Notas de prensa

O Igape avala con case 4 millóns de euros a dúas empresas do sector do mar

O Igape avala con garantías por importe de 3,97 millóns de euros ás empresas do sector do mar Conservas Selectas Mar de Couso e Álvarez e Hijos. Ambas ocupan a 89 traballadores da comarca de Ribeira.

O consello de dirección do Igape decidiu apoiar con garantías por importe de 3,97 millóns de euros os plans de restruturación e viabilidade impulsados polas empresas Conservas Selectas Mar de Couso e Álvarez e hijos, S.A., ambas con sé en Santa Uxía de Ribeira e ligadas ao sector do Mar e Podutos Transformados, un dos sectores estratéxicos para o desenvolvemento de Galicia.

Mediante un aval por importe máximo de 2.775.000 millóns de euros, o Instituto dependente da Consellería de Economía e Industria garantirá o 37,50% do principal dun préstamo bancario por importe de 7,4 millóns de euros que Conservas Selectas Mar de Couso, cun cadro de persoal composto por 39 traballadores, destinará a refinanciamento de débedas e financiamento de circulante.

Mar de Couso fabrica e comercializa desde Ribeira (A Coruña) unha ampla gama de produtos posicionados no segmento alto do sector conserveiro pola calidade das materias primas utilizadas e polo proceso artesanal durante a limpeza e empacado. A marca comercializa o 80% da súa producción baixo a marca Mar de Couso, e exporta a países como Suíza e Italia e, desde principios deste ano dispón dunha oficina na zona franca de Dubai, co obxecto de expandirse a Oriente Medio

O aval concedido a Álvarez e Hijos, por importe máximo de 1,2 millóns de euros, está destinado a garantir o 60% do principal dun préstamo de 2 millóns de euros igualmente destinado a refinanciamento de pasivos e financiamento de circulante. Esta empresa familiar dedicada á pesca extractiva emprega a 50 traballadores.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia, 2009-10-20

Actualidad

Foto del resto de noticias (filmoteca-galicia-202611.jpeg) A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
Foto de la tercera plana (veran.jpg) O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.

Notas

O 7 de novembro a ciencia sairá ao encontro da cidadanía coa primeira edición de 'Abastos de Ciencia', unha iniciativa da UDC que terá lugar no Mercado de San Agustín e combinará divulgación e experimentación a través de obradoiros participativos, mesas redondas e propostas gastronómicas e culturais. A iniciativa, enmarcada no proxecto InPacto, permitirá coñecer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos.
O grupo de investigación da USC De la Edad Media al Siglo de Quevedo, desenvolve en Santiago o Congreso Internacional 'De interpretatione: la traducción en los siglos XVI y XVII'. O obxectivo do encontro, os días 5 e 6 na Facultade de Filoloxía, consiste en presentar os resultados de investigacións arredor da tradución durante os séculos XVI e XVII, pero tamén reflexionar sobre posibles liñas de traballo para o futuro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES