A XVII Edición da Regata Guardiamarina de Cruceiros volve, despois de que o ano pasado se celebrase en Maio para adaptarse ó calendario da Copa Galicia, a disputarse no mes de Setembro onde tradicionalmente celebrouse case sempre (menos nalgunha das primeiras edicións que foi en outubro ou incluso en novembro).
Este ano conta cunha importantísima innovación como é o que se comece en Marín (en case todas as edicións comezouse en Vigo) xa que moitos dos barcos participantes xa atópanse na Ría de Pontevedra desde a semana pasada en que celebrouse a última regata do Trofeo Presidente da Xunta en Sanxenxo, aínda que a regata realmente ten tamén unha grandísima afluencia de barcos que fan travesías en vez de percorridos de especialidade como son os barloventos/sotaventos.
Así, o sábado día 19 haberá un percorrido costeiro de 12 a 15 millas na Ría de Pontevedra con saída ás 15.00 horas e chegada tamén á Escola Naval, onde os regatistas terán unha recepción, mentres que o domingo día 20 etapa tamén costeira de Marín a Vigo cunhas 22 millas de distancia. A saída será ás 12.00 horas, con entrega de premios finais este mesmo día pola tarde no Real Club Náutico de Vigo sobre as 19.00 horas.
Este ano a regata será puntuable para a Copa Galicia de Cruceiros de Clubs xunto a Rodríguez Toubes que celebrouse o pasado mes de maio.
________________________________________
INSCRICIÓN
Como apoio nestes momentos de crise, a inscrición será totalmente de balde por deferencia da Escola Naval Militar e Real Club Náutico, poidéndose realizar ata as 19.00 h. do venres día 18.
PARTICIPACIÓN
Espérase ter a participación de aproximadamente 40 embarcacións ORC.
A Organización presenta nesta Regata uns grupos ou divisións moi parecidos ós que proporanse para a próxima tempada á Federación Española, xa que a flota de ORC por excelencia atópase en Galicia, fundamentalmente nas Rías de Vigo e Pontevedra.
No momento de realizarse esta rolda de prensa, a oficina de inscricións encóntrase a ritmo constante, resaltando entre os inscritos barcos entre os que destacan pola súa eslora o ETEA, FIFTY (que vén disposto a gañar despois de quedar segundo fai tres anos) ou o OURENSE que atópase en moi boa forma seica nas recentes regatas celebradas, ALDAN
No grupo intermedio haberá moita igualdade e nivel co CAIXANOVA , BOSCH COMUNICATION, CORMORÁN, MARACANÁ, TERRAS GAUDA
. No grupo seguinte os One Design, que poderían facer case unha clase por eles mesmos, como son o ALTAMAR 10, A LUNA, MILANEÇA, SAETTA, YOU KUN KUM
.E entre os Open máis pequenos teñen opción entre outros o GUANCHE 3, DEEP BLUE, H2O, NOROESTE, BALEA DOUS etc..
.
O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur. De feito, destacan os altos rexistros acadados entre os días 9 e 15.
A Xunta de Galicia puxo en marcha a campaña de inmunización fronte á gripe e a COVID, que este ano incorpora como principais novidades a extensión da vacina antigripal de alta carga ás persoas de 65 a 69 anos e a ampliación do proxecto piloto de vacinación nos colexios a 75 centros educativos. O inicio oficial tivo lugar nun acto nas residencias de maiores e centros de discapacidade, o colectivo polo que arranca tradicionalmente a campaña debido á vulnerabilidade deste grupo fronte ás infeccións respiratorias.