
A concelleira de Cultura, Mercedes Carbajales, anunciou o regreso do ciclo Novas Noites. Unha proposta innovadora para as noites dos xoves coa que a Capela do Centro Cultural Torrente Ballester se transforma nun café-concerto no que as mesas e cadeiras sustitúen ás filas de butacas. Xunto a unha improvisada barra de bar, o público poderá disfrutar dunha oferta variada e alternativa que, no mes de outubro, estará cargada de blues, cabaré, novo tango, pop indie ou novo folk. Co seu espectáculo Homenaxe a Piazzolla, Tiempo Cuatro será o encargado de inaugurar o ciclo o xoves, 1 de outubro, a partires das 22 horas. Un horario que se manterá invariable durante todas as sesións. O mesmo que o prezo das entradas: a cinco euros. No caso de mercar o bono para cinco funcións o prezo se reduce ata os 3 euros por sesión. ¿Para mercar os tickets? No Punto de Información Cultural (PIC) do Teatro Jofre ou chamando ao teléfono 981. 944244. O dÃa do concerto tamén se poderán adquirir no propio centro Torrente Ballester.
Esta será a oferta de Novas Noites para o mes de outubro:
1 de outubro. Tiempo Cuatro, co seu espectáculo de novo tango “Homenaxe a Piazzolla”. Este grupo nace como seminario de traballo no ano 2002 para profundizar no tango instrumental contemporáneo de Astor Piazzolla. Está constituÃdo por catro músicos de sólida formación académica e dilatada experiencia artÃstica. A fusión de estilos é o rasgo distintitivo e queda de manifesto na utilización de formas clásicas con outras máis evolucionadas. Estas misturas xeneran, contraditoriamente, un equilibrio musical que se traduce na concepción de Astor Piazzolla como Novo Tango.
8 de outubro. Victor Aneiros Band, con “Heroe Secreto”. Guitarrista, cantante e compositor é a proba vivinte de que o blues non coñece fronteiras. “Os saloucos son comúns en calquera parte do mundo e establecen relacións sólidas entre culturas estrañas”, dixo un poeta africano, pai da teorÃa da negritude. AsÃ, o blues en galego ten todo o sentido do mundo. E parece telo moito máis na voz e a guitarra de alta enerxÃa e sen lÃmites sobre o escenario deste músico galego.
15 de outubro. Almacabra, con “Black Cherry Burlesque”. Inspirándose nos shows dos anos 50 e cunha estética moi pin up americana nace este espectáculo pura fusión do cabaré máis burlesco coas formas máis actuais, onde se misturan músicas, cancións, malabares... Todo elo cunha linguaxe cómica-satÃrica con vocación pÃcara e exhibicionista, á procura da participación do público.
22 de outubro. Boat Beam con “Puzzle Shapes”. Boat Beam é a suma de Josephine, Alisha e Aurora. Unha australiana, unha americana e unha española. É un grupo que usa as cordas da guitarra, a viola, o chelo e o piano para tecer música que soa a Debussy e Satie pero tamén a The Cinematic Orchestra e The Divine Comedy. É un grupo que usa as súas voces para facer cancións como as que cantan Fiona Apple o Tori Amos, pero tamén como as que cantarÃan escritores como Sylvia Plath ou Patrick Süskind se se tivesen dedicado a isto. Boat Beam inspÃranse na boa música de Jóhann Jóhannson, The Dresden Dolls e PJ Harvey, pero tamén noutras cousas exquisitas.
27 de outubro. Anni B. Sweet. A cantautora folk-pop Ana López vén sumando sen cesar afiliados ao seu clube de fans dende que colgara algunhas cancións en MySpace, e agora que ten disco oficial a súa fama só deberÃa estalar de todo. Anni B. Sweet vén a sumarse a esa pequena nómina de artistas indies nacionais cuxa música pode chegar-afectar a un público amplo, indie e non indie.
Tivo lugar a xornada 'Deputados por un dÃa', na que os escolares galegos levaron ao hemiciclo as súas propostas para mellorar a sociedade. Os catro representantes dos colexios, un por provincia, compartiron na Cámara as súas reflexións sobre a convivencia, o tema arredor do que xira este curso o programa educativo Abraza tus valores, e a relación dos menores coas tecnoloxÃas. Participaron máis de 8.300 escolares de entre 4 e 12 anos de 83 centros públicos, concertados e privados de Galicia (Arquitecto Casas Novoa de Santiago, o CEIP Plurilingüe A Gándara, de Monforte de Lemos, o CEIP Plurilingüe Irmáns Villar, de Ourense e o CEIP Plurilingüe de Cerdeiriñas, de Piloño).
A actividade levada a cabo pola Axencia de Protección da Legalidade UrbanÃstica (APLU) para protexer o medio ambiente e o patrimonio natural e paisaxÃstico galego permitiu o pasado ano a reposición da legalidade en 121 actuacións en toda Galicia. Estas reposicións foron resultado do labor do equipo inspector do organismo adscrito á ConsellerÃa de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, e repartÃronse principalmente na provincia de Pontevedra, con 60 actuacións, seguida da Coruña con 30, Lugo con 21 e Ourense con 10.