
O presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, anunciou, en Vigo, un impulso definitivo ao Plan Estratéxico da Conserva, para dar dixo- un novo empuxe a un sector clave na nosa comunidade. Feijóo asegurou que, de acordo coa consellería do Mar, están xa ultimadas as liñas estratéxicas para empezar a traballar neste Plan, cuxas liñas avanzou- serán presentadas ao sector unha vez finalizada a World Fishing Exhibition.
Feijóo, que inaugurou a IV Conferencia Mundial do Atún, subliñou a importancia equilibrada entre pescar e vender e afirmou que, na búsqueda da sostenibilidade dos océanos, tanto profesionais como decisores políticos debemos encamiñarnos cara a ese valor engadido do esforzo pesqueiro, xa que só así obteremos un equilibrio económico y un equilibrio ambiental que nos permita dar sostén á terceira parte fundamental da actividade pesqueira que é o mantemento da propia actividade que non é outra que o respecto aos océanos.
Neste sentido, Feijóo asegurou que o atún é a mellor expresión da unión dos eslabóns da cadea mar-industria, e un dos grandes exemplos de como nun produto coincide un enorme valor engadido. Galicia dixo- coñece ben este fenómeno e o desenvolveu a nivel punteiro, e iso fai que a nosa terra sexa un punto fundamental da industria conserveira e pesqueira grazas a ese coñecemento e a esa iniciativa sumada ao longo de xeracións de pescadores, armadores e conserveiros.
Desde a conserva á pesca de grandes túnidos, pasando pola artesanal captura do bonito do norte, o presidente da Xunta aseverou que Galicia pode sentirse orgullosa da capacidade e rendemento que obtivo arredor dos grandes bancos de atún.
Neste senso, lembrou que a cidade de Vigo é un claro expoñente da puxanza pesqueira e transformadora dunha terra afirmou- que xera o 86% do volume de produción de conservas e semiconservas de pescados e mariscos e que mantén intacta a súa vocación de liderado.
Este dato dixo- vese fortalecido se contemplamos o volume de importacións e exportacións de túnidos e produtos elaborados do mesmo, xa que estes supoñen un 64% das exportacións e un 54% das importacións globais que o noso país realiza no ámbito dos produtos mariños preparados, en conserva ou semiconserva.
Por outra banda, o mandatario galego subliñou que os episodios de piratería que sufre a flota atuneira galega, española e internacional precisan sen dúbida unha decidida acción internacional, xa que o que está ocorrendo coa piratería e o asalto violento a buques de pesca non pode continuar así. Os nosos mariñeiros, e pescadores, que xa de por si sofren o rigor dunha actividade dura e sacrificada, ven como o seu medio de sustento e incluso a súa propia vida se poñen en perigo por manter unha cadea que deixa na nosa terra emprego e riqueza.
Diante deste situación, Feijóo quixo expresar o seu recoñecemento e agradecemento en nome de todos os galegos, así como enviarlles o seu apoio e interese polo seu labor e polas condicións nas que se realiza.
Por último, Feijóo subliñou a importancia de eventos coma esta conferencia, para poñer en común experiencias e extraer conclusións que nos leven dixo- a asegurar o futuro sostible para o atún e a súa industria.
A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.