Notas de prensa

Anunciado un plan de medidas urxentes nas TICs

O plan marcará a folla de ruta no curto prazo no tocante ás TICs, establecendo as actuacións que se acometerán de xeito inmediato e a identificación de proxectos claves na lexislatura, según a Secretaría Xeral de Modernización da Xunta.

A secretaria xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica, Mar Pereira, anunciou a elaboración dun Plan de medidas urxentes no ámbito das tecnoloxías da información e a comunicación, que será abordado no Consello da Xunta do vindeiro xoves. Segundo avanzou Mar Pereira, este plan “marcará a folla de ruta no curto prazo” no tocante ás TICs, establecendo “as actuacións que se acometerán de xeito inmediato, así como a identificación de proxectos claves na lexislatura, que fixarán as prioridades nos próximos meses de goberno nesta materia”.

Na presentación do evento “La solución es digital”, organizado por AETIC-Galicia, a secretaria xeral de Modernización salientou, ademais, que neste mesmo mes de xullo se iniciará a licitación do Plan estratéxico global da Xunta de Galicia, un instrumento “esencial”, argumentou, no que se requirirá a participación activa dos diferentes axentes sociais: cidadanía, administración, sindicatos, universidades, empresas dos distintos sectores produtivos e asociacións e empresas do sector das tecnoloxías da información e a comunicación de Galicia.

“Partimos do firme convencemento de que o investimento en novas tecnoloxías é rendible para a sociedade, sendo un instrumento esencial para promover a equidade, a sustentabilidade e a calidade dos servizos públicos”, subliñou Mar Pereira.

Estes plans englóbanse dentro das actuacións desta nova Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica, e cumpre co seu obxectivo prioritario de calidade, racionalización das actuacións e mellora da eficiencia na xestión das tecnoloxías da información e da comunicación, así como de impulsar a incorporación plena da sociedade galega no mundo tecnolóxico.

Neste sentido, e tal e como apuntou Pereira Ãlvarez, a administración buscará “aproveitar as posibilidades das novas tecnoloxías como dinamizador económico e xerador de competitividade e innovación nos diferentes sectores produtivos”, así como utilizar estas tecnoloxías como “elemento de vertebración dixital” dentro da comunidade autónoma.

Para todo isto, desde a Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica considérase básico aproveitar a influencia na sociedade do sector das tecnoloxías da comunicación e a información de cara a fomentar os seu uso nos diferentes campos produtivos e sociais. Para isto poranse en marcha, apuntou Pereira Ãlvarez, “actuacións para fomentar a innovación, a iniciativa emprendedora, as vías de cooperación e especialización, e as explotación dos novos modelos”. Todo sen esquecer as propias capacidades dinámicas deste sector e a influencia no mesmo das tres universidades galegas, capaces de formar a excelentes profesionais nas súas diferentes disciplinas, concluíu.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia, 2009-07-07

Actualidad

Foto del resto de noticias (20260608-parlamento.jpg) Tivo lugar a xornada 'Deputados por un día', na que os escolares galegos levaron ao hemiciclo as súas propostas para mellorar a sociedade. Os catro representantes dos colexios, un por provincia, compartiron na Cámara as súas reflexións sobre a convivencia, o tema arredor do que xira este curso o programa educativo Abraza tus valores, e a relación dos menores coas tecnoloxías. Participaron máis de 8.300 escolares de entre 4 e 12 anos de 83 centros públicos, concertados e privados de Galicia (Arquitecto Casas Novoa de Santiago, o CEIP Plurilingüe A Gándara, de Monforte de Lemos, o CEIP Plurilingüe Irmáns Villar, de Ourense e o CEIP Plurilingüe de Cerdeiriñas, de Piloño).
Foto de la tercera plana (vivenda-2023-02.jpg) A actividade levada a cabo pola Axencia de Protección da Legalidade Urbanística (APLU) para protexer o medio ambiente e o patrimonio natural e paisaxístico galego permitiu o pasado ano a reposición da legalidade en 121 actuacións en toda Galicia. Estas reposicións foron resultado do labor do equipo inspector do organismo adscrito á Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, e repartíronse principalmente na provincia de Pontevedra, con 60 actuacións, seguida da Coruña con 30, Lugo con 21 e Ourense con 10.

Notas

O XX aniversario do Festival Arteficial segue collendo forma de xeito inmellorable. Tras os encontros e concertos celebrados a finais de mayo na provincia de Ourense, a organización fai un balance extraordinario da acollida do público. Cidades e espazos singulares como Auriense, El Pueblo, Secret Bridge e, de forma moi especial, a Granxa D'Outeiro, foron as testemuñas do éxito absoluto destas presentacións.
Dar resposta aos retos derivados do envellecemento da poboación nas áreas rurais da fronteira entre España e Portugal é o obxectivo central do proxecto Activa Rural Transfronteirizo, no que participan 17 institucións e entidades destes dous países, entre as que se atopa a Universidade de Vigo.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES