Notas de prensa

O nadador Luis Leiro e a triatleta Mónica Incera suman triunfos ao Náutico de Vigo

Luis Leiro acada un novo récord galego absoluto no Campeonato de España de Verán de Natación e Mónica Incera foi convocada pola selección absoluta feminina no Campeonato de España de Comunidades Autónomas.

Os equipos deportivos do Náutico de Vigo seguen sumando éxitos aos seus equipos deportivos, sendo este caso as seccións de natación e tríatlon as protagonistas.

Por unha parte o nadador Luis Leiro, concedido unha bolsa actualmente concedido unha bolsa na Residencia Blume de Madrid, encóntrase nas Palmas de Gran Canaria participando no XCVII Campionato de España Absoluta de Verán, no que onte conseguía un novo record absoluto na proba de 200 metros Estilos cun tempo de 02:07:00 en piscina de 50m. A competición comezaba o martes 21 de xullo na piscina José Feo Perdomo (C.N Metrópole) e seguirá ata o venres 24, esperemos que con máis triunfos para esta promesa da natación galega.

NotaNo que fai á recente estreada sección de tríatlon do Náutico de Vigo, a triatleta Mónica Incera acaba de ser convocada pola Federación Galega de Tríatlon para participar coa selección Absoluta Feminina no Campionato de España de Comunidades Autonómicas, que se celebra o 30 de Agosto en Navarra.

Real Club Náutico, 2009-07-22

Actualidad

Foto del resto de noticias (veran.jpg) O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur. De feito, destacan os altos rexistros acadados entre os días 9 e 15.
Foto de la tercera plana (vacinacion-2026-01.jpg) A Xunta de Galicia puxo en marcha a campaña de inmunización fronte á gripe e a COVID, que este ano incorpora como principais novidades a extensión da vacina antigripal de alta carga ás persoas de 65 a 69 anos e a ampliación do proxecto piloto de vacinación nos colexios a 75 centros educativos. O inicio oficial tivo lugar nun acto nas residencias de maiores e centros de discapacidade, o colectivo polo que arranca tradicionalmente a campaña debido á vulnerabilidade deste grupo fronte ás infeccións respiratorias.

Notas

O 7 de novembro a ciencia sairá ao encontro da cidadanía coa primeira edición de 'Abastos de Ciencia', unha iniciativa da UDC que terá lugar no Mercado de San Agustín e combinará divulgación e experimentación a través de obradoiros participativos, mesas redondas e propostas gastronómicas e culturais. A iniciativa, enmarcada no proxecto InPacto, permitirá coñecer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos.
O grupo de investigación da USC De la Edad Media al Siglo de Quevedo, desenvolve en Santiago o Congreso Internacional 'De interpretatione: la traducción en los siglos XVI y XVII'. O obxectivo do encontro, os días 5 e 6 na Facultade de Filoloxía, consiste en presentar os resultados de investigacións arredor da tradución durante os séculos XVI e XVII, pero tamén reflexionar sobre posibles liñas de traballo para o futuro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES