
Hernán HenrÃquez, de familia canaria, nacido na Habana en 1941, animador e director desde 1959 ata 1980, vencellado ao ICAIC (Instituto Cubano del Arte e Industria Cinematográficos) desde a súa fundación, gaña o Segundo Sorteo Bono Iacobus da Sección Paralela (O Camiño) do Festival Internacional de Animación Online, cunha serie de 48 videos de 8 horas, sobre a súa peregrinación na primavera de 2009. O gañador, residente actualmente nos Estados Unidos, gozará dunha semana para dúas persoas en casas de turismo rural de Galicia, sitas no Camiño Portugués ou na VÃa da Prata. O autor-pelegrÃn, que traballou para diversas productoras, estudios e televisións de México, Holywood e Miami, participa tamén na Sección Oficial de Animacam.tv coa súa obra de Animación na CategorÃa a Concurso de “Retrospectiva”.
O Festival Animacam.tv, para animar o Camiño de Santiago, coa Sección Paralela “O Camiño”, pretende crear unha hemeroteca, fototeca e videoteca virtual dirixida a aqueles turistas e pelegrÃns que realizasen ou realizen o Camiño de Santiago.
Para incentivar a participación, o Festival, cos patrocinios de Turgalicia e Xacobeo, sortea dende xuño ata setembro, catro BONO IACOBUS dunha semana para dúas persoas en casas de turismo rural de Galicia, a escoller polo gañador entre o Camiño Portugués ou o da VÃa da Prata.
O afortunado do segundo sorteo que tivo lugar na sede do Festival esta mañá ás 09.00 horas, foi o devandito D. Hernán HenrÃquez, aportando unha serie composta por 48 videos baixo o tÃtulo “OCHO HORAS EN EL CAMINO DE SANTIAGO”, coa cal amosa a súa visión persoal da peregrinación a Compostela.
Con esta acción da Sección Paralela, ademáis da Sección Oficial cos filmes a competición, Animacam transmite a súa vocación de vÃnculo intercultural e divulgador do respecto á diversidade de pensamentos e culturas, a través dunha experiencia que reúne a centos de milleiros de pelegrÃns, turistas e internautas de todo o mundo.
Tivo lugar a xornada 'Deputados por un dÃa', na que os escolares galegos levaron ao hemiciclo as súas propostas para mellorar a sociedade. Os catro representantes dos colexios, un por provincia, compartiron na Cámara as súas reflexións sobre a convivencia, o tema arredor do que xira este curso o programa educativo Abraza tus valores, e a relación dos menores coas tecnoloxÃas. Participaron máis de 8.300 escolares de entre 4 e 12 anos de 83 centros públicos, concertados e privados de Galicia (Arquitecto Casas Novoa de Santiago, o CEIP Plurilingüe A Gándara, de Monforte de Lemos, o CEIP Plurilingüe Irmáns Villar, de Ourense e o CEIP Plurilingüe de Cerdeiriñas, de Piloño).
A actividade levada a cabo pola Axencia de Protección da Legalidade UrbanÃstica (APLU) para protexer o medio ambiente e o patrimonio natural e paisaxÃstico galego permitiu o pasado ano a reposición da legalidade en 121 actuacións en toda Galicia. Estas reposicións foron resultado do labor do equipo inspector do organismo adscrito á ConsellerÃa de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, e repartÃronse principalmente na provincia de Pontevedra, con 60 actuacións, seguida da Coruña con 30, Lugo con 21 e Ourense con 10.