
O presidente do Consello Regulador da Denominación Específica Orujo de Galicia, Evaristo Rodríguez López e o presidente da Asociación de Sumilleres de Galicia, Gallaecia Xurxo Rivas, presentaron en rolda de prensa as augardentes e licores tradicionais de Galicia que obtiveron as "Distincións GALLAECIA 09"
A selección de augardentes e licores distinguidos é o resultado dunha cata cega realizada pola Asociación de Sumilleres Gallaecia, na que un panel de 14 expertos catadores e catadoras, asistidos polo persoal técnico do consello Regulador, valoraron 54 mostras de augardentes e licores, elixindo aos mellores en diferentes categorías: augardente blanca, envellecida, augardente de herbas, licor de herbas e licor café.
A Asociación de Sumilleres de Galicia Gallaecia, formada por 125 profesionais do mundo do viño, leva xa dez edicións do seu certame Distinguidos Gallaecia, que ano a ano, con moito esforzo e dedicación, vese premiado coa confianza e respecto de todos os elaboradores, o interese dos medios de comunicación e o apoio decidido e patrocinio das distintas Administracións Públicas. Trátase de un Concurso de Viños Oficialmente Recoñecido pola Xunta de Galicia e o Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación de España.
Dende un primeiro momento este certame concibiuse como un apoio as zonas vitivinícolas e os seus medios produtivos. Cada ano realízanse catas previas nas sedes dos Consellos Reguladores das cinco DDOO vitivinícolas de Galicia, e os viños seleccionados pasan á Cata Final, para a cal os viños son adquiridos no mercado, con fin de evitar calquera tentación de manipular o Viño a concurso. Esta cata final faixe de xeito itinerante, un ano en cada provincia.
No caso dos augardentes e licores tradicionais, realízase unha cata única da que xa salen os Distinguidos Gallaecia. O premiados en esta edición pódense ver no documento adxunto.
A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.