O director xeral de Promoción e Difusión da Cultura, Francisco López, comprometeuse co presidente da Real Academia Galega de Ciencias, Ernesto Viéitez Cortizo, a financiar e apoiar a celebración das Xornadas Luso-Galaicas de Ciencias e Desenvolvemento. Esta é décimo oitava edición e se leva a cabo os dÃas 20, 21 e 22 do mes de outubro en Santiago de Compostela.
As Xornadas Luso-Galaicas xurdiron en 1990 da colaboración entre a Real Academia Galega de Ciencias e as Universidades do Norte de Portugal co fin de potenciar liñas de investigación conxuntas. Desde entón, estas xuntanzas académicas repetÃronse en diferentes cidades como Porto, Vila Real, Ourense e Chaves con indubidable éxito. Entre as de especial relieve cómpre destacar as terceiras desenvoltas en Porto, que contaron coa presenza de oito Reitores de Universidades do Norte de Portugal e de Galicia.
Estas sesións de traballo, do máximo nivel académico, desenvólveas a Real Academia de Ciencias e as universidades do norte de Portugal, co obxecto de impulsar a colaboración entre os estamentos cientÃficos máis importantes de ambas as beiras do Miño. Nestes encontros abórdanse temas de xestión, coordinación e cooperación institucional, ademais dos propios intereses da comunidade cientÃfica.
Tivo lugar a xornada 'Deputados por un dÃa', na que os escolares galegos levaron ao hemiciclo as súas propostas para mellorar a sociedade. Os catro representantes dos colexios, un por provincia, compartiron na Cámara as súas reflexións sobre a convivencia, o tema arredor do que xira este curso o programa educativo Abraza tus valores, e a relación dos menores coas tecnoloxÃas. Participaron máis de 8.300 escolares de entre 4 e 12 anos de 83 centros públicos, concertados e privados de Galicia (Arquitecto Casas Novoa de Santiago, o CEIP Plurilingüe A Gándara, de Monforte de Lemos, o CEIP Plurilingüe Irmáns Villar, de Ourense e o CEIP Plurilingüe de Cerdeiriñas, de Piloño).
A actividade levada a cabo pola Axencia de Protección da Legalidade UrbanÃstica (APLU) para protexer o medio ambiente e o patrimonio natural e paisaxÃstico galego permitiu o pasado ano a reposición da legalidade en 121 actuacións en toda Galicia. Estas reposicións foron resultado do labor do equipo inspector do organismo adscrito á ConsellerÃa de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, e repartÃronse principalmente na provincia de Pontevedra, con 60 actuacións, seguida da Coruña con 30, Lugo con 21 e Ourense con 10.