Alejandro López Dobarro, Delegado da Xunta de Galicia, vén de participar na inauguración do I Congreso de Literatura Xuvenil Latinoamericana e Galega que se está a desenvolver no Centro Galicia de Buenos Aires coa participación de 150 especialistas na materia.
López Dobarro deu a benvida aos participantes no encontro e trasladou o interese da da Xunta por todas estas iniciativas que contribúen a achegar aos cidadáns residentes galegos en Arxentina, e á cidadanÃa arxentina toda, o acervo cultural de Galicia. Neste sentido, fixo fincapé en que os fillos dos emigrantes tiveron acceso ás historias dos seus devanceiros grazas á narración oral dos seus familiares e non tanto pola lectura das follas impresas, polo que valorou todo impulso que poda darse nesta liña.
“Estamos interesados e contribuiremos no que podamos para desenvolver iniciativas no eido da literatura porque coidamos que son instrumentos da liberdade”, asegurou o Delegado da Xunta en Buenos Aires na súa intervención.
I Congreso, con participación galega
Este encontro foi organizado pola revistade literatura xuvenil Etruria e conta coa declaración de interese do Ministerio de Educación da Nación arxentina. Nel participan especialistas de Arxentina, Brasil, Venezuela, Ecuador, e de Galicia, representada pola escritora e editora Ãnxela Gracian.
Gracián ten a cargo unha mesa sobre “Literatura xuvenil galega e o seu desembarco en América” e outra sobre “os últimos anos de literatura xuvenil galega”. Entre os asistentes ao congreso figuran docentes, bibliotecarios e investigadores de latinoamérica.
Para maior información pódese consultar o blog do congreso http://www.congresoetruria09.blogspot.com
Tivo lugar a xornada 'Deputados por un dÃa', na que os escolares galegos levaron ao hemiciclo as súas propostas para mellorar a sociedade. Os catro representantes dos colexios, un por provincia, compartiron na Cámara as súas reflexións sobre a convivencia, o tema arredor do que xira este curso o programa educativo Abraza tus valores, e a relación dos menores coas tecnoloxÃas. Participaron máis de 8.300 escolares de entre 4 e 12 anos de 83 centros públicos, concertados e privados de Galicia (Arquitecto Casas Novoa de Santiago, o CEIP Plurilingüe A Gándara, de Monforte de Lemos, o CEIP Plurilingüe Irmáns Villar, de Ourense e o CEIP Plurilingüe de Cerdeiriñas, de Piloño).
A actividade levada a cabo pola Axencia de Protección da Legalidade UrbanÃstica (APLU) para protexer o medio ambiente e o patrimonio natural e paisaxÃstico galego permitiu o pasado ano a reposición da legalidade en 121 actuacións en toda Galicia. Estas reposicións foron resultado do labor do equipo inspector do organismo adscrito á ConsellerÃa de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, e repartÃronse principalmente na provincia de Pontevedra, con 60 actuacións, seguida da Coruña con 30, Lugo con 21 e Ourense con 10.