O director xeral de Promoción e Difusión da Cultura, Francisco López, acudiu á inauguración da exposición Novos Valores 2009 no Museo de Pontevedra. A mostra está organizada pola Deputación de Pontevedra e ten como obxectivo a promoción dos novos creadores galegos.
O certame de Novos Valores da edición deste ano conta con 11 fotografÃas, 8 pinturas, 7 esculturas, 7 vÃdeos, 4 debuxos, dous gravados e unha obra clasificada como “varios” que o xurado seleccionou de entre as 290 obras artÃsticas que se presentaron. Todas as obras foron realizadas por artistas considerados novos talentos das artes plásticas, naturais ou residentes en Galicia. De entre as obras seleccionadas, seis son as premiadas cun importe de 6000 euros para que os galardonados amplien os seus estudos artÃsticos.
O rematar o acto, Francisco López, salientou a “forza creativa da xuventude e a súa procura expresiva vital e arriscada, pola celebración do novo e a transformación do vello”. López, remarcou ademais a oportunidade que ofrece esta mostra de Novos Valores de “renunciar ao superficial e ao acomodamento na seguridade do coñecido”.
Novos Valores foi unha inicitiva que naceu no ano 1982 con intención de promover as actividades culturais, en xeral, e as manifestacións artÃsticas en particular. Este certame é o máis antigo de Galicia no seu xénero e o seu labor está recoñecido pola cantidade e categorÃa dos artistas que formaron parte destas exposicións nas súas edicións ao longo dos anos.
A obra seleccionada de Novos Valores 2009 poderá visitarse ata o 13 de setembro na Sala de exposicións temporais do Museo de Pontevedra.
Tivo lugar a xornada 'Deputados por un dÃa', na que os escolares galegos levaron ao hemiciclo as súas propostas para mellorar a sociedade. Os catro representantes dos colexios, un por provincia, compartiron na Cámara as súas reflexións sobre a convivencia, o tema arredor do que xira este curso o programa educativo Abraza tus valores, e a relación dos menores coas tecnoloxÃas. Participaron máis de 8.300 escolares de entre 4 e 12 anos de 83 centros públicos, concertados e privados de Galicia (Arquitecto Casas Novoa de Santiago, o CEIP Plurilingüe A Gándara, de Monforte de Lemos, o CEIP Plurilingüe Irmáns Villar, de Ourense e o CEIP Plurilingüe de Cerdeiriñas, de Piloño).
A actividade levada a cabo pola Axencia de Protección da Legalidade UrbanÃstica (APLU) para protexer o medio ambiente e o patrimonio natural e paisaxÃstico galego permitiu o pasado ano a reposición da legalidade en 121 actuacións en toda Galicia. Estas reposicións foron resultado do labor do equipo inspector do organismo adscrito á ConsellerÃa de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, e repartÃronse principalmente na provincia de Pontevedra, con 60 actuacións, seguida da Coruña con 30, Lugo con 21 e Ourense con 10.