
O conselleiro Roberto Varela asinou coa presidenta da Asociación de Amigos da Ópera de A Coruña, Natalia Lamas, o convenio polo que a ConsellerÃa de Cultura e Turismo destina 320.000 euros para a realización de accións conxuntas de preparación, produción, plan de comunicación e organización do LVII Festival de Ópera de A Coruña. Coa firma deste convenio, a ConsellerÃa de Cultura e Turismo comprométese a se responsabilizar das competencias de promoción da musica no ciclo cultural e co fin de garantir que as artes musicais cheguen a gran parte da cidadanÃa.
O programa do LVII Festival de Ópera será realizado por un equipo de profesionais e dirixido pola propia asociación, baixo as ordes do director do festival. Asemade, a consellerÃa participará no deseño do programa e prestará asesoramento técnico ao longo do seu desenvolvemento, sendo programación definitiva un mutuo acordo. Establecerase un calendario de actividades, un informe final e gravaranse as actuacións realizadas, que poderán ser difundidas por calquera das partes. A duración do proxecto indicado esténdese ata o 15 de novembro do 2009.
Para o bo desenvolvemento das actividades establecidas no convenio asinado establecerase unha Comisión Mixta, integrada por representantes de cada unha das institucións ás que lle corresponderá o seguimento, interpretación e avaliación das accións derivadas do presente convenio. Ao finalizar a sinatura do acordo, o conselleiro Roberto Varela declarou que o fin de este convenio é “cultivar e fomentar a ópera e todas aquelas actividades que poidan conducir a expansión e coñecemento da mesma”.
Como colofón á xornada, Roberto Varela asistirá ao recital que o barÃtono Leo Nucci, artista de éxitos internacionais considerado como unha “lenda da ópera”, interpretará no marco do Festival nunha viaxe por grandes obras da ópera clásica italiana. Para este recital, a organización esgotou as entradas con varios dÃas de antelación.
Asociación de Amigos da Ópera
A Asociación de Amigos da Ópera da Coruña ven desenvolvendo dende 1952 unha labor de continuidade no campo da promoción e difusión da cultura en galego, de representación de óperas musicais e de contribución cos seu programas e actividades en aras de enriquecer ao mundo da cultura galega. Esta organización dispón dos medios técnicos axeitados e profesionais de valÃa e recoñecido prestixio, suficientes para poder desenvolver as actividades mencionadas con extraordinaria eficacia. Tanto o tipo de actuacións que a asociación promove como as instalacións das que dispón son únicas en Galicia. A firma dunha axuda como a que achega a ConsellerÃa, convértese agora, nun pulo mais tanto para a Ópera coruñesa como para o conseguinte enriquecemento de toda a cultura galega.
Tivo lugar a xornada 'Deputados por un dÃa', na que os escolares galegos levaron ao hemiciclo as súas propostas para mellorar a sociedade. Os catro representantes dos colexios, un por provincia, compartiron na Cámara as súas reflexións sobre a convivencia, o tema arredor do que xira este curso o programa educativo Abraza tus valores, e a relación dos menores coas tecnoloxÃas. Participaron máis de 8.300 escolares de entre 4 e 12 anos de 83 centros públicos, concertados e privados de Galicia (Arquitecto Casas Novoa de Santiago, o CEIP Plurilingüe A Gándara, de Monforte de Lemos, o CEIP Plurilingüe Irmáns Villar, de Ourense e o CEIP Plurilingüe de Cerdeiriñas, de Piloño).
A actividade levada a cabo pola Axencia de Protección da Legalidade UrbanÃstica (APLU) para protexer o medio ambiente e o patrimonio natural e paisaxÃstico galego permitiu o pasado ano a reposición da legalidade en 121 actuacións en toda Galicia. Estas reposicións foron resultado do labor do equipo inspector do organismo adscrito á ConsellerÃa de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, e repartÃronse principalmente na provincia de Pontevedra, con 60 actuacións, seguida da Coruña con 30, Lugo con 21 e Ourense con 10.