Notas de prensa

O Trofeo Curuxarallye chega ó Rallye Sur do Condado

Sete participantes loitarán por ser os pilotos debutantes máis rápidos na sexta edición do Rallye Sur do Condado, considerado como unha das probas automobilísticas situadas máis ó sur de Galicia.

O Rallye Sur do Condado é unha das probas automobilísticas situadas máis ó sur de Galicia. De feito, hai treitos que rozan a fronteira con Portugal. A súa situación no mapa provoca que moitos participantes no Trofeo se vexan obrigados a desbotar a participación nesta proba dado o aumento dos custes derivados do desprazamento.

É o caso do líder destacado do Trofeo Curuxarallye, Carlos Rubén Guerreiro Mejuto que, con 252 puntos, lidera con moita marxe o Trofeo. A posición de Carlos Rubén tamén é privilexiada na Clasificación de Pilotos do Campionato Galego, na que aparece na 15ª posición, por diante de nomes como Sergio Vallejo, Amador Vidal ou Xevi Pons.
O Rallye Sur do Condado trae consigo unha boa noticia, como é a reaparición de Isaac Durán (dorsal 41) a bordo do seu ‘atómico’ Citroën Saxo, co que volverá a probar sorte na RACC despois do accidente sufrido no Rallye do Albariño.

Siguen participando, como decote, Eloy Pérez Diéguez (Peugeot 106, dorsal 79), David Cortés Garabal (Peugeot 106, dorsal 81) e o gañador do Trofeo no Rallye de Noia, Pedro Freire Vidal (Renault Clio, dorsal 98).
Nesta proba hai tres novos nomes, como son Adrián Martínez (Peugeot 205 GTI, dorsal 99), Alayn Martínez (Fiat Punto HGT, dorsal 101) e Samuel González Fernández (Peugeot 206, dorsal 100), que conta co luxo de ser copilotado nesta proba polo ex-copiloto oficial de Peugeot Sport S2000 Cándido Carrera.

Estes sete participantes loitarán por acadar o recoñecemento de ser os pilotos que debutan no 2009 máis rápidos desta proba automobilística e recibir un trofeo acreditativo donado por Anviar S.L.

Ó final da tempada, a Organización concederalle unha Bolsa de Axuda a un dos pilotos. Esta beca consiste en mellorar a formación dos pilotos debutantes cun curso de Técnicas de Pilotaxe da PTC-Escuela, un curso de Técnicas de Copilotaxe impartido por Diego Vallejo, e a licencia de piloto FGA para a tempada 2010.

A organización do Trofeo Curuxarallye quere agradecer publicamente o detalle levado a cabo pola Escudería Surco para agrupando ós pilotos do Trofeo, así como ó esforzo dos Medios de Comunicación colaboradores (AutoHebdoSport, Cronomotor, motorGalicia, Gas a Fondo e Galicia RAS) pola positiva difusión deste certame.

Curuxarallye.info, 2009-07-09

Actualidad

Foto del resto de noticias (veran.jpg) O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur. De feito, destacan os altos rexistros acadados entre os días 9 e 15.
Foto de la tercera plana (vacinacion-2026-01.jpg) A Xunta de Galicia puxo en marcha a campaña de inmunización fronte á gripe e a COVID, que este ano incorpora como principais novidades a extensión da vacina antigripal de alta carga ás persoas de 65 a 69 anos e a ampliación do proxecto piloto de vacinación nos colexios a 75 centros educativos. O inicio oficial tivo lugar nun acto nas residencias de maiores e centros de discapacidade, o colectivo polo que arranca tradicionalmente a campaña debido á vulnerabilidade deste grupo fronte ás infeccións respiratorias.

Notas

O 7 de novembro a ciencia sairá ao encontro da cidadanía coa primeira edición de 'Abastos de Ciencia', unha iniciativa da UDC que terá lugar no Mercado de San Agustín e combinará divulgación e experimentación a través de obradoiros participativos, mesas redondas e propostas gastronómicas e culturais. A iniciativa, enmarcada no proxecto InPacto, permitirá coñecer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos.
O grupo de investigación da USC De la Edad Media al Siglo de Quevedo, desenvolve en Santiago o Congreso Internacional 'De interpretatione: la traducción en los siglos XVI y XVII'. O obxectivo do encontro, os días 5 e 6 na Facultade de Filoloxía, consiste en presentar os resultados de investigacións arredor da tradución durante os séculos XVI e XVII, pero tamén reflexionar sobre posibles liñas de traballo para o futuro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES