
O conselleiro de Cultura e Turismo, Roberto Varela, a presidenta da Organización Española para o Libro Infantil, MarÃa Jesús Gil Iglesias e o comisario da 32 edición do Congreso da International Board on Books for Young People, Xosé Antonio Neira Cruz, presentaron a edición número 32 do Congreso de IBBY, que terá emprazo en Santiago de Compostela entre o 8 e o 12 de setembro do vindeiro ano e estará englobado no Centro Internacional da Diversidade Cultural, con sede na Cidade da Cultura. A celebración do que é considerado como o máis importante evento relacionado coa literatura infantil e xuvenil estará encadrado no que a Xunta de Galicia declarou como Ano do Libro e da Lectura e integrarase dentro dos actos oficiais do Xacobeo 2010.
Segundo Roberto Varela, o evento contribuirá a potenciar a imaxe de Galicia e a súa expansión cun acto de cobertura mundial e servirá para presentar ante os maiores especialistas do libro e da lectura “a capacidade, vigor, calidade e proxección da nosa literatura infantil e xuvenil”. Respecto á decisión de IBBY de emprazar o seu congreso na cidade de Santiago, rexeitando outras candidaturas como ParÃs ou Amsterdam, Roberto Varela non ocultou a súa ledicia e agradecemento, e apuntou que “moi poucas cidades do mundo tiveron a honra de ser capitais mundiais da literatura grazas á organización dun congreso de IBBY”.
Baixo a presidencia de honra da Súa Maxestade a RaÃña SofÃa de España, da que se prevé a súa asistencia ao acto inaugural, e o patrocinio da Súa Maxestade a RaÃña Margrette II de Dinamarca, entregaranse en Santiago de Compostela o ano próximo, as Medallas Hans Christian Andersen, tamén coñecidas como os Premios Nóbel da Literatura Infantil, pola súa afamada reputación. O evento de ámbito internacional, contribuirá a “facer da nosa comunidade unha célula de universalidade” e “ao seu prestixio alén das nosas fronteiras” ao situar a Galicia nunha lista na que figuran cidades da envergadura de BerlÃn, Londres, Tokio ou Florencia.
Proxección internacional
O congreso de IBBY, que terá lugar, xustamente hoxe, nun ano vista, coincidirá co Xacobeo 2010, no que poderÃa ser, segundo o conselleiro, “o máis internacional e difundido da historia” e enmarcarase no Ano da Lectura, promovido pola Xunta en Galicia para 2010. Deste xeito, a comunidade galega e a Cidade da Cultura converteranse coa suma de todos estes factores, “nun altofalante sen precedentes sobre as moitas formas e distintos soportes a través dos cales entender a cultura, a literatura, a arte e a creatividade en todo o mundo” facéndose cun “lugar de indiscutible presenza no mapa da literatura mundial”, segundo asegurou o conselleiro Roberto Varela.
Sobre o Centro Internacional da Diversidade Cultural, creado o pasado 25 de agosto para referendar o éxito desta unión de culturas que abranguerá a Cidade da Cultura a partires do vindeiro 8 de setembro de 2010, o conselleiro adiantou hoxe na súa intervención a determinación de cohesionalo especificamente ao entorno do complexo do monte Gaiás. Roberto Varela afirmou que é “a mellor forma de demostrar calidade, eficacia, vontade de traballo e toda a modernidade que lle queremos imprimir a este proxecto colectivo”. O Centro Internacional da Diversidade Cultural, deseñado, proposto e desenvolto por Xosé Antonio Neira Cruz, acollerá no espazo da Cidade da Cultura á maior biblioteca e centro de estudo especializado nas literaturas infantÃs e xuvenÃs procedentes das culturas e linguas minoritarias.
A forza das minorÃas
Baixo o lema para 2010 “A forza das minorÃas”, a 32º entrega do Congreso de IBBY, chega a Santiago de Compostela tras navegar durante 50 anos polo mundo adiante coa súa mensaxe de promoción e apoio da lectura como bandeira. Comprometido na responsabilidade de IBBY por loitar en pro da diversidade e da pluralidade e en busca dunha conciencia de globalidade, o Congreso busca nesta ocasión tenderlle unha man ás minorÃas, para axudar aos que non poden falar e dar acubillo aos que non teñen voz. Utilizando as ferramentas máis antigas de cantas existen: a comunicación e a palabra, preténdese pór en valor o feito de que as persoas pertencentes a calquera tipo de minorÃa, teñen o dereito e o deber de protexer e conservar a súa cultura, relixión, forma de entender o libro e a lectura e empregar a súa lingua.
¿Qué é IBBY?
A International Board on Books for Young People (IBBY) constitúe unha organización conformada por setenta seccións nacionais. En España, IBBY, atópase representada pola OEPLI (Organización Española para o Libro Infantil). IBBY é unha Organización Non Gobernamental, incorporada á Unesco e Unicef, acerrimamente defensora dos principios da Convención Internacional dos Dereitos do Neno. Dende a súa fundación en 1953 en Zurich, IBBY sempre tivo como punto de referencia básico o ámbito do libro infantil e xuvenil como contedor, suxeridor ou mediador de sensibilidades e formas de comunicar para desenvolver iniciativas de promoción da lectura en todos os paÃses do mundo.
O Comité Executivo de IBBY é o encargado de determinar as polÃticas e programas da Organización. Está definido por dez persoas de distintos paÃses e un Presidente, elixidos polas Seccións Nacionais no curso da Asemblea Xeral. Cada dous anos, unha Sección Nacional diferente actúa como anfitrioa do congreso.
Tivo lugar a xornada 'Deputados por un dÃa', na que os escolares galegos levaron ao hemiciclo as súas propostas para mellorar a sociedade. Os catro representantes dos colexios, un por provincia, compartiron na Cámara as súas reflexións sobre a convivencia, o tema arredor do que xira este curso o programa educativo Abraza tus valores, e a relación dos menores coas tecnoloxÃas. Participaron máis de 8.300 escolares de entre 4 e 12 anos de 83 centros públicos, concertados e privados de Galicia (Arquitecto Casas Novoa de Santiago, o CEIP Plurilingüe A Gándara, de Monforte de Lemos, o CEIP Plurilingüe Irmáns Villar, de Ourense e o CEIP Plurilingüe de Cerdeiriñas, de Piloño).
A actividade levada a cabo pola Axencia de Protección da Legalidade UrbanÃstica (APLU) para protexer o medio ambiente e o patrimonio natural e paisaxÃstico galego permitiu o pasado ano a reposición da legalidade en 121 actuacións en toda Galicia. Estas reposicións foron resultado do labor do equipo inspector do organismo adscrito á ConsellerÃa de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, e repartÃronse principalmente na provincia de Pontevedra, con 60 actuacións, seguida da Coruña con 30, Lugo con 21 e Ourense con 10.