da Coruña con 30, Lugo con 21 e Ourense con 10.

Notas

O XX aniversario do Festival Arteficial segue collendo forma de xeito inmellorable. Tras os encontros e concertos celebrados a finais de mayo na provincia de Ourense, a organización fai un balance extraordinario da acollida do público. Cidades e espazos singulares como Auriense, El Pueblo, Secret Bridge e, de forma moi especial, a Granxa D'Outeiro, foron as testemuñas do éxito absoluto destas presentacións.
Dar resposta aos retos derivados do envellecemento da poboación nas áreas rurais da fronteira entre España e Portugal é o obxectivo central do proxecto Activa Rural Transfronteirizo, no que participan 17 institucións e entidades destes dous países, entre as que se atopa a Universidade de Vigo.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES