
As tres redes de distribución de teatro, danza, maxia e música que promove a ConsellerÃa de Cultura e Turismo a través da AGADIC (Axencia Galega das Industrias Culturais) retomarán a súa actividade a partir de setembro para ofrecer ata finais de ano un total de 591 funcións e concertos, dos que 314 corresponden á Rede Galega de Teatros e Auditorios (RGTA), 172 á Rede Galega de Música ao Vivo (RGMV) e 105 á Rede Galega de Salas (RGS).
O programa da Rede Galega de Teatros e Auditorios para este último cuadrimestre de 2009 inaugúrase o vindeiro dÃa 1 coa representación do novo espectáculo de TÃteres Trompicallo (Violeta Coletas contras As Salchichas Gulp) na Sala BahÃa de Foz, estendéndose até o 30 de decembro por un total de 43 espazos xestionados por concellos e entidades privadas de toda Galicia. O circuÃto exhibirá un total de 71 espectáculos a cargo de 63 formacións artÃsticas, 51 delas galegas. O cartel está configurado por unha ampla variedade de propostas artÃsticas, con 32 montaxes teatrais dirixidas a público adulto, 17 espectáculos de monicreques e de teatro de actor para público infantil, 11 de danza, 7 de música de cámara e 4 de maxia.
Público infantil
O teatro será tamén protagonista neste segundo perÃodo de programación da Rede Galega de Salas, cunha especial atención aos espectadores máis pequenos. AsÃ, dos 35 espectáculos que poderán verse nos 6 espazos da RGS (ARTeria Noroeste, Sala Nasa e Sala Santart en Santiago, Teatro Arte Livre e Teatro Ensalle en Vigo, e Teatro del Andamio na Coruña), 20 corresponden á modalidade de teatro infantil, 11 a teatro para adultos e 4 a danza.
Canto á RGMV, circuÃto que a AGADIC promove en colaboración coa Asociación de Salas de Música ao Vivo Clubtura, o calendario de concertos dará comezo o 3 de setembro coa actuación de Alberto Pérez no Garufa da Coruña. Un total de 70 grupos de diferentes estilos que van dende o pop e rock ata o blues ou a música electrónica configuran este programa, que se desenvolverá en 37 locais de toda Galicia.
Tivo lugar a xornada 'Deputados por un dÃa', na que os escolares galegos levaron ao hemiciclo as súas propostas para mellorar a sociedade. Os catro representantes dos colexios, un por provincia, compartiron na Cámara as súas reflexións sobre a convivencia, o tema arredor do que xira este curso o programa educativo Abraza tus valores, e a relación dos menores coas tecnoloxÃas. Participaron máis de 8.300 escolares de entre 4 e 12 anos de 83 centros públicos, concertados e privados de Galicia (Arquitecto Casas Novoa de Santiago, o CEIP Plurilingüe A Gándara, de Monforte de Lemos, o CEIP Plurilingüe Irmáns Villar, de Ourense e o CEIP Plurilingüe de Cerdeiriñas, de Piloño).
A actividade levada a cabo pola Axencia de Protección da Legalidade UrbanÃstica (APLU) para protexer o medio ambiente e o patrimonio natural e paisaxÃstico galego permitiu o pasado ano a reposición da legalidade en 121 actuacións en toda Galicia. Estas reposicións foron resultado do labor do equipo inspector do organismo adscrito á ConsellerÃa de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, e repartÃronse principalmente na provincia de Pontevedra, con 60 actuacións, seguida da Coruña con 30, Lugo con 21 e Ourense con 10.