Un total de 200.000 euros é o montante global do patrocinio da S.A. de Xestión do Plan Xacobeo para o clube Autos Lobelle de Santiago de Fútbol sala. A presentación oficial do patrocinio do equipo tivo lugar en Santiago e no evento estiveron presentes Carmen Pardo, Secretaria Xeral para o Turismo, Bernardino Rama, concelleiro de Deportes de Santiago, o presidente do clube José Antonio Lobelle e o adestrador do equipo, Tomas de Díos.
Durante o acto, a secretaria xeral para o Turismo, Carmen Pardo, destacou que dende a Secretaría Xeral de Turismo e dende a S.A de Xestión do Plan Xacobeo o apoio a esta iniciativa deportiva a través da fórmula do patrocinio vai máis aló da cuestión económica posto que implica o compromiso do goberno galego co deporte como ferramenta útil para ensalzar valores como a solidariedade, o encontro de xentes de diversa procedencia e a proxección de Galicia a través de eventos deportivos.
Carmen Pardo López engadiu que a marca Xacobeo xa é a marca do Camiño de Santiago e é traballo de todos poñelo en valor e utilizar o potencial de difusión que ten o deporte para achegar a todos aqueles posibles visitantes de Galicia a imaxe da nosa terra como destino turístico e como lugar no que o vindeiro ano se celebrarán os eventos culturais, congresuais, científicos, deportivos e artísticos máis importantes do Estado.
A historia do Clube
O Clube Autos Lobelle de Santiago F.S. fundouse no ano 1975 por José Antonio Lobelle Quintillán, actual presidente do clube e dono da empresa Autos Lobelle, S.L. O fútbol sala é o deporte con máis federados en España. Na actualidade posúe un total de 1.200 adultos abonados e 3.000 infantís. Entre as victorias máis destacadas do equipo destaca a Copa de España no 2006 e unha Recopa de Europa.
O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur. De feito, destacan os altos rexistros acadados entre os días 9 e 15.
A Xunta de Galicia puxo en marcha a campaña de inmunización fronte á gripe e a COVID, que este ano incorpora como principais novidades a extensión da vacina antigripal de alta carga ás persoas de 65 a 69 anos e a ampliación do proxecto piloto de vacinación nos colexios a 75 centros educativos. O inicio oficial tivo lugar nun acto nas residencias de maiores e centros de discapacidade, o colectivo polo que arranca tradicionalmente a campaña debido á vulnerabilidade deste grupo fronte ás infeccións respiratorias.