Notas de prensa

A evolución histórica da música tradicional galega, a análise na Tradescola

Os mestres Ãnxela Conde Fernández e Pedro David Lamas Varela, e alunos da Tradescola, explicaron a historia e evolución da música galega, instrumentos e formacións musicais, nas xornadas de apertura do programa de actividades do novo curso promovido pola Asociación de Gaiteiros Galegos.

O centro Lugh II acolleu a primeira das actividades que A Tradescola, escola de música tradicional xestionada pola Asociación de Gaiteiros Galegos, desenvolverá ao longo deste ano. Durante máis de unha hora Ãnxela Conde Fernández e Pedro David Lamas Varela e alunos da Tradescola fixeron un percorrido pola evolución dos instrumentos e formacións musicais que progatonizaron a historia da música galega nos últimos dous séculos. Cunha gran acollida, por parte do numeroso público asistente, estes dous mestres da Tradescola amosaron os distintos ritmos, formacións e instrumentos protagonistas da música tradicional e popular galega.

A Tradescola progamará durante todo o curso actividades na cidade de Lugo e en diversos concellos da provincia co fin de achegar o coñecemento da música tradicional galega e propiciar a súa difusión na sociedade actual. Ademais a Tradescola manterá o seu programa formativo regrado na súa sede de Lugo.

MÃIS DE 200 ALUNOS E ALUNAS

A Tradescola iniciará no mes de outubro as aulas nas súas diferentes disciplinas cun número superior aos 200 alunos inscritos na prematricula. Para formalizar a matrícula abrirase o prazo o día 21 deste mes de setembro e manterase aberto ata o comenzo das aulas a principios do mes de outubro.

Os alunos e alunas matriculados poderan cursar as especialidades de canto, percusión, gaita galega, zanfona, requinta, acordeon, baile tradicional, linguaxe musical e etnografía e investigación no eido da música e o baile tradicional. Neste segundo ano de funcionamento deste centro formativo xestionado pola Asociación de Gaiteiros Galegos iniciarase un novo intenerario formativo destinado a ofertar unha formación integral que permita acadar o coñecemento e a competencia necesaria para exercer como profesional no eido da música e do baile tradicional.

Tradescola, 2009-09-17

Actualidad

Foto del resto de noticias (20260608-parlamento.jpg) Tivo lugar a xornada 'Deputados por un día', na que os escolares galegos levaron ao hemiciclo as súas propostas para mellorar a sociedade. Os catro representantes dos colexios, un por provincia, compartiron na Cámara as súas reflexións sobre a convivencia, o tema arredor do que xira este curso o programa educativo Abraza tus valores, e a relación dos menores coas tecnoloxías. Participaron máis de 8.300 escolares de entre 4 e 12 anos de 83 centros públicos, concertados e privados de Galicia (Arquitecto Casas Novoa de Santiago, o CEIP Plurilingüe A Gándara, de Monforte de Lemos, o CEIP Plurilingüe Irmáns Villar, de Ourense e o CEIP Plurilingüe de Cerdeiriñas, de Piloño).
Foto de la tercera plana (vivenda-2023-02.jpg) A actividade levada a cabo pola Axencia de Protección da Legalidade Urbanística (APLU) para protexer o medio ambiente e o patrimonio natural e paisaxístico galego permitiu o pasado ano a reposición da legalidade en 121 actuacións en toda Galicia. Estas reposicións foron resultado do labor do equipo inspector do organismo adscrito á Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, e repartíronse principalmente na provincia de Pontevedra, con 60 actuacións, seguida da Coruña con 30, Lugo con 21 e Ourense con 10.

Notas

O XX aniversario do Festival Arteficial segue collendo forma de xeito inmellorable. Tras os encontros e concertos celebrados a finais de mayo na provincia de Ourense, a organización fai un balance extraordinario da acollida do público. Cidades e espazos singulares como Auriense, El Pueblo, Secret Bridge e, de forma moi especial, a Granxa D'Outeiro, foron as testemuñas do éxito absoluto destas presentacións.
Dar resposta aos retos derivados do envellecemento da poboación nas áreas rurais da fronteira entre España e Portugal é o obxectivo central do proxecto Activa Rural Transfronteirizo, no que participan 17 institucións e entidades destes dous países, entre as que se atopa a Universidade de Vigo.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES