
A presenza da edición galega nas feiras internacionais de meirande importancia centrou o encontro entre o director xeral de Promoción e Difusión da Cultura, Francisco López, co presidente da Asociación Galega de Editores, Alfonso G. SanmartÃn e outros representantes do sector en Galicia. A reunión serviu para avanzar nos obxectivos de promoción e pulo do libro de Galicia en todos os ámbitos nos que poida estar presente, tanto no interior coma no exterior.
Deste xeito, acordouse establecer unha actuación coordinada que potencie a imaxe de Galicia e facilite o achegamento dos axentes internacionais do mercado do libro, na súa forma tradicional e nos novos formatos. Segundo esta liña estratéxica, Cultura e Turismo apoiará a presenza de Galicia nas feiras de Frankfurt e LÃber, en outubro deste ano, e na de Guadalajara (México) nos últimos dÃas de novembro e primeiros de decembro.
Con vistas ao próximo exercicio de 2010, Francisco López confirmou que está programada a asistencia á Feira Internacional do Libro Infantil e Xuvenil de Boloña, outra viaxe promocional a Buenos Aires, e no derradeiro trimestre acudir de novo os compromisos de LÃber, Frankfurt e Guadalajara. O director xeral de Promoción e Difusión da Cultura comprometeuse neste acto “non só a incrementar o esforzo para integrar o libro galego no eido internacional, senón mesmo melloralo dentro dos seus medios para unha eficaz e duradeira mellora nos Ãndices de lectura e uso da nosa produción editorial”.
Grupo de traballo
No encontro mantido na ConsellerÃa de Cultura e Turismo abordouse tamén a importancia fundamental de impulsar aspectos relativos á plasmación práctica de ideas, especialmente as referidas ao desenvolvemento da Lei do Libro e da lectura de Galicia, co obxectivo claro de que o sector incremente substancialmente a súa solidez en base aos parámetros de calidade e profesionalidade acadados até agora.
Co obxectivo de canalizar esta proposta, constituirase un grupo de traballo que abordará 28 puntos básicos para o crecemento do mundo editorial de Galicia, relativos á promoción de obras galegas, mercados de dereitos ou competitividade internacional.
Tivo lugar a xornada 'Deputados por un dÃa', na que os escolares galegos levaron ao hemiciclo as súas propostas para mellorar a sociedade. Os catro representantes dos colexios, un por provincia, compartiron na Cámara as súas reflexións sobre a convivencia, o tema arredor do que xira este curso o programa educativo Abraza tus valores, e a relación dos menores coas tecnoloxÃas. Participaron máis de 8.300 escolares de entre 4 e 12 anos de 83 centros públicos, concertados e privados de Galicia (Arquitecto Casas Novoa de Santiago, o CEIP Plurilingüe A Gándara, de Monforte de Lemos, o CEIP Plurilingüe Irmáns Villar, de Ourense e o CEIP Plurilingüe de Cerdeiriñas, de Piloño).
A actividade levada a cabo pola Axencia de Protección da Legalidade UrbanÃstica (APLU) para protexer o medio ambiente e o patrimonio natural e paisaxÃstico galego permitiu o pasado ano a reposición da legalidade en 121 actuacións en toda Galicia. Estas reposicións foron resultado do labor do equipo inspector do organismo adscrito á ConsellerÃa de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, e repartÃronse principalmente na provincia de Pontevedra, con 60 actuacións, seguida da Coruña con 30, Lugo con 21 e Ourense con 10.