Notas de prensa

198 marcas de todas as denominacións de orixe participaron na XXI Cata de Viños de Galicia 2009

O presidente da Xunta presidiu, en Santiago, a entrega de premios da Cata de viños de Galicia 2009 durante a que sinalou que o esforzo do sector fai que os viños e augardentes de calidade resisten a crise.

O presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, loou, na entrega de premios da ‘Cata de viños de Galicia 2009’, o traballo do sector vinícola galego, ‘cuxo esforzo e dedicación –dixo- fan que os viños e augardentes galegos de calidade estean a resistir cun modélico pulo o impacto da crise’.

Ao longo da súa intervención, Feijóo asegurou que este sector é un exemplo de que a calidade e a excelencia ‘sempre pagan a pena’. ‘Nun tempo de crise coma este, -subliñou- persoas coma vós, que identificades o voso traballo coa excelencia e a Galicia coa calidade, é o que precisa o país’.

Neste sentido, o mandatario galego asegurou que non hai mellores mestres en Galicia do que significa tomarse moi en serio a promoción desta terra no exterior, ‘como demostra o feito de que, mentres hoxe gozamos dun bo viño, os adegueiros en Australia non atopan albariño na súa uva’.

Para Feijóo, ese feito, que a súa uva non sexa de albariño puro, permitirá que a auténtica uva do albariño substitúa nos estantes o espazo que arestora ocupan viños australianos de alta calidade pero que, ‘mal que lles pese, non son feitos con uva de albariño’.

O presidente do Executivo autonómico animou ao sector a seguir por este camiño, ‘polo vieiro da promoción de Galicia e do bo facer’. ‘O voso traballo –subliñou- é sinónimo de calidade en todo o mundo. A vosa dedicación e esmero supón un expoñente do traballo ben feito, do tesón pola mellora continua e das gañas por transmitir ás xeracións vindeiras aínda máis sabedoría da que temos herdado dos devanceiros’.

198 marcas de viños de todas as denominacións de orixe

A XXI edición da Cata estivo composta por tres concursos -XXI Cata dos Viños de Galicia, a XI Cata das Augardentes de Galicia e o VIII Concurso de Deseño e Presentación de Viños e Augardentes-; e nela participaron 198 marcas de viños de todas as denominacións de orixe: 61 viños brancos e tintos da D.O. Rías Baixas, 48 da D.O. Ribeiro, 39 da D.O. Valdeorras, 28 da D.O. Ribeira Sacra e 22 da D.O. Monterrei.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia, 2009-09-11

Actualidad

Foto del resto de noticias (filmoteca-galicia-202611.jpeg) A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
Foto de la tercera plana (veran.jpg) O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.

Notas

O 7 de novembro a ciencia sairá ao encontro da cidadanía coa primeira edición de 'Abastos de Ciencia', unha iniciativa da UDC que terá lugar no Mercado de San Agustín e combinará divulgación e experimentación a través de obradoiros participativos, mesas redondas e propostas gastronómicas e culturais. A iniciativa, enmarcada no proxecto InPacto, permitirá coñecer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos.
O grupo de investigación da USC De la Edad Media al Siglo de Quevedo, desenvolve en Santiago o Congreso Internacional 'De interpretatione: la traducción en los siglos XVI y XVII'. O obxectivo do encontro, os días 5 e 6 na Facultade de Filoloxía, consiste en presentar os resultados de investigacións arredor da tradución durante os séculos XVI e XVII, pero tamén reflexionar sobre posibles liñas de traballo para o futuro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES