Notas de prensa

A Xunta financia con 30.000 euros a XXVI Mostra de Teatro

Asinouse o convenio de cooperación cultural entre Xunta e o concello para a XXVI Mostra de Teatro de Cangas por importe de 30.000 euros para creación, promoción e colaboración cultural.

O conselleiro de Cultura e Turismo, Roberto Varela, reuniuse na Consellería coa alcaldesa do concello de Cangas, Clara Millán González para asinar o convenio de cooperación cultural entre Xunta de Galicia e concello no marco da XXVI Mostra de Teatro de Cangas. O acordo asinado contempla a cesión por parte da Consellería de Cultura e Turismo de 30.000 euros ao concello de Cangas en materia de creación, promoción e colaboración cultural na realización da Mostra de Teatro.

Roberto Varela afirmou ao rematar a sinatura do convenio que “a escena galega é de gran calidade e está moi ben situada, pero doutra banda, penso que necesita axuda por parte das institucións públicas porque é unha materia, que precisamente polo seu contido, por si sola non se pode manter”. “Os actores galegos e o mundo da escena en Galicia meréceno e vamos a seguir apoiando”, engadiu. Asemade, afirmou que a Mostra de Teatro de Cangas conta cun “compoñente internacional e de autoestima moi importante”.

De cara o futuro, o conselleiro de Cultura e Turismo, afirmou que os festivais de Cangas ou o de Ribadavia “van seguir tendo o noso apoio porque son festivais de referencia e teñen un dos elementos que máis valoramos, que é a internacionalización da cultura galega”

Convenio de cooperación

A Consellería de Cultura e Turismo, no seu apoio a industria cultural, desenvolve unha serie de actuacións encamiñadas á divulgación, información e promoción da cultura para achegar o máis posible o patrimonio cultural galego á sociedade. Co apoio á XXVI Mostra de Teatro, único certame da comunidade dedicado ás artes escénicas na súa versión cómica e festiva, a Consellería a promoción, difusión e proxección deste patrimonio cultural galego co desenvolvemento de actividades culturais e de fomento da cultura en lingua galega utilizando o idioma galego como canle de comunicación social.

En troques da prestación económica, o concello de Cangas, debe facer constar en toda a publicidade que xeren estas actividades, tanto impresa como audiovisual, a colaboración da Consellería de Cultura e Turismo, utilizando a imaxe corporativa da Xunta de Galicia, así como a prestar colaboración e facilitar canta información lle sexa requirida. Devandito convenio terá vixencia ata o 30 de novembro de 2009.


Gabinete de Comunicación da Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia, 2009-09-28

Actualidad

Foto del resto de noticias (20260608-parlamento.jpg) Tivo lugar a xornada 'Deputados por un día', na que os escolares galegos levaron ao hemiciclo as súas propostas para mellorar a sociedade. Os catro representantes dos colexios, un por provincia, compartiron na Cámara as súas reflexións sobre a convivencia, o tema arredor do que xira este curso o programa educativo Abraza tus valores, e a relación dos menores coas tecnoloxías. Participaron máis de 8.300 escolares de entre 4 e 12 anos de 83 centros públicos, concertados e privados de Galicia (Arquitecto Casas Novoa de Santiago, o CEIP Plurilingüe A Gándara, de Monforte de Lemos, o CEIP Plurilingüe Irmáns Villar, de Ourense e o CEIP Plurilingüe de Cerdeiriñas, de Piloño).
Foto de la tercera plana (vivenda-2023-02.jpg) A actividade levada a cabo pola Axencia de Protección da Legalidade Urbanística (APLU) para protexer o medio ambiente e o patrimonio natural e paisaxístico galego permitiu o pasado ano a reposición da legalidade en 121 actuacións en toda Galicia. Estas reposicións foron resultado do labor do equipo inspector do organismo adscrito á Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, e repartíronse principalmente na provincia de Pontevedra, con 60 actuacións, seguida da Coruña con 30, Lugo con 21 e Ourense con 10.

Notas

O XX aniversario do Festival Arteficial segue collendo forma de xeito inmellorable. Tras os encontros e concertos celebrados a finais de mayo na provincia de Ourense, a organización fai un balance extraordinario da acollida do público. Cidades e espazos singulares como Auriense, El Pueblo, Secret Bridge e, de forma moi especial, a Granxa D'Outeiro, foron as testemuñas do éxito absoluto destas presentacións.
Dar resposta aos retos derivados do envellecemento da poboación nas áreas rurais da fronteira entre España e Portugal é o obxectivo central do proxecto Activa Rural Transfronteirizo, no que participan 17 institucións e entidades destes dous países, entre as que se atopa a Universidade de Vigo.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES