
A súa primeira exposición é no ano 1988 na súa cidade natal, pero desde ese 1988 as súas pinturas van variando de paisaxe como a súa vida.
Estuda na escola de Artes Ramón Falcón, obtén a licenciatura na facultade de Belas Artes de Salamanca para proseguir os estudos de postgrado na Universidade do Pais Vasco. Este ir e vir supón unha influencia clara, marcado gusto por novas paisaxes polo que podemos percorrer a súa obra como se fose unha viaxe.
A búsqueda desta artista plástica é sen ningunha dúbida a cor, o seu espazo e a textura, na que o tema vóltase case que anecdótico caendo nun mundo de rÃos de pigmentos case sempre na gama cálida. Nesta bagaxe descubre distintas técnicas e sensacións que van pouco a pouco fundÃndose co seu eterno encarnado nos lenzos.
Cuncas, torques, persoas, galerÃas, una descrición dunha sociedade que pasea diante de nós para que descubramos formas e cores.
Vemos a través dos anos cambios nas temáticas, aÃnda que a súa investigación sempre vai ó redor da experiencia da cor e dos ritmos que xorden dentro do seu espazo.
Ilustración, pintura, gravado, deseño, uso do espazo, podemos dicir que non lle importa nin a técnica nin o formato, que varÃa constantemente, a súa obra é una búsqueda de sensacións cromáticas puras.
Máis información na GalerÃa de Artistas de GaliciaDigital.com: http://www.culturagalega.info/autor.php?idautor=126&accion=autor&campo=Pintura&muestra=0&galeria=0
Tivo lugar a xornada 'Deputados por un dÃa', na que os escolares galegos levaron ao hemiciclo as súas propostas para mellorar a sociedade. Os catro representantes dos colexios, un por provincia, compartiron na Cámara as súas reflexións sobre a convivencia, o tema arredor do que xira este curso o programa educativo Abraza tus valores, e a relación dos menores coas tecnoloxÃas. Participaron máis de 8.300 escolares de entre 4 e 12 anos de 83 centros públicos, concertados e privados de Galicia (Arquitecto Casas Novoa de Santiago, o CEIP Plurilingüe A Gándara, de Monforte de Lemos, o CEIP Plurilingüe Irmáns Villar, de Ourense e o CEIP Plurilingüe de Cerdeiriñas, de Piloño).
A actividade levada a cabo pola Axencia de Protección da Legalidade UrbanÃstica (APLU) para protexer o medio ambiente e o patrimonio natural e paisaxÃstico galego permitiu o pasado ano a reposición da legalidade en 121 actuacións en toda Galicia. Estas reposicións foron resultado do labor do equipo inspector do organismo adscrito á ConsellerÃa de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, e repartÃronse principalmente na provincia de Pontevedra, con 60 actuacións, seguida da Coruña con 30, Lugo con 21 e Ourense con 10.